Esta cantiga de cima fez o conde Don Gonçalo Garcia en cas Do[n] Rodrigo Sanch[e]z, por ũa do[n]zela que levaron a furto, que avia nome Codorniz, e o porteiro avia nome Fiiz.
A copia manuscrita desta cantiga presenta unha segunda versión fragmentaria da estrofa II.
I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 275 [= LPGP 369-370]); Lagares (2000: 115); Lopes (2002: 36); Littera (2016: I, 423).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 147-148); Machado & Machado (1950: II, 294); Rios Milhám (2018b: III, 450).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 326); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 121); Diogo (1998: 172); Corral Díaz & Vieira (2023: 157-158).
Rúbrica. Gonçalo] Goncalo B; e] et B
Texto. 2 Rodrigo] podrigo B 4 digo] dico B 6 ca ia (ent**di) eutre\e/dor B 8 Fiiz] Fiijz B : Fiz B’ 9 [e] nen sol] om. B'; pensado] reusado B 10 Mais faz mela asy andar B : eleyxame Assꝯ andar B’ 11 ca \uos/ sey namorado B : cabossꝯ namorado B’ 12 pero] mais B; quer’ante molher] q̄rente <...> molhr̄ B : pero <...> B’ 13 eq̄ q̄ria uolunter B : qⁱ quiya uolōne B’ 14 qⁱ fosse / E uē forcado B : eu enfforcado B'
Rúbrica: Sanch[e]z] Sanches Littera.
Texto: 1 Levaran a] Levarõ-na Lapa : Levarom-n’a Lopes, Littera 3 Fi[i]z] Fiz Littera 4 [or]’eu] lh[e] Littera 6 [son] eu] eu [son] Lapa, Lopes 10 mais faz-m’ela] e leixa-m’ Lapa, Lopes, Littera 14 fosse eu enforcado] fogiss’e non forçado Lapa, Lopes : fosse eu e nom forçado Littera
(I) Levaron a Codorniz de casa de Don Rodrigo; mais quen lle dixese a Fiz isto que agora eu digo: que garde ben a miña senhor, porque eu son traidor se ela se quere ir comigo.
(II) Fiz non se quere gardar e nin pensa en tal cousa; mais ela faime andar cabo de si e namorado; aínda que eu prefiro unha muller que quería de boa vontade que eu fose enforcado.
Esta cantiga de cima fíxoa o conde Don Gonzalo García na casa de Don Rodrigo Sánchez, por unha moza doncela que levaron ás agachadas, apelidada Codorniz, e o porteiro chamábase Fiz.
Esquema métrico: 2 x 7a 7’b 7a 7’b 7c 7c 7’b (= RM 101:64)
Encontros vocálicos: 3 dis[s]es[s]e‿a; 10 ela‿assi
A segunda copia da estrofa II é fragmentaria, aínda que achega elementos para a fixación, ás veces conxectural, do texto.
A composición alude ao rapto que Joan Bezerra fixo de Maria Rodriguez ‘Codorniz’ a mediados do século XIII. O trobador dálle consellos ao porteiro Fiiz (‘feliz’), que parece tamén estar tentado a cometer o mesmo rapto. Este acontecemento vén narrado nos Livros Velhos de Linhagens:
E esta dona Maria Codorniz rouçou-a João Bezerra de casa de dom Rodrigo Gomes, e fege nela Gonçalo Gomes, o Gordo. E fora ante ela casada com Martim Martins Marinho, e fege nela dom Pero Martins Marinho (Mattoso & Piel 1980: 207).
É necesaria a copulativa inicial do verso para a correcta contaxe métrica do verso: nesta posición é moi frecuente omisión da copulativa por erro de copia, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.).
Recorremos a pero, procedente da versión fragmentaria da estrofa, pois a variante mais de B tería de ser computada como bisilábica. Véxase nota a 12.8.
Neste verso aparece a única ocorrencia de volonter (‘voluntariamente, de boa vontade’) na poesía profana, que, xunto coas sete ocorrencias das Cantigas de Santa Maria (véxase Mettmann 1972: s.v. volonter), son as únicas documentacións deste provenzalismo (ou galicismo) que coñecemos no período medieval (cfr. García-Sabell Tormo 1990: 347).
O seguimento literal das dúas versións manuscritas (<E uē forcado> B : <eu enfforcado> B') leva a editar eu enforcado, en face de todas as precedentes edicións, que acomodan o texto de modos diferentes. Porén, nada hai que impida unha lectura literal nunha pasaxe que, por outra parte, presenta notábeis dificultades de edición pola fragmentación e deterioración do texto manuscrito.
Repárese, ademais, en que o adverbio volonter alude ironicamente ao consentimento da moza na fuxida e a referencia á forca poderá aludir ao castigo que podería sufrir o seu raptor.
Fem servir cookies de tercers amb finalitats analítiques per poder conèixer els hàbits de navegació (per exemple, les pàgines visitades). Tingueu en compte que, si accepteu les cookies de tercers, haureu d'eliminar-les de les opcions del navegador o del sistema ofert per tercers.
Feu clic al botó corresponent per acceptar o rebutjar les cookies: