252 [= RM 152,4]
Muit’aguisado ei de morrer

Muit’aguisado ei de morrer
e non tenno mia mort’en ren,
ante me prazeria én,
pois sen meu grad’ei a fazer
a mia sennor mui gran pesar,
ca lle pesa de a amar.
A mia sennor gran pesar á
de que lle quer’eu mui gran ben,
e a min gran coita m’én ven;
mais pero de fazer ei ja
a mia sennor mui gran pesar,
[ca lle pesa de a amar].
E grave dia eu naci
con quanto mal me faz Amor,
ca por el, mentr’eu vivo for,
ei ja sempr’a fazer assi
a mia sennor mui gran pesar,
[ca lle pesa de a amar].
E nunca m’end’eu partirei,
ca non quer o meu coraçon
nen Deus; e, si Deus me perdon,
a meu pesar a fazer-ll’ei
a mia sennor mui gran pesar,
[ca lle pesa de a amar].
E non me poss’end’eu quitar
de lle fazer este pesar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 

Manuscrits


A 144, B 267

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 291-292 [= LPGP 955-956]); Piccat (1995: 133-134); Littera (2016: II, 501).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 113); Carter (2007 [1941]: 87); Marques Braga (1945: 272-273); Machado & Machado (1950: II, 49-50); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 252).

Variantes manuscrites


1 aguisado ei de morrer] aguisadei de moirer B   3 me] mi B   5 a] om. A   6 lle] le A : lhi B; pesa] pesara B   7 A] E B   8 lle] lhi B   14 con quanto mal me faz] Poys tanto mal mi far B   21 Deus; e, si Deus me] deo ... eassimeꝉ B   22 meu] men B   26 lle] lhi B

Variantes éditoriales


1 aguisado] aguisad(o) Michaëlis : aguisad' Littera   6 lle] le Piccat   7 A] E Littera   12 lle] le Piccat   18 lle] le Piccat   24 lle] le Piccat

Paraphrase


(I) Moi oportunamente hei morrer e non valoro en nada a miña morte, antes me pracerá con iso, porque contra a miña vontade lle hei facer á miña señora moi gran pesar, xa que lle pesa que a ame.

(II) A miña señora ten gran pesar porque eu a amo, e a min vénme gran coita diso; porén, heille facer xa á miña señora moi gran pesar, xa que lle pesa que a ame.

(III) E en mal día nacín por todo o mal que Amor me fai, pois por el, mentres eu viva, heille sempre así facer á miña señora moi gran pesar, xa que lle pesa que a ame.

(IV) E nunca deixarei de iso facer, pois non quere o meu corazón nin Deus; e, así Deus me perdoe, sentíndoo moito, heille facer á miña señora moi gran pesar, xa que lle pesa que a ame.

(1) E non me podo eu diso apartar, de lle facer este pesar.

Métrique


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C + 8c 8c (= RM 160:369)

Encontros vocálicos: 1 aguisado‿ei

Notes


Texte
  • 6

    Neste verso (fronte a <lle> nos vv. 8 e 26), xunto con 89.3 e 5, 238.13 e 317.16, en A rexístrase aparentemente a forma le(s) para o pronome lle(s), hipotético testemuño da forma arcaica do pronome (procedente do lat. ĭllī), que se atesta por veces en textos prosísticos e mais nas Cantigas de Santa Maria. Na realidade, é dificil determinar se se trata dun lapso de escrita con omisión de <l> (cfr., por exemplo, <filei> por <fillei> en 132.9 e 10, 133.4, ou <alur> por <allur> en 403.3) ou se verdadeiramente son formas reais. Cfr. nota a 423.18.

    Por outra parte, véxase como a lección de B (pesara ou pesará) esixiría a sinalefa de‿a (véxase nota a 232.16).

  • 7

    A versión de B coa copulativa inicial talvez estea inducida pola presenza desta conxunción nesa mesma posición nas dúas estrofas seguintes e na fiinda.

  • 10

    Dun modo diferente a como acontece noutros contextos en que mais e pero funcionan como conxuncións independentes do punto de vista sintáctico (véxase 76.10, 301.16, 692.10, 728.16, 953.4, 1146.9), mais pero (mas pero en 268.16) constitúe unha locución conxuntiva equivalente a ‘a pesar de, non obstante, porén’.

  • 14

    O texto de B (pois tanto mal mi faz Amor), cunha expresión que se rexistra noutras ocasións, aquí parece froito dunha banalización da máis complexa lección de A.

  • 21

    A lección de B, assi m’Ele perdon, para alén de hipermétrica, suporía unha variación sobre a frase formularia si Deus me perdon, coa substitución de Deus por Ele, tal como efectivamente se rexistra en 858.14.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé