1436 [= RM 147,7]
Malaventura mi venha

Malaventura mi venha
se eu pola de Belenha
d’amores ei mal!
E cofonda-me San Marcos
se pola donzela d’Arcos
d’amores ei mal!
Mal mi venha cada dia
se eu por Dona Maria
d’amores ei mal!
Fernand’Escalho me pique
se eu por Sevilh’Anrique
d’amores ei mal!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manoscritti


V 1026 (f. 166r, col. a)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edizioni


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 602); Barbieri (1980: 67 [= LPGP 911-912]); Lopes (2002: 442); Littera (2016: II, 474-475).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 355); Braga (1878: 195); Machado & Machado (1960: VII, 125); Callón (2017: II, 121).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 83-84); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 55); Álvarez Blázquez (1975: 49-50); Tavares & Miranda (1987: 323-324); Alvar & Beltrán (1989: 235-236); Arias Freixedo (2003: 830-831).

Varianti manoscritte


5 donzela] danzela V   11 Anrique] aniriq̅ V

Varianti editoriali


1 Malaventura] Mala ventura Lapa, Barbieri, Lopes, Littera; mi] me Lopes, Littera

Parafrasi


(I) Má ventura me veña se eu pola de Belenha teño mal de amores!
(II) E San Marcos me confunda se pola doncela de Arcos teño mal de amores!
(III) Mal me veña cada día se eu por Dona María teño mal de amores!
(IV) Fernando Escalho me foda se eu por Sevilh’Anrique teño mal de amores!

Metrica


Esquema métrico: 4 x 7’a 7’a 5B (= RM 26:113)

Note


Testo
  • *

    A alusión a Fernand’Escalho na derradeira estrofa permite a inclusión desta cantiga no ciclo nucleado pola figura de Fernan Diaz (véxase nota ao v. 11).

  • 1

    A forma malaventura ‘desventura, infelicidade’ (tamén en 1101.4, 1524.1, 1602.9), sinónimo de malandança, presenta -l- intervocálico talvez por ser produto dunha formación derivada, co adverbio mal a funcionar como prefixo, igual que malaventurado (1342.3). Neste sentido, maa ventura (1459.4) debe de ser unha reconfiguración a partir do adxectivo mao/maa. Cfr. nota a 867b.9.

  • 2

    Belenha debe aludir á localidade española Beleña de Sorbes, na provincia de Guadalajara, ou, alternativamente, a Beleña, un concello da provincia de Salamanca. Véxase Marcenaro & González (2024: s.v. Belenha).

  • 3

    O refrán de Roi Paez de Ribela foi utilizado por Airas Nunez nunha pastorela.

    «Ai estorninho do avelanedo,
    cantades vós, e moir’eu e pen[o]
    e d’amores ei mal!» (864.14-16).

  • 4

    Arcos, un topónimo frecuente en Galiza, Portugal e España, podería referirse a Arcos de Jalón, na provincia española de Soria.

  • 8

    Dona Maria, como outras mulleres con este nome, non permite ningunha identificación concreta.

  • 10

    Fernand’Escalho é a figura satirizada en tres cantigas de Pero Garcia Burgales (UC 1394, 1395 e 1396), xunto con outras dúas composicións que presentan alusións puntuais ao mesmo personaxe: UC 1436 (Roi Paez da Ribela) e 1613 (Pero d’Ambroa). De todos os modos, tanto Fernand’Escalho como Don Estevan nun escarnio de Pedr'Amigo de Sevilha (UC 1672) parecen ser nomes alternativos a Fernan Diaz (Beltran 2000: 18-19), personaxe central do ciclo satírico de que forman parte diversas cantigas de Pero Garcia Burgales (UC 1393 e 1397), Airas Perez Vuitoron (UC 1499 e 1500), Estevan Faian (UC 1580) e Pero da Ponte (UC 1661), xunto con, talvez, UC 1524, de Vaasco Perez Pardal. Unha diferente identificación de Fernand’Escalho pode verse en Marcenaro & González (2024: s.v. Fernand’Escalho).
    Este personaxe literario foi identificado por Beltran (2000, 2001) con Estevan Fernandez de Castro, o poderoso dirixente da liñaxe galega dos Castro, señor de Lemos, que foi adiantado-mor de Galiza (1265-1273) até o momento en que participou na rebelión dos nobres contra Afonso X. Tras a paz entre a monarquía e o estamento nobiliario, foi nomeado pertegueiro de Santiago (1276) e tamén meiriño-mor de Galiza desde 1278 (seguindo esta hipótese de identificación, véxanse tamén as consideracións e interpretacións ao respecto sobre este ciclo de cantigas en Callón 2025: 211-231). De todos os modos, Marcenaro & González (2024: s.v. Fernan Diaz) consideran “scarsamente verosimile” a identificación entre Fernan Diaz e Fernandez de Castro.
    Neste verso, a aparición de picar con Fernand’Escalho como suxeito, acusado de homosexualidade, confirma o uso figurado deste verbo nas cantigas satíricas galego-portuguesas (véxase Gonçalves 2016: XXX).

  • 11

    Sevilh’Anrique é dona identificada por Barbieri: “estamos perante Dona Sevilla Enríquez, historicamente registada numa série de documentos redigidos em Burgos em 1258, 1260 e 1282, em que resulta beneficiária de uma doação de “casares” por Afonso X» (Barbieri 1993: 587). Véxase, tamén, Marcenaro & González (2024: s.v. Sevilh’Anrique).
    A evolución de (H)enrique para (H)anrique debe ser inscrita na tendencia á vacilación en-/an- en posición inicial que se detecta ao longo da historia da lingua (véxase Ferreiro 1999: §143b). E do mesmo modo acontece co correspondente patronímico, en que tamén conviven (H)enriquez ~ (H)enriquiz e (H)anriquez ~ (H)anriquiz (cfr. CGPA, s.v.).

Cerca
    Nessun risultato trovato