830 [= Tav 120,26]
Mia madre, pois se foi d’aqui

Mia madre, pois se foi d’aqui
o meu amig’e o non vi,
nunca fui leda nen dormi,
ben vo-lo juro, des enton,
madr’, e el por mí outrossi,
tan coitad’é seu coraçon!
Mia madre, como viverei,
ca non dórmio nen dormirei,
pois meu amigo en cas d’el-rei
me tarda tan longa sazon?
Madr’, e el por mí outrossi,
[tan coitad’é seu coraçon!]
Pois sab’el ca lhi quer’eu ben,
melhor ca mí nen outra ren,
porque mi tarda e non ven,
faz sobre mí gran traiçon:
madr’, e el [por mí outrossi,
tan coitad’é seu coraçon!]
E direi-vos que nos aven:
eu perço por el[e] o sén,
e el por mí o coraçon.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 833, V 419

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 218); Panunzio (1992 [1967]: 65-66 [= LPGP 777]); Cohen (2003: 292); Littera (2016: II, 282-283).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 157-158); Braga (1878: 79); Machado & Machado (1953: IV, 147); Fernández Pousa (1956: 804-805); Juárez Blanquer (1988: 65-66).
III. Antoloxías: Torres (1977: 391); Fidalgo (2009: 132).

Variantes manuscritas


4 enton] entou V   9 amigo en cas] amigo e encas B : amigo e eucas V   16 gran traiçon] muj gram traycō B : mui grā rayzō V   19 nos] uꝯ BV   21 por mí o coraçon] premi o corazon V

Variantes editoriais


2 amig’] amig[o] Panunzio   5 madr’, e] madre Nunes, Panunzio; outrossi] outro si Nunes   9 amigo] amigu’ Nunes; en] é en Panunzio   10 tarda tan longa sazon] tard’á tan longa sazon Nunes   11 madr’, e] madre Nunes, Panunzio; outrossi] outrosi Nunes   15 porque] per que Panunzio   16 gran traiçon] mui gran traiçon Nunes   17 madr’, e] madre Nunes, Panunzio; outrossi] outrosi Nunes   19 -vos] -vus Panunzio; nos] nus Panunzio   20 por] per Panunzio   21 perço por el[e] o sén] perço per el[e] o sen Panunzio : perço [i] por el o sem Littera

Paráfrase


(I) Miña nai, xa que se foi de aquí o meu amigo e non o vin, desde daquela nunca máis estiven alegre nin durmín, ben volo xuro, madre, e el por min tamén, tan triste está o seu corazón!
(II) Miña nai, como vivirei, que non durmo nin durmirei, xa que meu amigo me tarda tanto na corte? Madre, e el por min tamén, tan triste está o seu corazón!
(III) Pois el sabe que o amo, máis que a min nin a cousa ningunha, porque tarda e non vén, comete gran traizón comigo: madre, e el por min tamén, tan triste está o seu corazón!
(1) E direivos o que nos sucede: eu perdo por el o siso e el perde por min o corazón. 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8a 8a 8b 8A 8B (I [= Tav 13:52]) + 8a 8a 8a 8b 8C 8B (II-III [= Tav 22:3]) +  8a 8a 8b

Encontros vocálicos: 8 dór·mi͜o; 9 amigo‿en; 16 tra·i·çon

Notas


Texto
  • 5

    Agás Cohen (e Littera), no primeiro verso do refrán nas anteriores edicións non é segmentada a copulativa, feito que dificulta a sintaxe ao apareceren as cláusulas xustapostas.

  • 9

    Só na edición de Panunzio é conservado o elemento <e>, interpretado como a forma verbal é nun contexto en que a súa presenza provoca hipermetría, e que o editor italiano modula para que o período teña sentido:
              Mha madre, como viverey
              ca non dormho nen dormirey?
              Poys meu amigo é en cas d’el-Rey,
              me tarda tan longa sazon!
    Porén, a hipermetría aconsella expunxir <e> nesta posición interior de verso,  tal c0mo se pode comprobar nalgunha outra pasaxe do corpus (véxase, por exemplo, 128.14), embora sexa máis frecuente a presenza espuria da copulativa no inicio de verso (véxase nota a 1.37-40).

  • 13-14

    Se na expresión amar máis ca mí/min (nen al) non ten cabida a preposición a (véxase nota a 44.13), o mesmo ocorre en querer melhor ca mí/min (177.22, 261.8-9, 530.4, 531.r, 549.7683.7, 743.15-16, 1091.19), que tampouco recorre á preposición para introducir o complemento. Cfr. notas a 44.13 e 243.16.

  • 16

    Na liña de Panunzio, Cohen e Littera, omitimos o adverbio mui, que convertería o verso en eneasilábico, xa que traiçon é voz trisilábica en todas as súas ocorrencias no corpus (47.15, 618.8, 620.8, 812.23, 1357.4, 1497.10, 1505.10, 1602.5): nos apógrafos italianos pode verse a intromisión espuria de mui en contextos onde non existe dúbida do seu carácter adventicio. Véxase B vs. A (257.1), A vs. B (369.3, 998.10), BV vs. A (417.15), B vs. V (423.17, 810.14), así como 812.14 ou 995.5.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado