1095 [= RM 33,5]
Madre, chegou meu amig’oj’aqui

– Madre, chegou meu amig’oj’aqui.
– Novas son, filha, con que me non praz.
– Par Deus, mia madre gran torto per-faz!
– Non faz, mia filha, ca perdedes i!
– Máis perderei, madre, se el perder.
– Ben lhe sabedes, mia filha, querer!
 
 
 
 
5
 

Manuscripts


B 1093, V 684

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 58); Radulet (1979: 98 [= LPGP 269]); Cohen (2003: 348); Littera (2016: I, 286).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 241); Braga (1878: 131); Machado & Machado (1956: V, 128).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 74); Pena (1990: 176).

Manuscript variants


3 Par Deus] por đs V; gran] g̃ra B

Editorial variants


3 Par Deus] Por Deus Nunes, Cohen

Paraphrase


(I) –Madre, chegou o meu amigo hoxe aquí.
–Novas son, filla, que me non pracen.
–Por Deus, miña nai fai unha grande inxustiza!
–Non fai, miña filla, porque sairedes perdendo con iso.
–Máis perderei, madre, se o perdo a el.
–Ben lle sabedes, miña filla, querer!

Metrics


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10c 10c (= RM 160:45)

Notes


Text
  • 3

    Para resolver o sentido da cantiga, adoptamos a solución de Cohen, con mia madre como suxeito de faz, a falar a amiga en terceira persoa, que tamén é utilizada pola nai na resposta (v. 4). 

    En Littera, o v. 4 presenta unha articulación interrogativa (Nom faz, mia filha? Ca perdedes) que pretende resolver a aparente incoherencia da pasaxe.

  • 5

    Neste verso, el funciona como complemento directo sen preposición, tal como acontece con frecuencia na lingua das cantigas coas formas pronominais tónicas oblicuas.

Search
    No results