I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 14 [= LPGP 205]); Nunes (1972 [1932]: 62-63); Littera (2016: I, 165-166).
II. Outras edicións: Moura (1847: 3-5); Monaci (1875: 38); Braga (1878: 17); Machado & Machado (1950: II, 389); Júdice (1997: 78); Montero Santalha (2004); Rios Milhám (2018b: III, 496).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 196-197); Gonçalves & Ramos (1983: 278); Alvar & Beltrán (1989: 365); Sansone (1990: 304); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 37).
15 quando] qꝉꝉa do V 16 terra] teira BV; ést’a] esta a B 17 loor] leor V
1 oimais] O mais Lang 6 é] e Lang 8 que] qu(e) Nunes 10 nen u͂a] nenhu͂a Lang : ne͂u͂a Littera
(I) De hoxe en diante quero deixar de trobar e quero deixar o amparo do amor e quero ir buscar algunha terra onde nunca poida saber de min a miña señora nin eu dela, xa que lle causa pesar que eu viva aquí.
(II) Mais, Deus, que difícil proba me resultará soportar o irme de onde ela estea! Pois sei moi ben que nunca podo encontrar nada que me agrade, non sendo a morte; mais tamén teño medo de que Deus non ma queira conceder tan cedo.
(III) Mais será que Deus fixo unha coita igual á que eu padecerei cando agora me teña que ir lonxe desta terra onde está a mellor de cantas hai e cuxa louvanza non pode realizarse só con palabras!
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10b 10a (= RM 79:2)
Encontros vocálicos: 8 u‿ela; 12 mi-‿a
Este verso admite unha outra fixación textual: pois que lhe d’eu viver aqui pesar; isto é, pois que sería locución conxuntiva temporal a introducir o futuro de subxuntivo pesar.
Non se pode admitir a crase de que efectuada por Nunes, desnecesaria por canto neste verso se fai a sinalefa u‿ela (Ferreiro 2009). De todos os xeitos, neste editor, igual que en Michaëlis (véxase nota a 18.23), rexístrase esporadicamente a indicación de crase de que, contraria á práctica métrica trobadoresca (véxanse, por exemplo, 497.10, 913.1 ou 1072.8 e 17).
Interpretamos se como conxunción completiva, con omisión do verbo dicendi, que con frecuencia é utilizada en frases interrogativo-exclamativas: ‘Mais (dicídeme) se fixo Deus nada igual a tan gran coita como ...’.
Obsérvese que loor é forma única no corpus das cantigas profanas, fronte a formas do tipo louvar que concorren con loar (véxase nota a 618.10); ademais, agás pola aparición en 993.6, de Pero da Ponte, loor só se rexistra na poesía de Don Denis (véxanse tamén 536.7, 8, 12, 537.16, 538.24, 568.14 e 19, sempre asociado a prez nestas ocorrencias).
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.