[last revised: 30/01/2024]Print

315 [= Tav 72,9]
Juro-vos eu, fremosa mia sennor

Juro-vos eu, fremosa mia sennor,
(se Deus me leixe de vós ben aver,
e, se non, leixe-me por vós morrer)
se, pois fui nado, nunca dona vi
tan fremosa come vós nen de mí
tan amada com’eu vos sei amar!
E, pois vos amo tanto, mia sennor,
se vós quiserdes, quero-vos dizer
qual coita me vós fazedes sofrer,
e non queredes que vos eu fal’i,
e non poss’eu muito viver assi
que non moira mui ced’én con pesar
que ei mui grande desto, mia sennor:
de que me non queredes gradecer
de vos servir nen de vos ben querer,
e dizedes de quanto vos servi
que fiz mal sén, que atant’i perdi,
e empero non me poss’én quitar
nen quitarei, enquant’eu vivo for,
de vos servir, sennor, e vos amar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscripts


A 204, B 355

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 397-398 [= LPGP 473]); Littera (2016: I, 550-551).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 130); Carter (2007 [1941]: 120); Machado & Machado (1950: II, 123); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 315).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 16).

Manuscript variants


1 Juro-vos] uro uus A   3 vos morrer] uois moirer B   4 nunca dona] dona nunca B   5 come] como B   6 com’eu vos] comen uos B   8 vós] u A   12 ced’én] cedo   17 atant’i] a tanto B   18 empero] eu pero A : en pero B; me poss’én] men posso B   20 de vos] de uus A

Editorial variants


1 vos] vus Michaëlis   6 vos] vus Michaëlis   7 vos] vus Michaëlis   8 vos] vus Michaëlis   10 vos] vus Michaëlis   12 ced'en] cedo Littera   15 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis   16 vos] vus Michaëlis   20 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis

Paraphrase


(I) Xúrovos eu, miña señora fermosa –así Deus me deixe ter ben de vós, e, se non, que me deixe morrer por vós–, que, desde que nacín, nunca vin dona tan fermosa coma vós nin tan amada por min como eu vos sei amar!

(II) E, xa que vos amo tanto, miña señora, se vos quixerdes, quérovos dicir que coita me facedes sufrir, mais non queredes que eu vos fale diso, e non podo vivir así moito tempo sen que morra moi cedo co pesar (III) tan grande que teño disto, miña señora: de que non me queredes agradecer por vos eu servir nin por vos amar, e dicides de todo canto vos servín que foi unha insensatez, porque tanto perdín niso, aínda que non podo deixar de facer iso (1) nin deixarei, mentres viva, de vos servir, señora, e de vos amar.
 

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10c 10d + 10a 10d (= Tav 198:2)

Notes


Text
  • *

    Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha copulativa e unindo as dúas primeiras estrofas, véxase nota á cantiga 74.

  • 2

    Nótese o uso de se ~ si equivalente a assi en frases optativo-desiderativas (100.1, 177.10, 188.11, 202.2 etc.) tal como tamén aparece en frases formularias do tipo se ~ si Deus me perdon e variantes. Tal forma procede de sīc con cruzamento coa conxunción condicional se.

  • 4

    A conxunción se presenta un valor claramente completivo, neste caso a depender dun verbo (jurar) que debe ser considerado declarativo.

    Obsérvese, ademais, como B presenta inversión de elementos, neste caso dona nunca vs. nunca dona, e o mesmo acontece no v. 18, con me poss’én vs. m’én posso.

  • 5

    Sobre a variación come ~ como véxase nota a 237.30.

  • 8

    A lección do Cancioneiro da Ajuda mostra un evidente erro na interpretación do pronome vós, necesariamente tónico neste contexto, que comparece nos manuscritos como unha forma átona <uꝯ>, cun erro que se rexistra nos tres grandes cancioneiros. Véxase este mesmo erro en A fronte ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional (vós <uꝯ> A : <uos> B) en 72.13, 88.20, 90.16, 133.10, 134.24, 138.14. Mais tamén se atesta o mesmo lapso de copia en BV, con lección errada coincidente en 402.11, 16 e 17 (cfr. <uos> na v. 5), 791.13, 840.17, 855.13, 920.14, 929.r1 (vv. 5, 11 e 17), 1052.5, 1111.11, 1195.15, 1264.6 etc.; do mesmo xeito, aparece en cantigas transmitidas só por un dos cancioneiros italianos: 183.17 e 185.21 (en B); 1013.1 (en V); e aínda existe en pasaxes con diferente lección conforme os manuscritos: 900.7 (<uꝯ> B vs. <uos> AV), 1022.7 (<uꝯ> V vs. <uos> B).

  • 18

    A lección de B emenda o erro de A, e achega a locución conxuntiva e empero, de valor concesivo (véxase tamén 277.8 e 407.6), que convive no corpus coa máis utilizada e pero (véxase nota a 4.5).

Search
    No results