1361 [= RM 87,15]
Os Zevrões foron buscar

Os Zevrões foron buscar
Rodrigo po-lo matar;
mais ouviu-lhes el cantar
as selas, por que guariu:
polas selas que lh’oio
renger, por essas guario.
Non lhis guarira per ren
a[o] torto que lhis ten;
mais rengeron por seu ben
as selas, por que guariu:
polas selas que lh’oiu
renger, por essas guariu.
Non lhis podera guarir,
ca os non vira viir;
mais oiu-lhes el ganir
as selas, per que guariu:
polas selas que oiu
renger, por esas guariu.
El[es] foron-lhi meter
ciada po-lo prender;
mais oiu-lhis el renger
as selas, por que guariu;
polas selas que oiu
renger, por essas guariu.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 1344, V 951

Edições


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 392-393); Pellegrini (1969: 21 [= LPGP 596]); Lopes (2002: 272); Littera (2016: II, 53).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 325); Braga (1878: 179); Machado & Machado (1958: VI, 78-79); Lapa (1964: 6-7); Souto Cabo (2012c: 125-126); Callón (2017: II, 68).
III. Antoloxías: Landeira Yrago (1975: 276); Tavares & Miranda (1987: 273-274); Pena (1990: 222-223); Arias Freixedo (2003: 580-581).

Variantes manuscritas


1 Zevrões] zeuroes BV   4 guariu] guarin B   8 ten] ren V   10 guariu] guarin B   11-12 om. B   15 ganir] garnir B   16 guariu] guarin B   18 guariu] garui B   20 prender] prander B

Variantes editoriais


En Littera o primeiro verso do refrán non ten ese carácter, pois non foi marcado tipograficamente como tal.
3 ouviu] oíu Lopes, Littera   5 oio] oíu Lapa, Lopes, Littera   6 guario] guariu Lapa, Lopes, Littera   8 a[o] torto] a torto Lopes, Littera   11 lh’] om. Lapa   15 ganir] garrir Lapa : garnir Lopes   16 per] por Pellegrini, Lopes   17 oiu] lh’oiu Lapa, Lopes : [lh]’oiu Pellegrini   23 oiu] [lh]’oiu Pellegrini : lh’oíu Lopes

Paráfrase


(I) Os Zevróns foron buscar Rodrigo para o matar; mais el ouviulles cantar as selas, polo que se salvou: polas selas que lle ouviu renxer, por esas se salvou.
(II) Non lles fuxira por nada ao agravio que lles causou; mais por sorte para el, renxeron as selas, polo que se salvou: polas selas que lle ouviu renxer, por esas se salvou.
(III) Non lles puidera fuxir, porque non os vira vir; mais ouviulles el renxer as selas, polo que se salvou: polas selas que ouviu renxer, por esas se salvou.
(IV) Eles fóronlle meter unha emboscada para o prender, mais ouviulles el renxer as selas, polo que se salvou: polas selas que ouviu renxer, por esas se salvou.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 7a 7a 7a 7B 7B 7B (= RM 19:34)
Encontros vocálicos: 1 *Ze·vrõ͜es; 5 o·i͜o; 6 gua·ri͜o; 20 ci·a·da

Notas


Texto
  • *

    Esta composición está tamén incluída na rúbrica que precede a cantiga UC 1355, e que afecta ás cantigas UC 1355-1366: «Don Lopo Lias trobou a ũus cavaleiros de Lemos; e eran quatro irmãos e andavan sempre mal guisados; e por én trobou-lhis estas cantigas».

  • 1

    A alternativa á hipermetría neste verso (sería un octosílabo) reside na consideración da pronunica bisilábica de Zevrões.

  • 2

    Rodrigo é un personaxe de que non temos datos identificativos (reaparece na cantiga UC 1363).

  • 3

    En face da forma maioritaria oir, como evolución xeral de audire na lingua trobadoresca (véxase Ferreiro 1999: §211a), a variante ouvir é de uso limitado no corpus (véxase 334.4, 384.17, 633.24, 764.15, 804.15, 968.4, 1055.9, 1233.12, 1322.13, 1346.22, 1522.4), tendo en conta que a P1 de presente indicativo (ouço) e o presente subxuntivo (ouça etc.) son as únicas formas utilizadas (cfr. nota a 618.10). De feito, na cantiga alternan as dúas formas: a maioritaria oiu (r2 e mais nos vv. 13 e 21) e ouviu no v. 3.
    O verbo cantar neste contexto –aplicado ás selas– significa ‘renxer’, como se explicita con clareza no terceiro verso do refrán.

  • 4-6

    Nótese no refrán da primeira estrofa a variación gráfica na representación da desinencia da P3 de pretérito de terceira conxugación, entre a estrofa I (guariu - oio - guario) e as restantes estrofas, con grafía -iu (guariu oiu guariu). Cfr. nota a 41.7-9. Véxase nota a 27.4.

    Porén, é de maior grao a variación estabelecida entre os refráns I-II vs. III-IV, coa omisión do pronome lhe nos dous últimos.

  • 15

    A voz ganir significa ‘renxer’ neste contexto (cfr. o significado “crujir” no dicionario de Marcial Valladares, así como no vocabulario de Rivas Quintas; cfr. RILG, s.v.); na actualidade ten o mesmo sentido (desde ‘renxer’ até ‘queixarse, choromingar’) conforme o Tesouro do Léxico Patrimonial Galego e Portugués (cfr. TLPGP, s.v.). Procede do lat. gannīre (cfr. esp. desgañitarse).

Procurar
    Não foram encontrados resultados