1426 [= RM 79,34]
Maria do Grave, grav’é de saber

Maria do Grave, grav’é de saber
por que vos chaman Maria do Grave,
ca vós non sodes grave de foder,
e pero sodes de foder mui grave;
e quer’, en gran conhocença, dizer:
sen leterad’ou trobador seer,
non pod’omen departir este «grave».
Mais eu sei ben trobar e ben leer
e quer’assi departir este «grave»:
vós non sodes grav’en pedir aver
por vosso con[o], e vós sodes grave,
a quen vos fode, muito, de foder;
e por aquesto se dev’entender
por que vos chaman Maria do Grave.
E, pois vos assi departi este «grave»,
tenho-m’e[n]d’ora por máis trobador,
e ben vos juro, par Nostro Senhor,
que nunca eu achei [molher] tan grave
come Maria (e ja o provei)
do Grav’, e nunca pois molher achei
que a mí fosse de foder tan grave.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


V 1016 (ff. 163v, col. b, 164r, col. a)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Ediciones


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 355 [= LPGP 539]); Lopes (2002: 245); Littera (2016: I, 618); Arias Freixedo (2017: 238).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 350-351); Braga (1878: 192); Machado & Machado (1960: VII, 111).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 129-130); Arias Freixedo (1993: 105); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 170); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 143); Diogo (1998: 135-136); Arias Freixedo (2003: 542-543); Neves (2004: 64-65); Marcenaro (2006: 98-100); Magalhães (2007: 127).

Variantes editoriales


3 ca] cá Lapa   11 con[o]] con’ Lapa, Lopes, Littera, Arias Freixedo   19 come] com’é Lapa, Lopes, Littera, Arias Freixedo   20 Grav’, e] Grave Lapa, Lopes, Arias Freixedo

Paráfrasis


(I) Maria do Grave, é difícil saber por que vos chaman Maria do Grave, pois vós non sodes difícil de foder, aínda que sodes de foder moi custoso; e quero, con gran sabedoría, dicir: sen ser home con estudos de letras ou trobador, ninguén pode explicar este “grave”.
(II) Mais eu sei trobar ben e ben ler, e quero explicar este “grave”: vós non sodes lenta en pedir diñeiro pola vosa cona, e vós sodes moi cara de foder a quen vos fode; por isto se debe de entender por que vos chaman Maria do Grave.
(III) E xa que así vos expliquei este “grave”, téñome desde agora por mellor trobador e ben vos xuro, por Noso Señor, que eu nunca achei unha muller tan custosa —e xa o probei— como Maria do Grave; e nunca despois achei unha muller que me resultase de foder tan custoso.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 11a 10’b 10a 10’b 10a 10a 10’b (I-II [cfr. RM 60:1]) + 11’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a (III [cfr. RM 161:153])

Encontros vocálicos: 8 ma·is

Notas


Texto
  • *

    Tal como acontece noutras composicións ao longo do corpus profano, esta cantiga presenta máis unha sílaba no verso inicial de cada estrofa, fórmula non recoñecida nesta ocasión no repertorio métrico de Tavani (véxanse situacións métricas similares, por exemplo, nas cantigas 1324, 1381 ou 1613). A situación inversa, co derradeiro verso de cada estrofa con unha sílaba máis, acontece en UC 1427, tamén de Soárez Coelho.
    Nas estrofas I-II da composición grave é palabra rimante nos versos segundo, cuarto e sétimo, mentres que na III grave comparece como rimante nos versos primeiro, cuarto e sétimo.
    O trobador xoga nesta composición coa polivalencia semántica da palabra grave. A partir da coincidencia do adxectivo co alcume dunha soldadeira (sen identificación concreta), o trobador vai trocando o significado da palabra grave segundo os contextos.
    En latín o abano de significados de gravis era moi amplo, feito aproveitado polo poeta: a) ‘difícil’ (Maria do Grave non era grave de foder, v. 3); b) ‘lento’ (a soldadeira non era lenta á hora de solicitar pagamento polos seus servizos: non sodes grav’en pedir haver / por vosso con[o], vv. 10-11); c) ‘custoso’ (vv. 11-12, 18, 21).
    Joan Soarez Coelho, como home leterado (cfr. soo ome [mui] ben leterado, 1423.12) e como trobador (lémbrese que foi o iniciador do “ciclo das amas” a partir do xogo con amma, véxase nota a UC 274), coñecía a polisemia do termo e departe este «grave» (v. 15) como mostra de arte poética e de autoconfirmación como trobador de excelencia (tenho-m’end’ora por máis trobador, v. 16).

  • 3

    O verbo foder (do lat. futuere), voz escatolóxica reiterada nos vv. 4, 12 e 21, tal como outros termos pertencentes ao ámbito sexual (caralho, cono, peer etc.) non parece ter abandonado o ámbito da oralidade para o texto escrito, agás nas cantigas satíricas, única produción en que o achamos. Non obstante, o verbo foder é a voz deste ámbito máis representada nos escarnios, con máis de 100 rexistros (incluídos os participios e formas substantivadas e excluíndo outras formas derivadas) pertencentes a 17 autores, en 31 cantigas: Afons’Eanes do Coton (UC 1589, 1591, 1598), Afonso X (UC 491), Airas Perez Vuitoron (UC 1495), A. Gomez (UC 877), Estevan da Guarda (UC 1334, 1335), Fernand’Esquio (UC 1614), Joan Garcia de Guilhade (UC 1508, 1509, 1510, 1511), Joan Servando (UC 1440), Joan Soarez Coelho (UC 1419, 1422, 1426, 1427, 1435), Joan Vaasquiz de Talaveira (UC 1567), Martin Moxa (UC 919), Martin Soarez (UC 1376, 1386), Meen Rodriguez de Briteiros (UC 1347), Pero da Ponte (UC 1638, 1651, 1659), Pero Garcia Burgales (UC 1394, 1395), Pero Martiiz (UC 1430), Vaasco Perez Pardal (UC 1525).
    Alén da lírica profana é certamente extraordinaria a aparición do verbo noutro tipo de textos. É significativo que tamén se rexistre nunha composición escarniña do Cancioneiro Geral de Garcia de Resende (Dias 2003: VI, s.v. foder):

    diz que tu,
    quando naceo Barzabu,
    eras ja diabo feito.
    E que jaa entam fodias
    e ias contr’òs inimigos.

    En textos alleos á poesía, só atestamos o verbo nunha pasaxe de Fernão Lopes na Crónica de D. Fernando que debe recoller un proverbio: e dizam-lhe alguus que juras de foder nom eram pera creer (cfr. CdP, s.v.).

  • 5

    Conhocença é formación nominal sobre conhocer, con só tres rexistros na poesía profana (véxase tamén 36.27, 1408.15)1 .

  • 6

    Na Idade Media, a voz erudita leterado, con manutención da vogal pretónica, era aínda máis usual do que letrado (véxase CGPA, s.v.).
    Ângela Correia apunta para a posibilidade de que o duplo estatuto de leterado e trobador que reclama Joan Soarez Coelho talvez teña existido realmente: «Ser nobre e ter instrução não seria comum, mas não era visto como uma impossibilidade. Esta instrução implicaria não só atividade escolar, mas também o convívio frequente com livros, na sua grande maioria ou mesmo totalidade escritos em latim. O acesso à cultura letrada clerical não estaria portanto vedada, mesmo que não fosse frequente, aos nobres, incluindo a nobreza secundária, como é o caso de Joam Soares Coelho» (Correia 2012: 46).

  • 8

    Existen indicios suficientes para considerar que a bisilabicidade de mais ~ máis era un feito obxectivo na lingua trobadoresca, nomeadamente a partir da análise das leccións manuscritas de preto dun centenar de pasaxes que apoian tal consideración métrica (Ferreiro 2016c).

  • 11-12

    Tal como acontece con outros termos da esfera sexual (véxase, por exemplo, caralho), a voz cono (do lat. cŭnnum) tivo que ser desde o inicio palabra excluída dos usos sociais formais, que non pasa do rexistro oral para o ámbito escrito, sen que apareza rexistrado na lexicografía histórica portuguesa (non é recollido no Corpus Lexicográfico Português nin aparece noutros textos alén das cantigas de escarnio). Fóra deste ámbito, só achamos unha fugaz aparición no Códice Martin Fernandes (1506-1510): 

    Nesta terra trazem homens e molheres as orelhas furadadas em que trazem aros de ouro. E delles nos narizes. E algũas molheres dos senhores outro tanto nos beiços do cono que podem tirar e meter (cfr. CdP). 

    No xénero satírico, concéntrase en oito composicións. Véxanse tamén as cantigas 482 (Afonso X), 1440 (Joan Servando), 1511 (Joan Garcia de Guilhade), 1525 (Vaasco Perez Pardal), 1586 (Pero d’Ambroa), 1593 e 1629 (Afons’Eanes do Coton). 
    Por outra banda, nótese que isolamos muito a través da puntuación para explicitar o feito de que afecta a todos os verbos destes versos: «sodes muito grave de foder muito a quen vos fode muito».

  • 19-20

    Nótese a violenta ruptura do sintagma antroponímico Maria do Grave coa introdución dunha cláusula parentética:

    que nunca eu achei [molher] tan grave
    come Maria (e ja o provei)
    do Grav’, ...

  1. ^

    Tal substantivo non era moi frecuente no período medieval a teor das documentacións no CGPA, onde só se recollen unha decena de rexistros (véxase s.v. conhocença, connocença, conocença).

Buscar
    Sin resultados