[últ. rev.: 18/11/2026]Imprimir
BV
Seguinte

1505 [= RM 16,12]
Joan Nicolas soube guarecer

Joan Nicolas soube guarecer
de mort’un om’assi per sa razon,
que foi julgad’a foro de Leon,
que non devia de mort’a ‘storcer;
e socorreu-s’assi con esta lei:
«Que non deve justiça fazer rei
en ome que na mão [non] colher».
E, pois el viu que devi’a prender
mort’aquel om’assi, disse-lh’enton:
«Ponho que fez aleiv’e traiçon
e cousa ja per que dev’a morrer;
dizede vós, se a terra leixar
que me non achen i a justiçar,
se poderá en mí justiça fazer».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 

Manuscritos


B 1484 (f. 311r, col. b), V 1096 (f. 180r, col. a) [Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edições


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 143 [= LPGP 135-136]); Lopes (2002: 133); Littera (2016: I, 142).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 383); Braga (1878: 210); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 128); López-Aydillo (2023: 236); López-Aydillo (2023: 236); Machado & Machado (1958: VI, 194).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975 [1952]: 127); Tavares & Miranda (1987: 337); Diogo (1998: 142).

Variantes manuscritas


1 Nicolas] nicholas BV; soube] sōbe B   3 julgad’a] uilgada V   4 de mort’a’storcer] demo castorçer V   5 socorreu] sucurren B : su correu V   6 justiça] rustiça V   8 prender] prander B   10 Ponho] Pono B; traiçon] trayzon V   11 morrer] moirer B   12 se a] seu B; terra] tirã BV   13 achen] acheu B; justiçar] rustiçar V

Variantes editoriais


4 mort’ a ‘storcer] mort’ astorcer Lopes   7 na] [e]na Littera   8 devi’a prender] devia prender Lapa, Lopes, Littera   10 aleiv’e] aleiv[e] e Littera   11 dev’a morrer] deva morrer Lapa, Lopes, Littera   12 dizede vós, se a terra leixar] [Mais] dizede vós: s’eu terra leixar Lopes   14 poderá] podera[n] Lapa : poderám Lopes, Littera

Paráfrase


(I) Coa súa argumentación, Joan Nicolas soubo librar da morte un home que foi xulgado polo foro de León e que non debería escapar da morte; e valeuse así desta lei: «Que o rei non debe facer xustiza nun home que non teña preso».
(II) E ao ver que aquel home debía morrer axustizado, díxolle entón: «Recoñezo que cometeu aleivosía e traizón e algunha cousa pola que debe morrer; dicide vós, se deixo esta terra de forma que non me achen para me axustizar, (dicide) se poderá (o rei) facer xustiza comigo».

Métrica


Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:12)

Encontros vocálicos: 10 tra·i·çon; 14 poderá‿en

Notas


Texto
  • 1

    Joan Nicolas é un personaxe descoñecido, talvez pertencente ao ámbito xurídico, diferente, nese caso, do meestre Nicolas ou Nicolao, físico de Afonso X (véxase UC 1587 e 1594).
    A lección <sōbe> soube de B mostra o erro <õ>/<ou> (derivado de <n>/<u>) que é moi frecuente ao longo dos cancioneiros, especialmente en B: <cōsimento> cousimento (116.22), <guisõ> guisou (501.3), <uõ> vou (564.7), <õsara> ousará (589.3), <põco> pouco (591.9), <baratõ> baratou (729.5), <em car nõ> encarnou (877.21), <õui> ouvi (1233.12), <buscõ> buscou (1507.7), <nõtro> noutro (1509.1), <sõbe> soube (1509.7), <sõba> soub’a (1509.16), <cõsa> cousa (1510.1). E en V tamén se encontra o mesmo erro: <tornõ> tornou (603.15), <morõ> morou (865.12), <nõ> vou (1012.20), <cõtre> voutre (1015.17).

