Os vv. 1-3 foron reescritos na marxe polo revisor do códice do Cancioneiro da Ajuda.
I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 217-218); Blasco (1984: 179-180 [= LPGP 828]); Marcenaro (2012b: 273-274); Littera (2016: II, 358-359).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 92); Carter (2007 [1941]: 63-64); Marques Braga (1945: 202-203); Machado & Machado (1949: I, 348-349); Fernández Pousa (1953: 22); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 198).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 102-103); Torres (1977: 118-119); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 192).
2 om. B 3 dixe] dixi B; ca] ca nō A 4 Joan’] ioan(a) A : Joana B; dix’] dix(e) A : dixi B 5 dixe ali] dixaly B 6 me] mho B 8 dixe] dixi B 10 dixe] dixi B 11 Joan’] Johana B; dixe, ou] dixou B 12 fui] foy B 13 mi ouv’o] mouue o B; lle quero a] lheu q̄ra B 14 dona que] dona (se nō pr) q̄ B 15 lle] lhi B 17 dixe] dixi B 18 Joan’] Joana B; dixe, ou] dixou B 20 lle] lhi B; sempre des i] (de)senpre desi A 22 lle] lhi B 24 dixe] dixi B 25 Joan’] Joana B; dixe, ou] dixou B 28 mi ar] mar B
5 dixe] dix(e) Michaëlis 11 dixe] dix’ Michaëlis, Littera 13 quero] quer(o) Michaëlis 18 dixe] dix’ Michaëlis, Littera 25 dixe] dix’ Michaëlis, Littera 27 d’o] do Michaëlis, Blasco, Marcenaro; saber] [a] saber Marcenaro
(I) Agora vexo que fixen moi gran loucura e que perdín alí toda a miña cordura, porque dixen que amaba a Joana ou a Sancha, de quen falei, ou a María, pois, por isto que eu dixen alí, desde aquela logo me soubo unha dona, destas tres, que falaba dela.
(II) E por todo isto que eu dixen, debía morrer, abofé, por iso, porque dixen que amaba a Joana ou a Sancha, de quen falei, ou a María, pois, por isto que dixen, foime saber o moito que a quería esta dona que antes non o sabía, (III) pois non sabería esta dona que a amaba a non ser polo meu escaso sentido, porque dixen que amaba a Joana ou a Sancha, de quen falei, ou a María; e, desde que por min soubo esta dona que a amaba, sempre desde aquela me quixo moi mal, non podería quererme peor, (IV) polo moito que a amei sempre desde que a vin, que mo soubo por iso, porque dixen que amaba a Joana ou a Sancha, de quen falei, ou a María; e, desde que esta dona tivo poder de saber o moito que eu a amo, nunca máis me quixo ver desde aquel día.
Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10B 10’A 10c 10c 10’a (= RM 161:169)
Encontros vocálicos: 5 dixe‿ali; 13 mi‿ouv(e); quero‿a; 28 mi‿ar
Esta cantiga forma parte do grupo de composicións que presenta unicamente un refrán intercalar (cfr. Eirín 2012).
Nótese a leve variación lingüística do refrán en dix’ (I) vs. dixe (II-IV), neste caso vacilando entre crase vocálica e sinalefa, que volverá aparecer no refrán doutras cantigas ao longo do corpus. Cfr. nota a 27.4.
Joana, Sancha e Maria, como posíbeis nomes da senhor (a súa enunciación constitúe unha ruptura da norma do código cortés e do segredo trobadoresco) volverán aparecer nas cantigas 179, 197 e 199, tamén de Pero Garcia Burgales.
Non parece axeitada a representación gráfica do que Blasco fixa para o encontro entre a preposición de e o artigo do sintagma que constitúe o CD pola deslocación sintáctica de elementos («poder de saber o mui gran...»), que aconsella unha grafía d’o. Por outra parte, o razoamento de Marcenaro sobre a necesidade de reintegrar unha preposición a «per ragioni sintattiche, giacché il soggetto del verbo saber è la signora e non il pronome pers. eu» non é convincente, pois non hai necesidade de reintegración. Véxase a orde recta: ‘e, des que ouv’esta dona poder de saber o mui gran ben que lh’eu quero, nunca mi ar quis veer des aquel dia’.
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.