1501 [= RM 16,13]
Joan Soarez, pero vós teedes

Joan Soarez, pero vós teedes
que trobades e[n] esta terra ben,
quero-vos én conselhar ũa ren:
aqui fazed’esso que én sabedes,
ca aqui teen-vos por sabedor
de trobar, mais nós trobamos melhor:
ben entendemos como o fazedes.
E, se vós de trobar sabor avedes,
aqui trobad’e faredes i sén
(e no[n], veede, cabo Santaren)
con nossos juizes que vós queredes,
ca ben trobamos d’escarnh’e d’amor;
mais, se avedes de trobar sabor,
Martin Alvel’é aqui con que trobedes.
E por travar no que non conhocedes
non dariamos nós nada por én,
ca vos direi [eu] o que vos aven
e[n] estes juizes que vós dizedes:
cantar julgamos de bon trobador,
mais cantar d’ama nen de tecedor
nunca julgamos: vó-lo saberedes.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscrits


B 1481 (f. 310v, col. b), V 1092 (f. 179r, col. b, 179v, col. a) [Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edicions


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 137-138 [= LPGP 136]); Lopes (2002: 129); Correia (2016: 75-77); Littera (2016: I, 140).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 381-382); Braga (1878: 209); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 40-41); Machado & Machado (1958: VI, 190-191).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 184); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 47); Diogo (1998: 141).

Variants manuscrites


3 én] eu V   4 que én] quen V   5 vos] uos BV   6 nós] nō V   7 entendemos] entēdemus B   10 E no beote cabo sātarā B : eno beote cabo santarē V   11 con nossos] Ca nossꝯ B : ca nossꝯ V; juizes] uiyzes V; vós] nos BV   16 dariamos] dariamus B   18 juizes] myres B : uiyzes V   19 julgamos] iulgamus B : uilgamos V

Variants editorials


1 Soarez] Soares Correia, Littera   3 én] eu Lopes   4 én] [b]en Lapa : [b]em Lopes, Littera   5 teen-vos] tẽe vós Lapa : teen vós Correia : têm-vos Littera   7 ben] [e] ben Lapa, Lopes, Littera; como o] com’o Lapa, Lopes, Littera   9 trobad’e] trobade Lapa, Lopes, Correia, Littera   10 e no[n], veede, cabo Santaren] e non trobedes cabo Santaren Lapa : e nom bem longe, cabo Santarém Lopes, Littera : e non vaades cabo Santaren Correia   11  nossos] esses Lapa : vossos Lopes, Littera   12 d’escarnh’e] d’escarni’e Correia   17 ca vos direi [eu] o que vos aven] ca vos direi [or]’o que vos aven Lapa : ca vos direi o que nos aven Correia : ca vos direi o que vos [or]’avem Lopes, Littera   18 e[n] estes] a estes Correia

Paràfrasi


(I) Joan Soarez, aínda que vós pensades que trobades moi ben nesta terra, quérovos eu aconsellar unha cousa ao respecto: facede aquí o que vós sabedes dese asunto, pois aquí téñenvos por coñecedor da arte de trobar, mais nós trobamos mellor: ben sabemos como o facedes.
(II) E, se vós tendes o desexo de trobar, trobade aquí, e obraredes con siso, –e non, vede, cabo de Santarém– cos nosos xuíces, que vós queredes, pois trobamos ben de escarnio e de amor; mais se tendes desexo de trobar, aquí está Martin Alvelo, con quen poderedes trobar.
(III) E por criticar o que non coñecedes nós non lle dariamos ningunha importancia, porque vos direi o que vos pasa con estes xuíces que vós dicides: xulgamos o cantar do bo trobador, mais nunca xulgamos cantares sobre unha ama ou unha tecelá: vós habédelo saber.

Mètrica


Esquema métrico: 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a (= RM 161:128)

Encontros vocálicos: 14 é‿aqui

Notes


Text
  • *

    Esta cantiga forma parte da polémica poética coñecida como «ciclo das amas», orixinada pola cantiga Atal vej’eu aqui ama chamada, de Joan Soarez Coelho (UC 274), que versa sobre o amor entre o trobador e unha muller que por todos é denominada ama. A base retórica daquela cantiga é un sutil xogo etimolóxico no ámbito da interpretatio nominis que foi proposto por Ângela Correia (1996; véxase tamén Correia 2012). Coelho, como «trobador leterado», acudiría á autoridade das Etimologiae de S. Isidoro de Sevilla, onde se explica o nome grego da curuxa, amma, relacionándoo co verbo amar. Así, tras a ama da cantiga estaría a clave que identificaría a muller amada polo poeta: Urraca Guterrez, filla do aristócrata castelán Goterre Soarez, que era alcumado «Moucho», razón pola cal Ângela Correia en 2016 edita sempre Ama con maiúscula. A interpretación etimolóxica de Correia foi discutida por Marcenaro (2024: 9), que cuestiona a equivalencia entre as denominacións das aves implicadas e a lectura do texto de Isidoro. O investigador italiano mantén a posibilidade de que ama designe unha nutriz. A identificación con Urraca Guterrez e a explicación pola interpretatio nominis deben considerarse, pois, como propostas sometidas a debate.
    No entanto, os trobadores contemporáneos, aínda que entenderían o alarde letrado de Joan Soarez Coelho, quixeron interpretar literalmente o termo ama co valor de ‘ama de cría / ama de leite’, e con este motivo compuxeron unha serie de textos de diverso teor, burlescos na súa maioría: Desmentido m’á ‘qui un trobador, de Joan Soarez Coelho (UC 278); Com’oj’eu vivo no mundo coitado, de Joan Soarez Coelho (UC 277); Esta ama cuj’é Joan Coelho, de Fernan Garcia Esgaravunha (UC 1530); –Joan Soares, de pran as melhores, de Juião Bolseiro e Joan Soarez Coelho (UC 1197); Don Vuitoron, o que vos a vós deu, de Joan Soarez Coelho (UC 1433); Par Deus, Lourenço, mui desaguisadas, de Joan Garcia de Guilhade (UC 1520); Joan Garcia tal se foi loar, de Joan Soarez Coelho (UC 1434); Que alongad’eu ando d’u iria, de Pero Garcia Burgales (UC 179), para alén de –Quen ama Deus, Lourenç’, ama verdade, de Joan Soarez Coelho e Lourenço (UC 1432).
    A cuestión da ama semella marxinal nesta composición, mais aparece en relación coa avaliación técnico-poética dos trobadores. Nótese como, explicitamente, Vuitoron se nega a xulgar cantigas de amas e tecedores (vv. 19-21): o trobador e mais outros que, coma el, coñecen os segredos do trobar teñen capacidade para xulgar Joan Soarez Coelho, de modo que “Coelho pode trovar ali mesmo com os trovadores que ali estão, para que seja julgado também ali” (Correia 2016: 144). Véxase Correia 2016: 143-152.

  • 6-7

    É desnecesaria a introdución da copulativa inicial do v. 7, pois, coa puntuación proposta (nótese en Correia a ausencia de calquera tipo de puntuación no final do v. 6), o sentido fica perfectamente claro.

  • 10

    A edición deste verso é problemática (e conxectural) a partir dunha lección dos apógrafos que semella errada na súa parte inicial: <E no beote cabo sātarā> B, <eno beote cabo santarē> V. 
    Para <beote> Lapa propón trobedes como opción editorial, mentres que Lopes e Littera optan por bem longe e Correia prefire ler vaades, cunha xustificación un bocado complexa: «O contexto aconselha a ver a na lição “beote” uma forma deturpada de um verbo, talvez diferente de “trobar”. A minha conjetura (“vaades”) supõe uma deturpação cuja explicação paleográfica não oferece dificuldades: um “v” confundir-se-ia com um “b” se o ataque fosse um pouco mais alto, a confusão entre “a”, “e” e “o” é comum; quanto à sílaba “te” pode ser resultado da má interpretação da desinência verbal “des” escrita sob a forma abreviada “đs” (“de” cortado terá sido entendido como “t” e o “s” como “c”)». Pola nosa parte, consideramos que veede é a mellor opción a partir de <beote>, coas confusións, atestadas nos apógrafos italianos, de <b>/<v>, <o>/<e> e <t>/<d>. En calquera caso, cunha ou con outra lectura, non existe gran diferenza interpretativa para a pasaxe, que localiza en Santarém o bo trobar.

  • 11

    Talvez a coincidente lección <Ca nossꝯ> B, <ca nossꝯ> V fose inducida pola presenza de ca no v. 12, a partir dun erro interpretativo dunha secuencia anterior <*conesses>, con segmentación errada, e confusións frecuentes no corpus.

  • 14

    Martin Alvelo é personaxe que comparece en máis outras dúas cantigas: Martin Alvelo, de Joan Soarez Coelho (UC 1435) e Oi d’Alvelo que era casado, de Afonso Lopez de Baian (UC 1488), de modo que, pola ligazón temática, estas composicións de Baian e de Coelho forman un pequeno ciclo no conxunto satírico galego-portugués.
    A identificación de Martin Alvelo non é segura, pois nos Livros de Linhagens hai referencias a dúas figuras con ese nome. Por unha banda, “Martim Martĩiiz, Alvelo por sobrenome”, que pertenceu á familia da Maia e foi “mui boo cavaleiro e mui saboroso”; o trobador Joan de Gaia foi descendente dun tío deste Martin Martins Alvelo. Por outra banda, o Martin Alvelo, fillo de Pedro Eanes Alvelo e relacionado familiarmente con Joan Soarez Coelho, que tamén é citado nos Livros de Linhagens, é considerado por Correia a figura satirizada polos tres trobadores do ciclo (Correia 2010b: 566-569). Véxase tamén Marcenaro & González (2024: s.v. Martin Alvelo), onde se considera probábel a relación con Martin Martins de Baguin, alcumado Alvelo, sen deixar de recoller a outra hipótese.

  • 17

    A hipometría versal permite a recuperación do pronome eu, probabelmente perdido no proceso de transmisión, tal como acontece con frecuencia con elementos de escaso corpo fonético (véxase, por exemplo, o refrán de UC 694, con presenza do pronome só na primeira cobra).
    Por outra banda, Correia considera necesaria a emenda de <uꝯ> BV e interpreta nos, que lle parece máis acaído ao contexto: «Embora ambos os manuscritos concordem na lição “uos”, creio que Vuitorom faz neste lugar a mesma mudança de pessoa que o inclui no número de juízes de que fala».

  • 18

    A proposta da preposición en a partir de <e> é de Lapa, en face de considerar un erro <e>/<a> proposto por Correia, pois, sendo un erro posíbel e mesmo frecuente, escurecería a sintaxe, xa que resulta forzado atribuír o valor de ‘en relación a’ para a preposición a.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat