I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 234-235 [= LPGP 809]); Littera (2016: II, 333).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 88-89); Braga (1878: 45); Machado & Machado (1952: III, 279).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 254); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 187).
2 que] che V 3 Viv’e] E uiu e B : guiu e V 6 quis mui gran] q̄s mui g̃ra B 9 ren] irē B 12 quis] q̄s B 14 e] t’e B 15 ca] ta V
2 viveo] viveu Littera 3 Viv’e] que viv’e Nunes; se[e]r] ser Nunes, Littera 8 por ende] porend(e) Nunes 14 pode] pôde Nunes
(I) Noso Señor, e agora que será daquel que sempre viviu coitado? Vive e pensa por iso ser sandeu, porque ben sabe que nunca perderá esta coita, porque a súa señora non quere.
(II) E que será do que amou moito e ama a quen non llo quere agradecer, nen quere por iso outorgarlle outro ben, e sabe que non perderá, de maneira ningunha, esta coita, porque a súa señora non quere?
(III) E que será de quen sempre serviu a quen por iso lle quixo e quere mal, e nunca lle quixo facer outra cousa, e que nunca de si pode afastar esta coita, porque a súa señora non quere?
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C (= RM 155:9)
Encontros vocálicos: 2 vi·veo; 8 ende‿outro
Obsérvese o lapso do copista de V, cun aparente italianismo gráfico na copia de que, que volve aparecer en 497.2, 607.2 e 625.3; en 1473.12 e 1679.18 o lapso afecta a voz aqui, copiada como <achi>. Do contrario, en B é menos frecuente (véxase 1233.7 e 1548.12).
A desinencia analóxica (gráfica) -eo na P3 dos pretéritos da segunda conxugación, con -o gráfico final, é máis escasa nas cantigas do que nos verbos da terceira conxugación (-io), xa que en todo o corpus só se atestan as seguintes formas: tolleo (302.14), morreo (384.7, 20, 29 e 31), viveo (640.2), naceo (927.8), prometeo (1340.30), pereceo (1448.26), vendeo (1467.2), pareceo (1491.5). Véxase nota a 41.7-9.
Prolongando a pregunta inicial até o v. 3, Nunes, seguido por Littera, interpretou como que o elemento inicial do verso (<Q> B, <g> V), probabelmente adventicio, ao tempo que respectou a errada forma <ser> de seer, desconsiderando a sistemática presenza de hiato gráfico e métrico deste infinitivo na lírica trobadoresca.
Se non considerarmos o problema da hipermetría neste verso, a lección de B permitiría prolongar a pregunta inicial até o fin da cobra, de modo que se xogaría cos diversos tempos verbais:
Nostro Senhor, e ora que sera
daquel que sempre coitado viveo
e viv’e cuida por én se[e]r sandeu,
ca sabe ben que nunca perderá
esta coita, ca non quer sa senhor?
Fem servir cookies de tercers amb finalitats analítiques per poder conèixer els hàbits de navegació (per exemple, les pàgines visitades). Tingueu en compte que, si accepteu les cookies de tercers, haureu d'eliminar-les de les opcions del navegador o del sistema ofert per tercers.
Feu clic al botó corresponent per acceptar o rebutjar les cookies: