583 [= Tav 25,31]
Non chegou, madr’, o meu amigo

Non chegou, madr’, o meu amigo,
e oj’ést’o prazo saido:
ai madre, moiro d’amor!
Non chegou, madr’, o meu amado,
e oj’ést’o prazo passado:
ai madre, moiro d’amor!
E oj’ést’o prazo saido!
Por que mentio o desmentido?
Ai madre, moiro d’amor!
E oj’ést’o prazo passado!
Por que mentiu o perjurado?
Ai madre, moiro d’amor!
Porque mentiu o desmentido,
pesa-mi, pois per sí é falido:
ai madre, moiro d’amor!
Porque mentiu o perjurado,
pesa-mi, pois mentiu per seu grado:
[ai madre, moiro d’amor!]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 566, V 169

Edições


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 74-75 [= LPGP 200]); Nunes (1973 [1928]: 17-18); Cohen (2003: 599); Littera (2016: I, 219).
II. Outras edicións: Moura (1847: 136-138); Monaci (1875: 68); Braga (1878: 34); Machado & Machado (1952: III, 186-187); Cohen (1987: 45); Júdice (1997: 59); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 173-174); Tavares (1943 [1923]: 44); Cidade (1941: 42-43); Seoane (1941: 140-141); Pimpão (1942: 63); Nemésio (1961 [1949]: 191-192); Nunes (1959: 378-379); Tavares (1961: 39-40); Torres (1977: 244); Fiúza (1981: 81-82); Ferreira (1988: 85-86); Alvar & Beltrán (1989: 375); Pena (1990: 159-160); Ferreira (1991: 75); Jensen (1992: 78); Alonso Girgado (1992: 10); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 32); Diogo (1998: 189); Magalhães (2007: 109).

Variantes manuscritas


1 madr’] (recado) madre B   11 Por] Pre B   13 Porque] E por q̄ BV

Variantes editoriais


1 madr’] madre Cohen, Littera   8 mentio] mentiu Nunes, Cohen, Littera   11 mentiu] mentio Lang   13 mentiu] mentio Lang   16 mentiu] mentio Lang   17 mentiu] mentio Lang; per] a Lang, Nunes

Paráfrase


(I) Non chegou, madre, o meu amigo, e hoxe remata o prazo: ai madre, morro de amor!

(II) Non chegou, madre, o meu amado, e hoxe remata o prazo: ai madre, morro de amor!

(III) E hoxe remata o prazo! Por que mentiu o falso mentiroso? Ai madre, morro de amor!

(IV) E hoxe remata o prazo! Por que mentiu o perxuro? Ai madre, morro de amor!

(V) Porque mentiu o falso mentiroso, pésame, pois errou pola súa vontade: ai madre, morro de amor!

(VI) Porque mentiu o perxuro, pésame, pois mentiu por propia vontade: ai madre, morro de amor!

Métrica


Esquema métrico: 6 x 8’a 8’a 7B (= Tav 26:106)

Encontros vocálicos: 8 men·tio; 14 sí‿é

Notas


Texto
  • *

    Nesta cantiga de Don Denis, o dístico inicial presenta rima asoante ou toante, que se rexistra nun grupo significativo das cantigas de amigo (ou similares), todas elas de teor tradicionalizante. Véxanse diversas composicións do propio rei trobador (tamén nas cantigas 584, 585, 586, 587, 606, 609), Fernan Rodriguez de Calheiros (647), Nuno Fernandez Torneol (656), Joan Soarez Coelho (704), Afonso Sanchez (781), Paai Gomez Charinho (813, 839), Meendinho (848), Airas Nunez (864, 870), Roi Fernandiz de Santiago (903), Pero Gonçalvez de Portocarreiro (920, 922), Nuno Porco (1130), Joan Zorro (1161, 1163, 1165, 1166, 1167, 1168, 1169, 1170), Pero Meogo (1204, 1205, 1206, 1208), Martin de Giinzo (1287, 1288, 1289, 1290, 1291), Martin Codax (1295, 1296, 1297, 1298, 1300), Fernand’Esquio (1314).

  • *

    Nesta cantiga de Don Denis, o dístico inicial presenta rima asoante ou toante, que se rexistra nun grupo significativo das cantigas de amigo (ou similares), todas elas de teor tradicionalizante. Véxanse diversas composicións do propio rei trobador (tamén nas cantigas 584, 585, 586, 587, 606, 609), Fernan Rodriguez de Calheiros (647), Nuno Fernandez Torneol (656), Joan Soarez Coelho (704), Afonso Sanchez (781), Paai Gomez Charinho (813, 839), Meendinho (848), Airas Nunez (864, 870), Roi Fernandiz de Santiago (903), Pero Gonçalvez de Portocarreiro (920, 922), Nuno Porco (1130), Joan Zorro (1161, 1163, 1165, 1166, 1167, 1168, 1169, 1170), Pero Meogo (1204, 1205, 1206, 1208), Martin de Giinzo (1287, 1288, 1289, 1290, 1291), Martin Codax (1295, 1296, 1297, 1298, 1300), Fernand’Esquio (1314).

  • 1

    O v. 4, en que madre presenta crase co artigo nos dous manuscritos, aconsella optar pola lección de V tamén neste verso, tamén coa crase madr’, o.

  • 8

    A forma mentio deste verso contrasta co mentiu dos vv. 11, 13 e 16, mostrando a frecuente alternancia gráfica -iu/-io na desinencia de P3 de pretérito da terceira conxugación que se encontra ao longo do corpus. Véxase nota a 41.7-9.

  • 13

    A repetición paralelística do texto no v. 16 indica que é necesaria a expunción da copulativa inicial. Neste sentido, convén constatar, tamén, en que existen diversas pasaxes ao longo do corpus en que, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9).

  • 17

    Nótese como este verso é un eneasílabo, cunha desviación métrica que se produce con frecuencia nas cantigas de amigo de factura máis tradicional. É por isto que é dificilmente defendíbel a emenda realizada por Lang e Nunes (per seu grado > a seu grado), que non resolve a disfunción métrica.

Procurar
    Não foram encontrados resultados