783 [= Tav 70,3]
Ai amigas, perdud’an conhocer

Ai amigas, perdud’an conhocer
quantos trobadores no reino son
de Portugal: ja non an coraçon
de dizer ben que soian dizer
[de vós] e sol non falan en amor
e al fazen, de que m’ar é peor:
non queren ja loar bon parecer.
Eles, amigas, perderon sabor
de vos veeren; ar direi-vos al:
os trobadores ja van pera mal;
non á i tal que ja sérvia senhor
nen sol [non] trobe por ũa molher.
Maldita sej’a que nunca disser
a quen non troba que é trobador!
Mais, amigas, conselho á d’aver
dona que prez e parecer amar:
atender temp[o] e non se queixar
e leixar ja avol tempo perder,
ca ben cuid’eu que cedo verra alguen
que se paga da que parece ben,
e veeredes ced’amor valer.
E os que ja desemparados son
de vos servir (sabud’é quaes son)
leixe-os Deus maa morte prender!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 786, V 370

Edicións


I. Edicións críticas: Nobiling (2007 [1907]: 105 [= LPGP 439]); Nunes (1973 [1928]: 176-177); Lopes (2002: 223); Cohen (2003: 250); Littera (2016: I, 530).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 141); Braga (1878: 70); Machado & Machado (1953: IV, 82-83); Domingues (1992: 59); Cohen (1996: 21).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 73-74); Torres (1977: 309); Alvar & Beltrán (1989: 270-271); Jensen (1992: 162).

Variantes manuscritas


2 quantos trobadores] quantus trohadores V; son] sou V   3 ja] m B   5 falan] falani B   8 perderon] pedeꝝ V   10 van] nā B   13 Maldita sej’a] maldica sela V   14 quen] q̄ B   18 avol] auolo BV   19 verra] ueira B   23 vos] uos B : uo V; quaes] q̄es V

Variantes editoriais


5 vós] nós Nunes, Lopes, Littera   9 vos] nos Nunes, Lopes, Littera   11 sérvia] sêrvia Lopes   12 nen sol [non] trobe] nen [que] sol trobe Nobiling, Nunes, Lopes : nen sol [que] trobe Cohen, Littera   18 ja a] i a Lopes : ja Cohen, Littera; avol] a vó-lo Nobiling, Nunes   23 vos] no[s] Nunes : nos Littera  24 morte] mort[e] Nobiling, Lopes

Paráfrase


(I) Ai amigas, cantos trobadores hai no reino de Portugal perderon o saber: xa non teñen desexo de dicir o ben que soían dicir de vós e nin sequera falan do amor e aínda fan outra cousa que me parece peor: xa non queren gabar a fermosura.
(II) Eles, amigas, perderon a ansia por vos veren; e direivos outra cousa: os trobadores van por mal camiño; non hai alí un que sirva a senhor nin tan sequera trobe por unha muller. Maldita sexa a que algunha vez dixer de quen non troba que é trobador!
(III) Mais, amigas, aquela dona que ame a boa fama e a beleza ha de tomar esta determinación: esperar o tempo (propicio) e non se queixar e deixar que pase o tempo ruín, pois ben penso que cedo virá alguén que sabe apreciar que é fermosa, e axiña veredes amor ser valorado.
(1) E os que xa desistiron de vos servir (sabido é quen son) déixeos Deus má morte sufrir!

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10d 10d 10a (= Tav 161:44)

Encontros vocálicos: 4 so·i·an; 11 sér·via; 19 verra‿alguen

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga é moi orixinal pola temática: os trobadores do reino de Portugal xa perderon a vontade de servir as damas e de trobar para louvar a súa beleza. Mais estas non deben perder a esperanza porque logo ha vir quen aprecie a fermosura e valore o amor.

    Na versión electrónica de Littera apúntase a hipótese de que «a referência final a uma mudança iminente deste estado de coisas, possibilitada pelo surgimento de “alguém” para quem a beleza não é indiferente, leva-nos a pensar que a cantiga teria sido composta na juventude de D. Dinis, a quem Guilhade prestaria, desta forma, uma homenagem indireta e precoce». Certamente, Don Denis favorecería moito, e el mesmo practicaría profusamente, a arte de trobar, até o punto de que á súa morte o xograr Joan compuxo un pranto, cantiga 1119 (Os namorados que troban d’amor, B 1117, V 708), en que se lamenta por como os trobadores ficaron desamparados e non trobaron máis.

    Con todo, nesta cantiga talvez Guilhade estea a introducir unha das referencias a si mesmo, tan características da súa obra, aínda que esta vez sen o recurso á autonominatio.

  • 2

    É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<quantus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 4

    A omisión do artigo (cfr. nota a 152.24) escurece a función de CD de ben: ja non an coraçon / de dizer ben que soian dizer /  [de vós] (= «... dizer [o] ben que soian dizer de vós»).

  • 5

    Obsérvese a mudanza de punto de vista que supón a consideración de nós neste verso (xunto con nos no v. 9), que fixan Nunes, Lopes e Littera na edición da cantiga, que semanticamente sería defendíbel mais contraría a lección dos manuscritos no v. 9 (emendado en vos tamén nos mesmos editores). E algo similar acontece, de novo, no v. 23, onde Nunes e Littera persisten no nos (abandonado nesta ocasión por Lopes).

  • 12

    A ausencia de unha sílaba implica unha reitegración que nas primeiras edicións guilhadianas foi feita a través da introdución de que: nen [que] sol... (Nobiling e Nunes, seguidos por Lopes e Littera); a opción de Cohen é diferente (nen sol [que] trobe...), aínda que non condí co contido da estrofa desde o momento en que teriamos de interpretar sol que co seu sentido de ‘soamente se’. Coidamos que a mellor opción é sol non ‘nin sequera’, con base en diversas documentacións no corpus trobadoresco (véxanse diversas ocorrencias de nen sol non no Glosario, s.v.  sol3)

  • 18

    Lapa cualifica como «estranha», do punto de vista do sentido, a aparición do conglomerado vó-lo (Lapa 1982: 170-171), que Nobiling, Nunes e Lopes manteñen, sen problema métrico pola sinalefa ja‿a. Efectivamente, non parece ter sentido ‘e deixarvos a vós perder o tempo’, porque exclúe as amigas da categoría de dona que prez e parecer amar cando deberían estar incluídas. As amigas (vós) tamén deben esperar eses tempos mellores que lles anuncia. É por isto que, recollendo a suxestión de Lapa, foi incorporado por Lopes e Littera, e xa na edición de Cohen se tenta xustificar o provenzalismo avol ‘ruín, desprecíbel, vil’, que no corpus trobadoresco profano non comparece en máis contextos, embora se rexistre o substantivo avoleza (888.11, 1395.17, 1642.1). Non obstante, é adxectivo presente na lírica relixiosa e mais na prosa literaria (véxase CGPA, s.v. avol ~ auol).

  • 22-23

    Repárese na repetición da palabra rimante (son), situación anómala na métrica trobadoresca. Véxase nota a 14.48-50.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado