724 [= Tav 60,9]
O meu amigo, que me quer gran ben

O meu amigo, que me quer gran ben,
nunca de min pode aver senon mal
e morrerá, u non pode aver al;
e a mí praz, amiga, d’e[l] morrer
por aquesto que vos quero dizer:
leix’a coidar eno mal que lhi én ven
e coida sempre [en] meu bõo parecer.
E a tal ome, amigas, que farei,
que as[s]i morr’e assi quer morrer
por aquel ben que nunca pode aver
nen avera (ca ja se lhe partio)
porque me as[s]i de mandado saio?
Leix’a coidar eno mal que lhi eu dei
e coida en min fremosa que m’el vio.
E amores tantas coitas lhi dan
por min que ja a morte mui preto está,
e sei eu del que cedo morrerá,
e, se morrer, non me faz i pesar,
ca se non soube da morte guardar:
leix’a coidar eno seu grande afan
e coida sempre en meu bon semelhar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 709, V 310

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 128-129); Cohen (2003: 194); Víñez Sánchez (2004: 153 [= LPGP 364-365]); Littera (2016: I, 413).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 124-125); Braga (1878: 59-60); Machado & Machado (1952: III, 393).
III. Antoloxías: Fidalgo (2009: 138).

Variantes manuscritas


3 morrerá] moirera B   4 amiga, d'e[l] morrer] Amīga de moirer B   5 vos] uos BV   6 coidar] toydar V   7 bõo parecer] boom tarecer B : boom parecer V   8 amigas] amiga’s B : amig̃as V   9 e] om. B; morrer] moirer B : merrer V   10 aquel] aq̅le BV   11 avera] aua B; partio] tarcyo B; lhe] lho BV   12 me] mi V   13 que lhi eu dei] q̅ lhi q̅eu dey B : quelhy q̅eu dey V   14 e] < > B; fremosa] fremossa BV   15 E amores] Camores V   17 e] (muy to) / e V; cedo] redo B : tedo V; morrerá] merrera V   19 ca se] Ease B; soube] soute BV; da] d’a B : ea V   20-21 afan / e] afam ꞇ / E B : afam ꞇ e V   21 bon] bo’m V

Variantes editoriais


3 pode] pod’ Nunes, Víñez Sánchez   6 eno] no Nunes   7 sempre [en]] sempr’e[n] Littera; bõo] boom Nunes, Víñez Sánchez : bon Cohen, Littera   8 ome] om’ Nunes, Cohen : hom’ Littera   9 morr’e] morre e Cohen   10 aquel] aquele Víñez Sánchez; pode] pod’ Nunes   11-12 nen avera (ca ja se lhe partio) / porque me as[s]i de mandado saio?] nen averá, ca já se lho partiu? / por que me assi demanda u saiu Nunes :  nen averá, ca ja se lho partio, / por que mi assi de mandado saio Cohen : nem averá?, ca ja sse lh’o partyo, / porque me as[s]y de mandado sayo Víñez Sánchez : nem haverá, ca já se lho partiu, / porque mi assi de mandado saiu Littera   13 eno] no Nunes   14 coida en min] coida’ en mi Nunes; vio] viu Nunes, Littera   16 ja a] ja |a| Cohen : ja [d]a Littera   20 afan] afã Littera

Paráfrase


(I) O meu amigo, que moito me ama, nunca pode obter de min (outra cousa) senón mal, e morrerá, sen remedio; e a min agrádame, amiga, de el morrer, por isto que vos quero dicir: deixa de pensar no mal que por iso lle vén e pensa sempre na miña fermosura.

(II) E a tal home, amigas, que lle farei, pois así morre e así quere morrer por aquel ben que nunca pode ter nin o terá –pois xa o ten ben lonxe– porque de tal xeito me desobedeceu? Deixa de pensar no mal que eu lle causei e pensa en min, fermosa, que el viu.

(III) E os amores tantas coitas lle dan por min que xa a morte está moi perto, e sei eu del que morrerá cedo, e, se morrer, non me causa pesar, pois non se soubo gardar da morte: deixa de pensar no seu gran sufrimento e pensa sempre na miña fermosa figura.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10c 10a 10c (= Tav 192:1)

Encontros vocálicos: 2 pode‿aver; 3 pode‿aver; 6 lhi‿én; 7 sempre‿[en], bõ͜o 8 ome,‿amigas; 10 pode‿aver; 12 me‿as[s]i; 13 lhi‿eu; 14 coida‿en; 16 ja‿a, preto‿está; 20 grande‿afan; 21 sempre‿en

Notas


Texto
  • *

    Resulta significativo que Colocci colocase unha cruz e mais a marca de refrán no v. 7, pois esta cantiga presenta unha especie de protorrefrán nos vv. 6-7 de cada estrofa, con texto paralelo e escasa variación expresiva.

  • 1

    Nótese que o incipit desta cantiga de Gonçal’Eanes do Vinhal é tamén o verso inicial da cantiga 1228 de Joan Vaasquiz de Talaveira, cunha variación mínima (quer gran ben / gran ben quer).

  • 3

    A frase formularia u non pod’aver al ‘sen dúbida, certamente’ (tamén en 597.13 e 599.16) utiliza o complexo verbal pod’aver a diferenza doutras alternativas textuais construídas arredor de aver (u al non á, non á i al etc.) ou jazer (u non jaz al, u al non jaz). Véxase nota a 25.11

  • 4

    Todos os editores emendaron a lección orixinal que, sendo teoricamente posíbel (e a mí praz, amiga de morrer / por aquesto...), inevitabelmente implicaría que o suxeito de morrer sería a amiga, cando na realidade é o amigo. De todos os xeitos, o pronome el aparece explícito na estrofa III (v. 17).  

  • 6

    Na lingua trobadoresca o verbo leixar (tamén nos vv. 13 e 20) aparece en complexos verbais (leixar + infinitivo) tamén en estruturas equivalentes coa preposición a como nexo (véxase tamén 36.5, 308.16, 911.2, 1065.5, 1416.14, 1590.14). Cfr. nota a 3.17.

  • 7

    Neste verso cómpre a reintegración da preposición en, en necesaria sinalefa con sempre (cfr. sempre‿en, v. 21), solicitada pola repetida rexencia de cuidar (cfr. coida en min, v. 14; leix’a coidar eno seu grande afan / e coida sempre en meu bon semelhar, vv. 19-20).

    Por outra parte, a voz bõo, con grafía conservadora, é metricamente unisilábica, por tanto perfectamente equivalente de bon (véxase v. 21), tal como acontece en diversas pasaxes ao longo das cantigas (464.8, 475.31, 478.8, 805.9, 889.9 e 24, 1119.19 e 31, 1174.11, 1393.8, 1448.25, 1587.26, 1594.15, 1636.24). Véxase nota a 10.25 e 47.20

  • 8

    As leccións de B e V para amigas están a indicar unha representación gráfica <amiguas>. En calquera caso, nótese como o interlocutor no v. 4 é unha amiga, en face das amigas neste v. 8.

  • 10

    Sen dúbida, a forma aquele de BV deberá ser emendada para corrixir a hipermetría versal: nótese como non é insólito o feito de apareceren as dúas variantes (aquele vs. aquel) nun contexto en que unha das formas se revela errada. Así, véxase 197.24, onde a variante aquel de B (aquele en A) faría hipométrico o verso, equilibrado no testemuño de B coa introdución do adverbio ben (ben des aquel dia).

  • 10-11

    A presentación destes versos aparece condicionado por decisións editoriais que teñen a ver coa interpretación do período, onde consideramos, para unha interpretación acaída, a confusión <lho>/<lhe> (véxase por exemplo 939.14 para o mesmo erro en BV). Nas diversas edicións a puntuación (e interpretación, por tanto) varía conforme a modulación atribuída ao período.

  • 11-14

    A representación gráfica da desinencia da P3 de pretérito indicativo dos verbos da terceira conxugación (partio, saio, vio) oscila entre a esmagadoramente maioritaria -iu e a esporádica -io, mostra dunha vacilación inicial que aínda se conserva nalgúns territorios galegos. Cfr. nota a 302.14. De calquera xeito, ambas as representacións implican unha mesma realidade fonolóxica e métrica, como mostran os casos de rimas entre -io e -iu (véxase, por exemplo, 614.1-8), ou aqueloutras situacións en que se produce variación desta desinencia en estruturas paralelísticas (véxase 583.8) ou no refrán (véxanse 592.r1, 1336.r, 1361.r2-r3). De todos os modos, nas diversas edicións a puntuación (e interpretación, por tanto) é diferente, e ningunha atribúe carácter interrogativo a estes versos.

  • 12

    A expresión sair de mandado ‘desobedecer’ é case exclusiva das cantigas de amigo (717.6, 795.9, 803.13-14, 932.15, 1120.13, 1158.9, 1658.10).

  • 16

    Por máis que o artigo non sexa necesario, tal como indica –e omite– Cohen, a sinalefa jaa permite respectar a lección dos manuscritos. Véxase exactamente a mesma sinalefa de ja (con artigo ou preposición) en 18.23 e 783.18, para alén doutras similares do punto de vista fonético (ajaa, jaagora etc.). En calquera caso, a proposta textual de Littera (ja [d]a morte) implica un verso hipermétrico.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado