207 [= Tav 125,30]
Nunca Deus quis nulha cousa gran ben

Nunca Deus quis nulha cousa gran ben
nen do coitado nunca se doeu,
pero dizen que coitado viveu,
ca, se s’El del doesse, doer-s’-ia
de mí, que faz mui coitado viver
a meu pesar, pois que me foi tolher
quanto ben eu eno mund’atendia.
Máis, enquant’eu ja vivo for, por én
non creerei que o Judas vendeu
nen que por nós na cruz morte prendeu
nen que filh’ést[e] de Santa Maria;
e outra cousa vos quero dizer:
ca foi coitado non quero creer,
ca do coitad’a doer-s’averia.
Ainda vos d’El direi outra ren:
pois quanto ben avia me tolhe[u]
e quant’El sempre no mund’entendeu
de que eu mui gran pesar prenderia,
per bõa fe, d’ali mi-o fez prender;
por esto non quer’eu por El creer,
e, quanto per El crive, fiz folia.
E se El aqui ouvess’a viver
e lh’eu por én podesse mal fazer,
per boa fe, de grado lho faria!
Mais, mal pecado, non ei én poder
e non lhi poss’outra guerra fazer;
mais por torpe tenh’eu quen per El fia!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 

Manuscritos


B 223

Despois dos vv. 21 e 24, isto é, antes de cada fiinda, en B aparece a anotación fijda.

 

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 807-808); Lapa (1970 [1965]: 571-572); Blasco (1984: 219-220 [= LPGP 826-827]); Lopes (2002: 417); Marcenaro (2012b: 323-324); Littera (2016: II, 365-366).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 96); Machado & Machado (1949: I, 364-365); Fernández Pousa (1953: 28-29); Rios Milhám (2018a: II, 207).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 112-113); Landeira Yrago (1975: 201-202); Tavares & Miranda (1987: 22); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 201); Arias Freixedo (2003: 760-761).

Variantes manuscritas


10 por nós] poz uos B; prendeu] p’endeu B   11 Santa Maria] scā M̃ria B   12 vos] uos B   13 creer] t’eer B   18 prenderia] p’enderia B   19 prender] p’end’ B   20 per El creer] pʳe el t’eer B

Variantes editoriais


2 do] de Lopes, Littera   4 s’El del] se d’el Michaëlis   8 Máis] Mais Michaëlis, Lapa, Blasco, Lopes   10 por nós] po[r] vos Blasco   11 ést[e]] est Michaëlis, Littera; Santa] sancta Michaëlis, Blasco   12 vos] vos Michaëlis, Blasco   13 creer] tẽer Blasco, Marcenaro   15 vos] vus Michaëlis, Blasco   17 e] e[n] Lapa   19 per ... mi-o] por ... m’o Michaëlis; mi-o] m’o Michaëlis   20 por El] en el Michaëlis : per El Lopes; creer] tẽer Blasco, Marcenaro   24 boa] bõa Michaëlis, Lopes, Littera   26 poss’outra] posso tal Michaëlis   27 mais] mas Michaëlis; per] por Michaëlis, Lapa

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10’c 10d 10d 10’c + 2 x 10d 10d 10’c (= Tav 206:1)

Encontros vocálicos: 19 mi-‿o

Notas


Texto
  • *

    Esta composición forma parte das cantigas heterodoxas de Pero Garcia Burgales (véxase a cantiga 205).

  • 8

    Todos os editores, aínda que non diferencian graficamente mais e máis, consideran que neste verso estamos perante a conxunción adversativa (pola tradución –Michaëlis, Marcerano– ou polo glosario –Blasco– ou pola puntuación). Porén, máis acae mellor ao contexto, pois o trobador afirma que xa non crerá máis na traizón de Xudas ou na redención.

  • 11

    A manutención de est converte o verso en hipométrico (Michaëlis, Littera). Independentemente de que <este> sexa a forma verbal éste (P3 do presente indicativo de seer) ou a suma do demostrativo este co verbo é (est’é), é moi frecuente en B (vs. A) a aparición de <est>, aparente latinismo, con ausencia de vogal final e a consecuente hipometría versal. Véxanse 65.471.6, 89.27, 182.26, 197.18, 302.21, 317.2, para alén daqueles casos en que éste aparece en cantigas transmitidas só polos apógrafos italianos: 184.15, 204.18, 464.24, 714.9, 854.12, 993.20, 1075.4, 1456.12, 1625.1, 1652.2 e 1667.17. Véxase Ferreiro (2008a).

  • 13

    Perante a lección <t’eer> (tamén no v. 20) hai que optar entre considerar un banal erro <t>/<c> (creer) ou por unha confusión de abreviaturas (menos frecuente) entre <’> e <~>, de modo que teer significará ‘crer, pensar’, tal como Blasco decidiu na súa edición; en calquera caso, a presenza confirmativa de crive no v. 21 parece suxerir que creer é a lectura correcta.

  • 20

    Véxase nota ao v. 13.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado