I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 83 [= LPGP 201]); Nunes (1973 [1928]: 30); Cohen (2003: 613); Littera (2016: I, 227).
II. Outras edicións: Moura (1847: 156-158); Monaci (1875: 72-73); Braga (1878: 36-37); Machado & Machado (1952: III, 211); Cohen (1987: 72-73); Júdice (1997: 38); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Norton (1935: 41); Cidade (1941: 43-44); Pimpão (1942: 68); Álvarez Blázquez (1975: 236).
15 gran] g̃ra B
7 vos] vós Lang 9 vos] vós Lang 18 me] mi Lang, Nunes 20 mandardes] mandades Nunes
(I) –Eu non podo, amigo, vivir con saudade de vós, ben volo digo; e por isto, morade, amigo, onde me poidades falar e onde me vexades.
(II) Non podo, onde non vos vexo, vivir, crédeo ben, de tanto que vos desexo, e por isto vivide, amigo, onde me poidades falar e onde me vexades.
(III) Nacín en hora má e, amigo, afastade o meu mal sen fin; e por isto morade, amigo, onde me poidades falar e onde me vexades.
(1) –Morarei, crédeo ben, señora, onde me mandardes.
Esquema métrico: 3 x 6’a 6’b 6’a 6’b 6’C 6’C + 6’c 6’c (= RM 99:80)
Encontros vocálicos: 5 amigo,‿u; 11 amigo,‿u; 17 amigo,‿u
Ben vo-lo digo é unha frase formularia de tipo aseverativo similar a outras que presentan dizer como núcleo. Véxase nota a 248.13.
Co verbo creer como núcleo, no corpus trobadoresco profano aparecen as frases formularias aseverativas ben o creede, ben o creades e esto creede ben (véxase Glosario, s.v. creer). Cfr. no v. 19 a variante ben o creades.
Nótese a rima defectuosa creades - mandardes, igual á que aparece en 1598.15-18 (calçades : pagardes), a formar parte dunha serie de rimas que se caracterizan pola presenza de /ɾ/ nun dos elementos rimáticos: perca : erva : Eva (877.1-7), esforço : alvoroço : moço (1334.1-7), sesta : Meestra (1448.5-8), meestre : preste (1448.25-27), erva : leva (1507.r1-r3). Cfr. notas a 104.34-35, 206.4-6, 383.19-20, 427.5-6, 453.5-6, 494.7-8 e 698.5-6.
De calquera modo, Nunes sacrificou a forma de futuro de subxuntivo (nunha cláusula temporal con valor condicional) en prol da nivelación rimática, o mesmo que Walter Mettmann, en CSM 341.45-47, que nivelou as rimas mandades : ajades : sabiádes coa emenda da lección <mãdardes> (véxase Mettmann 1983: III, 191).
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.