250 [= Tav 148,15]
O meu amigo, que me mui gran ben

O meu amigo, que me mui gran ben
q[u]er, as[s]anhou-s’un dia contra min
muit’endoado; mais el, que s’assi
a min assanha, sei eu ũa ren:
se soubess’el quan pouc’eu daria
por sa sanha, non s’as[s]anharia.
E, porque non quig’eu con el falar
quand’el quisera nen se mi aguisou,
assanhou-s’el máis, de pran ben cuidou
que me matava; mais, a meu cuidar,
se soubes[s]’el quan pouc’eu daria
[por sa sanha, non s’assanharia].
Porque me quer gran ben de coraçon
as[s]anhou-s’el e cuidou-m’a fazer
mui gran pesar; mais devedes creer
del, que s’as[s]anha, se Deus me perdon:
se soubess’el quan [pouc’eu daria
por sa sanha, non s’assanharia].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 265

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 816); Nunes (1973 [1928]: 137 [= LPGP 926]); Cohen (2003: 199); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 217); Littera (2016: II, 489-490).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 112); Machado & Machado (1950: II, 43-44); Rios Milhám (2018a: II, 250).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 52); Tavares (1961: 48-49); Torres (1977: 407); Magalhães (2007: 92).

Variantes manuscritas


4 ũa] uuha B   5 pouc’eu] poucjeu B   7 quig’eu] quuheu B   8 quand'el] qªudel B; aguisou] a guyson B   11 pouc’eu] poucieu B

Variantes editoriales


2 min] mi Michaëlis, Nunes   3 endoado] endõado Michaëlis   5 se] e Littera   7 quig’eu] quis’eu Michaëlis : quis eu Lorenzo Gradín & Marcenaro    9 assanhou-s’el máis] assanhou-s’el, mais Michaëlis, Nunes, Cohen, Lorenzo Gradin & Marcenaro, Littera   14 m’a] mi-a Michaëlis : mi a Nunes, Lorenzo Gradín & Marcenaro

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 9’C 9’C (= Tav 160:273)

Encontro vocálico: 8 mi‿aguisou

Notas


Texto
  • 3-4

    Nótese a falta de concordancia: «mais el (= del) ... / ... sei u͂a ren». Estes «erros» de concordancia, ou concordancia ad sensum, son moi frecuentes no corpus trobadoresco profano galego-portugués (véxanse, por exemplo, 113.7355.4-6 e 10-12).

  • 7

    Non existe apoio textual para a mudanza quige > quis que evidencian as edicións de Michaëlis e mais de Lorenzo Gradín e Marcenaro.
    Por outra banda, nótese a lección <quuheu> B [= <quiiheu>] quig’eu, coa grafía <ih> para /ʒ/, talvez a indicar a real existencia do fonema africado palatal sonoro /dʒ/, par sonoro do correspondente africado palatal xordo /ʧ/ <ch> (véxase Larson 2019 [2018]: 53, n. 20). Ao longo de BV achamos aínda outras grafías idénticas: <ihoãna> B Joana (429.16), <iha> BV ja (835.4), <ueihagora> V vej’agora (1007.5), <iha> B ja (1585.27).

  • 9-10

    A presenza da adversativa mais en simétrica función introdutoria do refrán nas tres cobras (vv. 3, 10 e 15) leva a considerar o máis do v. 9 como adverbio de cantidade nesta estrofa central da cantiga: ‘porque ela non lle falou, o amigo asáñase aínda máis (mesmo coidou que a mataba), mais á amiga non lle importa’.

Buscar
    Sin resultados