963 [= Tav 63,52]
Ouvi agora de mia prol gran sabor

Ouvi agora de mia prol gran sabor
mia senhor, e conse[l]hou-me por én
que me partisse de lhi querer ben,
e dixi-lh’eu: «Fremosa mia senhor,
mui ben me conselhades vós; mais non
poss’eu migo nen con meu coraçon,
que somos ambos en poder d’Amor».
E disse-m’ela: «Por Nostro Senhor,
quitade-vos, amigo, de mal sén
e non amedes quen vos non quer ben».
E dixi-lh’eu: «Per bõa fe, senhor,
se eu podesse comigo poder,
ben vos podia tod’esso fazer,
mais non posso migo nen con Amor».
E disse-m’ela: «Tenh’eu por melhor
de vos quitardes, ca prol non vos ten,
d’amardes min, pois mi non é én ben».
E dixi-lh’eu: «Per bõa fe, senhor,
se eu podess’ (o que non poderei),
poder comig’e con Amor, ben sei
que vos faria de grad’ess’amor».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 961, V 548

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 382-383); Rodríguez (1980: 118 [= LPGP 396]); Littera (2016: I, 436).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 196-197); Braga (1878: 104-105); Gassner (1933: 414-415); Machado & Machado (1953: IV, 332-333); Fernández Pousa (1959: 101).

Variantes manuscritas


1 Ouvi] O unh B : Onuh V   6 nen] om. B   7 somos] souis V   11 bõa] bona B   12 poder] pōer V   13 vos podia] nꝯ podia B; tod’esso] tode ssa B : codesso V   14 Amor] maior V   15 E] E e B   16 de vos quitardes] De ꝯ querades B : deuꝯ lhides V   18 bõa] bona B; fe] sse V   20 comig’e] comigꝯ B : cōmigas V

Variantes editoriales


12 poder] põer Nunes   15 melhor] milhor Nunes   21 de grad’ess’amor] de grado desamor Nunes

Paráfrasis


(I) Alegrouse moito a miña señora do ben que me vai e aconselloume por iso que deixase de amala, e díxenlle eu: «Fermosa señora miña, moi ben me aconsellades vós, mais non teño poder sobre min nin sobre o meu corazón, pois ambos estamos en poder de Amor».
(II) E díxome ela: «Por Noso Señor, deixádevos, amigo, de desvaríos e non amedes a quen non vos quere ben». E díxenlle eu: «Abofé, señora, que se eu tivese poder sobre min, ben vos podería facer todo iso, mais non teño poder sobre min nin sobre Amor».
(III) E díxome ela: «Acho que é mellor deixardes, xa que non vos ten proveito, de me amar, pois diso non me vén ningún ben». E díxenlle eu: «Abofé, señora, se eu puidese (cousa que non poderei) ter poder sobre min e sobre Amor, ben sei que vos faría de grado esa proba de cariño».

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= Tav 161:41)

Encontros vocálicos: 1 Ouvi‿agora

Notas


Texto
  • 11

    A presenza de -n- na forma manuscrita <bona>, tamén no v. 18, é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de V), o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <dona> dõa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b.

  • 12

    Nunes optou pola lección de V neste verso (põer, en face de poder), desfacendo o xogo de palabras co verbo poder.

  • 16

    As leccións transmitidas polos dous apógrafas italianos presentan un alto grao de corrupción, razón por que é necesaria unha emenda que vén condicionada polo sentido, pola métrica e mais polo verso simétrico da segunda estrofa (v. 9):
              E disse-m’ela: «Por Nostro Senhor,
              quitade-vos, amigo, de mal sén (vv. 8-9)

              ..........................................................
              E disse-m’ela: «Tenh’eu por melhor
              de vos quitardes, ... (vv. 15-16).

  • 17

    O prome tónico oblicuo min é complemento directo sen preposición (amardes min), feito frecuente na lingua trobadoresca.

Buscar
    Sin resultados