  • 3

    O foro de Leon (Michaëlis 2004: 118-119), mencionado tamén por Afons’Eanes do Coton (1591.16) e Paai Gomez Charinho (1636.15), parece remitir á mesma tradición xurídica que o livro de Leon, citado por Joan Airas (1485.7) e Vaasco Gil (1531.7). A identificación precisa destas referencias non está, porén, exenta de dificultades, pois poden aludir tanto ao conxunto de disposicións lexislativas promulgadas por Afonso V de Galiza e León a comezos do século XI, coñecidas como Fuero de León, como ao Liber Iudiciorum, compilación lexislativa visigótica que continuou vixente no reino leonés e cuxa versión romance recibiu o nome de Fuero Juzgo. Carolina Michaëlis de Vasconcelos (2004: 117-118) relaciona estas referencias coa prolongada vixencia do dereito visigodo en León, mesmo despois da unión dos reinos de Galiza, León e Castela baixo Fernando III e das reformas lexislativas de Afonso X. A autora lembra, ademais, que o Liber Iudiciorum tamén se aplicou noutros territorios peninsulares e que en Santiago de Compostela e nas localidades dependentes da súa xurisdición se admitía, cando menos, a apelación ao Libro. Daquela, as alusións trobadorescas ao foro ou livro de León neste contexto funcionan como referencias a unha autoridade xurídica recoñécíbel para o público coetáneo, sen que de momento nos sexa posíbel identificar con absoluta seguridade o texto legal concreto ao que remiten.

  • 4

    O verbo estorcer (do lat. extorquēre, LV *extorcēre ‘arrincar das mans, forzar, atormentar’) significa ‘escapar, salvarse’. No relativo á aférese de ‘storcer, debe ser posta en relación coa tendencia á perda da vogal inicial e- cando seguido da secuencia consonántica /st/ en fonética sintáctica após vogal ou /n/, e que afecta en especial ao verbo estar, aínda que se rexistra tamén noutras voces: estar (ora ‘stou, 396.3; que ‘stevesse, 969.12; ali ‘stivi, 969.15; non ‘starei, 969.21; que ‘stava, 1445.6; quando ‘sté, 1588.21); estrãiar (ela ‘strãiasse, 358.21); Estremadura (en ‘Stremadura, 1324.10). Véxase nota a 6.4, 18.16, 51.1, 73.19, 878.1.

  • 7

    A métrica (pola ausencia de unha sílaba) e mais o sentido solicitan a reintegración da negación (non) a partir do significado da expresión colher na mão. Téñase en conta que a omisión dun elemento de escaso corpo fónico, neste caso o adverbio non, é relativamente frecuente ao longo dos cancioneiros, nomeadamente dos apógrafos italianos: 34.7, 63.12, 494.31, 590.13, 783.12, 863.16, 1583.22 etc.
    A expresión colher na mão significa ‘prender, capturar’ (véxase tamén 1397.6-7, 1588.19-20, 1619.4), uso que podemos achar tamén nas Cantigas de Santa Maria:

    e foi-ss’enton pera Touro, u cuidou a escapar
    Dos parentes da manceba e das justiças, ca non
    guarira se o collessen na mão, ... (CSM 291.16).

    Noutras obras aparecen expresións alternativas similares, cales meter en mão, no Livro de José de Arimatia (Miranda 2016: 68): Ele te meterá em mão de teu imiguo mortal.

  • 8

    A interpretación das secuencias do tipo <deuia>, <auia>, <ouuera> + inf. como devi’a / avi’a / ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase UC/Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <deuia> A / <deuia a> B (128.22, 128.28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda.

  • 10

    Aleive é substantivo na lingua medieval, co significado de ‘aleivosía, perfidia’ (tamén en 991.28). A asociación con traiçon pode verse na Demanda do Santo Graal (CGPA, ed. I. Freire Nunes): 

    Vós matastes [a] aleive e a traiçom Erec, filho de rei Lac o mais lea[l] cavaleiro do mundo e ũũ dos homens do mundo que eu mais amava.

    Nótese, por outra parte, como Littera desconsidera o indubitábel carácter trisilábico de traiçon e reintegra desnecesariamente a vogal final de aleiv(e).

Procurar
    Não foram encontrados resultados