144 [= Tav 97,16]
Meu coraçon me faz amar

Meu coraçon me faz amar
sennor atal, de que eu ei
todo quant’eu aver coidei
des aquel dia en que a vi,
ca sempr’eu dela atendi
desej’e coita, ca non al.
 
 
 
 
5
 

Manuscritos


A 57, B 168

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 120); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 105 [= LPGP 648]); Littera (2016: II, 130).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 69); Carter (2007 [1941]: 37); Machado & Machado (1949: I, 255); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 144).

Variantes manuscritas


1 coraçon] coracon B   3 coidei] cuydei B

Variantes editoriais


3 coidei] cuidey Bertolucci Pizzorusso, cuidei Littera

Paráfrase


(I) O meu corazón me fai amar tal señora de quen eu recibo todo canto pensei recibir desde o día en que a vin, pois sempre dela esperei desexo e coita, que non outra cousa.

Métrica


Esquema métrico: 8a 8b 8b 8c 8c 8a (= Tav 189:31)

Encontros vocálicos: 4 di·a‿en

Notas


Texto
  • *

    Do texto desta cantiga só nos chegou a primeira estrofa. No Cancioneiro da Ajuda deixouse espazo en branco para copiar polo menos dúas cobras máis, e en B, Colocci anotou: nō hā stroph. Ambos os indicios indican que o texto xa estaba incompleto nos materiais que serviron de fonte ás dúas ramas da tradición.

  • 1-6

    Nótese a imperfecta rima -ar / -al (amar – al) que se documenta con certa frecuencia no corpus pola proximidade fonética entre /l/ e /ɾ/, en liña con moitas outras ocorrencias desta equivalencia. Véxase 104.34-35 (al : alongar), 541.2-3 (amor : frol), 971.17-21 (souber : segrel), 975.12-21 (amar : dar : al : val), 1292.r1-r3 (Soveral : estar : Soveral), 1356.1-2 (Natal : dar), 1359.2-6 (cantar : mal : brial), 1369.2-8 (Soveral : atal : falar : Corral), 1379.8-10 (mal : Albar- : tal), 1430.12-13 (priol : melhor), 1495.5-6 (segrel : molher), 1507.13-17 (dar : ferrar : lamaçal : ar), 1515.1-7 (rascar : pesar : Juncal), 1519.8-14 (maenfestar : mal : maenfestar), 1519.15-24 (falar : cuidar : falar : val), 1533.15-18 (disser : segrel), 1659.12-13 (taful : algur), 1616.2-4 (Elvas : ervas), 1617.8-12 (cervas : Elvas : relvas), 1617.32-36 (ervas : Elvas : relvas), 1659.12-13 (taful : algur). Cfr. notas a 206.4-6, 383.19-20, 427.5-6, 453.5-6, 698.5-6 e 877.1-7.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado