I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 612 [= LPGP 921-922]); Lopes (2002: 448); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 248); Littera (2016: II, 492-493); Correia (2021: 70).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 341); Braga (1878: 187); Machado & Machado (1958: VI, 123); Callón (2017: II, 99).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 264).
1 Estevã[o]] stauam V; entençon] en tencon B 6 razon] (r)razon V 12 ouçades] oucades B 18 cego] tego B
Cantiga sen fiinda nas edicións anteriores á de Correia: Lapa e Lorenzo Gradín & Marcenaro omiten o v. 16, que Lopes e Littera manteñen nunha estrofa de sete versos.
1 Estevã[o], en grand’entençon] Estevan, ũa grand’ entençon Lapa : Estêvam, em grand’ entençom Lopes, Littera : Estevan, en grand[e] Lorenzo Gradín & Marcenaro : Estevan, en grand’entençon Correia 7-9 E muito vos oi eu oje mal sén / dizer por vós: que a feito [non] / sodes cego; e dix’eu log’enton] E muitos oí eu oj’ e[n] mal son / dizer por vós [atal]: que, a feito, / sodes cego; e dix’eu log’ a eito Lapa : E muitos oí eu oje mal son / dizer por vós [aqui]: que, a feito Lorenzo Gradín & Marcenaro : E muitos oí hoj’em mal som / dizer por vos [atal]: que a feito Lopes, Littera 14 vedes [ja]-quanto] ve[e]des quando Correia 15 dórmio] dôrmio Lapa : dormio Correia 16 que assi veedes vó-lo açon] om. Lapa, Lorenzo Gradín & Marcenaro : que assi vedes vó’lo artom Lopes, Littera : que assi veedes vó-lo a son Correia 17 dixi] dix’i Lorenzo Gradín & Marcenaro 18 Cofonda] Confonda Lopes, Littera
Esquema métrico: 10a 9’b 9’b 10c 10c 10a (I [= RM 189:29]) + 10a 10b 10b 10a 10a 10b (II [cfr. RM 132:1) + 10a 9’b 9’b 10a 10c 10c (III [cfr. RM 160:279]) + 10a
Encontros vocálicos: 7 o·i‿eu; 9 cego‿e; 15 dormesco‿e dór·mi͜o
Don Estevan ou Don Estevão, é o personaxe escarnecido por tres trobadores: Roi Queimado (UC 1405, 1407), Joan Soarez Coelho (UC 1424, 1425) e Airas Perez Vuitoron (UC 1492, 1493, 1494, 1498)1
. Foi Ângela Correia quen propuxo a hipótese de que este nome encobre a figura do arcediano Joan Viegas de Portocarreiro, elixido arcebispo de Braga en 1244 por influencia de Sancho II, para conseguir fidelidades que precisaba pola situación problemática do final do seu reinado, mais que acabará atraizoándoo.
Probabelmente a orixe do ciclo se deba a Soarez Coelho, que xa experimentara unha substitución antroponímica similar, co nome ama para designar Urraca Goterrez Moucha, da familia dos Meneses (véxase UC 274). No ciclo de D. Estevan, esta ‘máscara’ procedería, segundo Correia, do nome de D. Estevan Soarez, o antigo e prestixiado arcebispo de Braga, cuxas altas virtudes como diplomático e figura principal do reino contrastaban grandemente coas de Joan Viegas. Deste modo, a sátira contra este alcanza tamén á figura do rei, axiña substituído por D. Afonso III (en 1247).
A edición desta cantigas sofreu unha profunda revisión no esclarecedor estudo de Ângela Correia, de modo que a fixación textual mantén, en principio, as leccións dos manuscritos, en face das anteriores edicións que pretendían xeneralizar o esquema rimático da estrofa I, feito que condicionou diversas e múltiplas intromisións no texto transmitido polos manuscritos. Por outra banda, a coexistencia de tres esquemas rimáticos (documentados pola editora lisboeta, véxase Correia 2021: 73-74), permite fixar a real presenza dunha fiinda, por máis que esta non presente a habitual maiúscula inicial na copia de BV.
Nesta cantiga, o trobador contrapón a metafórica cegueira de D. Estevan (que non é tal, tal como se deriva da estrofa III) coa súa alta capacidade auditiva, xogos que deben ser interpretados á luz das loitas políticas en que o arcebispo de Braga se viu inmerso, con fidelidades e traizóns no proceso de substitución de Sancho II por Afonso III. De todos os xeitos, nótese o xogo coa cantiga 1424 (de Estevan Soarez Coelho), onde D. Estevan non vee nemigalha.
Con certa frecuencia os manuscritos presentan a forma reducida e proclítica Estevan cando a métrica solicita a forma cuadrisilábica Estevão (véxase tamén 1492.1 e 8, 1493.1, 1494.1 e 15, 1498.1), nome descendente de Stephănu. Tal vacilación tamén se percibe entre Foão e Foan (do ár. fulān) e, mesmo, entre vilan e vilão (do lat. vīllānum)2
. Cfr. nota a 1332.5 e 115.12.
En calquera caso, non é posíbel restaurar a isometría con gran[de] en posición prevocálica (Lorenzo Gradín & Marcenaro), forma inexistente na lírica trobadoresca nesa posición.
Nótese a acumulación de termos relacionados co ámbito xurídico nesta primeira estrofa: entençon, v. 1; preito, v. 2; razon, v. 6.
A forma foi é tamén P1 de pretérito de seer (e de ir): a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).
A locución adverbial modal a feito (tamén nos vv. 8 e 15) conta con poucas documentacións no corpus trobadoresco (6.5, 1201.9, 1334.16). De todos os xeitos, a feito é sinónimo de a eito, e o seu significado fundamental no corpus profano é ‘decote, sen interrupción, sempre’, tal como na lingua moderna en galego, onde ten ese mesmo valor xunto co de ‘todo seguido, sen deixar nada atrás, sen escoller’ (véxase RILG, s.v. afeito; DRAG, s.v. feito). Véxase CGPA, s.v. affeito, a feito, a feyto etc.
A acaída proposta de Correia, coa restauración da palabra rimante non no v. 8 evita intromisións no texto manuscrito que en anteriores edicións provocaron unha profunda refacción destes versos. Nótese, ademais, a presenza da sinalefa oi‿eu (cfr. i‿eu, 32.17; vi‿eu, 1400.1), que evita a hipermetría versal.
A hipometría do verso indica a ausencia de unha sílaba, que Correia consegue con ve[e]des, ao tempo que trocou o orixinal quanto por quando, condicionada pola interpretación da lección açon como a son.
Porén, a gradación expositiva da cantiga indica que resulta preferíbel optar por ja-quanto ‘un pouco’ para resolver o verso, pois o emisor ouviu dicir de D. Estevan: a) que sodes cego a feito (vv. 4-5); b) que non sodes cego a feito (vv. 8-9); c) que vedes ja-quanto (vv. 13-14). A gradación entre ser cego decote, non ser cego sempre e ver un pouco (ja-quanto) semella perfecta para indicar os vaivéns políticos de Joan Viegas.
O pronome indefinido ja-quanto, nacido da aglutinación de ja e quanto, equivalente a ‘algo, un pouco’, ten certo uso na lingua trobadoresca (347.9, 395.6, 461.4, 559.14, 1388.14, 1508.11, 1529.14, 1555.22 e 1605.6) e, en xeral, na lingua medieval. Cfr. nota a 33.14.
Por outra parte, a palabra rimante do v. 16 constitúe o núcleo editorial do verso (e da estrofa) por canto achamos que é un hapax na produción medieval. Ângela Correia, perante a dificultade interpretativa de <açon> de BV recorreu á locución a son. Tal expresión é de problemática existencia («uma invenção de Roi Queimado», en palabras de Correia 2021: 81) por máis que a estudosa portuguesa procurou en todas as fontes todo tipo de xustificación semántico-editorial para esa opción, buscando confirmación na fiinda, onde o sarmon sería a ironía final alusiva aos ronquidos de Joan Viegas de Portocarreiro.
Non obstante, na lexicografía galega achamos dúas formas que condín coa letra dos códices. En primeiro lugar, asón ‘tirizó’, voz recollida nun glosario procedente do Grove, territorio seseante que explica a presenza de [s]; en segundo lugar, azón, forma documentada xa no século XVIII polo Padre Sobreira, con significado (metafórico) de ‘calquera cousa pequena’ (véxase RILG, s.v. asón, azón). Con efecto, açon debe ter o sentido recollido por Sobreira a partir do lat. hordeum ‘tirizó’, orixe de tirizó e doutras variantes fonéticas rexistradas en territorio galego (cfr. orizó, ourizó, ourizón, arizol, arizolo, tirizol etc.).
Lopes e Littera propoñen un inexistente artom, explicado como «arteiro, ou seja, astuto, manhoso, aqui no duplo sentido de malfeitor (D. Estêvão faria a ronda nocturna na caça aos malfeitores), mas também de homossexual».
Para alén da aparición de confunda en 115.27 (véxase nota), na lingua da poesía trobadoresca profana é xeral a forma cofonder, con evolución [nf] > [f] (véxase Ferreiro 1999: §101e), similar á variación inferno ~ iferno (véxase nota a 379.11), sendo minoritaria a forma máis conservadora confonder (só en 203.8, 216.10, 1050.5, 1224.15, 1407.6 e 1650.14). Con todo, a variación cofonder ~ confonder aparece con frecuencia nos cancioneiros: cofonder A vs. confonder B (197.28, 216.19), cofonder B vs. confonder A (194.7, 203.8, 216.10), cofonder B vs. confonder V (990.11, 1050.12, 19 e 22, 1497.19), cofonder V vs. confonder B (990.12, 1224.15, 1650.14). Cfr. nota a 379.11.
Só achamos a variante disimilada sarmon (tamén en 1486.9) no Livro das Tres Vertudes. A Insinança das Damas, de mediados do século XV: A outra he que ella seja louuada. delles em seus sarmõões (cfr. CGPA, s.v., ed. Crispim). De todos os xeitos, é un vocábulo do ámbito relixioso-eclesiástico, cuxa presenza nesta composición aínda deberá ser clarificada.
Estas formas lembran outras vacilacións, como capelan / capelão (nas cantigas só se rexistra a primera, talvez a través do prov.; cfr. lat. cappellanum) ou ermitan / ermitão (só a segunda; cfr. a primeira nas CSM).