1404 [= RM 148,13]
O demo m’ouvera oj’a levar

O demo m’ouvera oj’a levar
a ũa porta d’un cavaleiro
por saber novas, e o porteiro
foi-lhi dizer que querria jantar,
e el[e] tornou logo sa via
con dous cães grandes que tragia,
que na porta m’ouveran de matar.
E começava-os el d’arriçar
de tra-la porta d’un seu celeiro,
un mui gran can negr’e outro veiro;
e começavan-s’a mí de touçar
en cima da besta en que ia,
e jurand’eu: «Par Santa Maria,
por novas vos quisera preguntar».
Tres cães eran grandes no logar,
mais non saío o gran fareleiro;
mais os dous que sairon primeiro
non lhis cuidei per ren a [e]scapar;
pero jurava que non queria
ali decer, tanto mi valia
como se dissess’: «Ala quer’entrar».
E dix’eu logo, pois m’én partia:
«Sei-m’eu que assi convidaria
o coteife peideir’en seu logar».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscrits


B 1385 (f. 296r, col. b, 296v, col. a), V 994 (f. 159r, col. a)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edicions


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 610-611 [= LPGP 925]); Lopes (2002: 447); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 237-238); Littera (2016: II, 492).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 341); Braga (1878: 187); Machado & Machado (1958: VI, 122).
III. Antoloxías: Landeira Yrago (1975: 131-132); Tavares & Miranda (1987: 267-268); Diogo (1998: 116).

Variants manuscrites


3 porteiro] porteyto B   4 querria] queiria B   8 começava ... arriçar] comecaua ... airicar B   11 começavan] comecauā B; touçar] toucar B : couçar V   13 jurand’] uirando V   14 om. B   15 eran] etā V   16 fareleiro] faleyro V   17 sairon primeiro] saycō p̃meyro V   19 jurava] uiraua V   20 decer] dezer V   21 Ala] al(h)a V   24 coteife] coyteffe B : coteysse V; peideir’en seu] peydeytēssen V; logar] logwr B

Variants editorials


5 el[e] tornou logo sa via] el tornou logo [a] sa via Lorenzo Gradín & Marcenaro : el tournou[-se] logo sa via Littera   11 touçar] couçar Lapa, Lopes, Lorenzo Gradín & Marcenaro, Littera   16 saío] saiu Lapa, Lopes, Littera   20 mi] me Lapa, Lopes, Littera   23 m’] m[i] Lopes; que] quen Lapa

Paràfrasi


(I) O demo levoume hoxe á porta dun cabaleiro por saber unhas novas, e o porteiro foille dicir que eu querería xantar, e el veu de volta logo con dous cans grandes que traía, que na porta me houveron de matar.
(II) E el comezaba a encirralos desde detrás da porta dun seu celeiro, un can moi grande negro e outro pinto; e comezaban a botarse a min en cima da besta en que ía, e eu xurando: «Por Santa María, queríavos preguntar por unhas novas».
(III) Tres grandes cans había no lugar, mais non saíu o gran fareleiro; pero por nada pensei escapar dos dous que saíron primeiro; aínda que xuraba que non quería baixar da egua alí, tanto me valía como se dixese: «Alí quero entrar».
(1) E dixen eu logo, cando de alí me ía: «Sei eu que así me convidaría o cabaleiro vilán na súa casa».

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 10’a 9’b 9’a 10a 9’c 9’c 10a (= RM 161:218) + 9’c 9’c 10a
Encontros vocálicos: 16 sa·i͜o

Notes


Text
  • 5

    Existen varias posibilidades para nivelar metricamente o verso: optamos pola variante pronominal ele dado que sa via nunca se constrúe coa preposición a, tal como mostra o compacto uso medieval de ir(-se) sa via en todo tipo de obras.

  • 8

    Nesta pasaxe, arriçar ten o significado de ‘encirrar’. Con todo, de novo se reitera a sorprendente –e significativa– concorrencia que se produce no corpus das cantigas profanas entre o verbo arriçar (ou arrizado) e o verbo peer (e/ou peido e peideiro): 1390, v. 3 (arrizado), v. 6 (peer, peeu), v. 10 (peer), v. 13 (peeu), v. 16 (peer), v. 20 (peeu); 1404, v. 8 (arriçar), v. 24 (peideiro); 1529, v. 6 (peeu), v. 13 (peidos), v. 14 (arrizado), v. 20 (peidos), v. 27 (peeu); 1585, v. 3 (arrizado), v. 7 (peideiro), v. 13 (peendo), v. 15 (arrizado), v. 18 (peeu), v. 20 (peeu), v. 21 (peeu). As únicas excepcións son UC 1507 (arriçar) e mais UC 1474 e 1497 (peer).

  • 10

    O can veiro era un can con cores variadas, como corresponde á orixe latina do adxectivo (< varium).

  • 11

    A partir das leccións manuscritas <toucar> B, <couçar> V, cos banais lapsos de copia <c>/<ç> en B e <c>/<t> en V, fixamos a voz touçar, co significado de ‘empinarse ou levantarse un animal sobre as patas traseiras’, tal como pode facer unha cabalaría, ou un can encirrado para atacar. Esta lectura contrasta vivamente coas anteriores propostas, todas elas a propor couçar na esteira de Manuel Rodrigues Lapa: «Por couçar deverá entender-se: ‘Ir no encalço, ladrando atrás do cavalo’»1 .
    Na lingua medieval só achamos unha atestación da variante atouçar no Livro da Ensinança de Bem Cavalgar Toda Sela de D. Duarte: 

    Hũa he, quando andar a cavallo fazedor, ou quiser fazer cousa duvydosa, sempre mostre boa, leda contenença, e queda. E nom porem tanto sobejo que conheçam que he contrafeita; por que, se fosse por tal conhecida, mais mostraria myngua que avondança della. Outra que se atouçar ou saltar algũu salto, ou contornar, ou de ssy o cavallo aspero fezer, algũas vezes venha com a maão passamente a correger o capello ou cynta ou roupa, dando a entender que daquello ha mayor sentido que de sse teer firme, mostrando que de todo o que a besta faz tem pequena conta (Piel 1986: 63). 

    O editor do texto atribúelle o significado de ‘alvorar, empinar-se’, que condí co texto de Roi Queimado, onde os cans semellan atacar ao cabaleiro, nese momento en cima da besta.
    Este mesmo significado (aplicado só aos cabalos) é tamén recollido por Marcial Valladares no século XIX: “Piafar, alzar las manos el caballo, dejándolas caer con fuerza casi en el mismo sitio de donde las levantó”; e, por outra parte, no Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués, atouzar é dicionarizado co significado de ‘ladrar o can cando descobre a caza, encirrar’ e acepcións relacionadas (véxase RILG, s.v. touzar, atouzar).

  • 16

    A representación gráfica da desinencia da P3 de pretérito indicativo dos verbos da terceira conxugación (saío) oscila entre a esmagadoramente maioritaria -iu e a esporádica -io, mostra dunha vacilación inicial que aínda se conserva nalgúns territorios galegos. Cfr. nota a 302.14. De calquera xeito, nas cantigas ambas as representacións (-iu/-io) implican unha mesma realidade fonolóxica e métrica, como mostran os casos de rimas entre -io e -iu (véxase, por exemplo, 614.1-8), ou aqueloutras situacións en que se produce variación desta desinencia en estruturas paralelísticas (véxase 583.8) ou no refrán (véxanse 592.r1, 1336.r, 1361.r2-r3).
    O fareleiro alude a un can de cor clara, da cor do farelo (cfr. cast. harinero aplicado aos cans desta cor). Nótese que a definición lapiana ("un cão muito feroz"), de tipo contextual, pasou a Lopes e a Littera ("grande cão de guarda").

  • 20

    Lémbrese que nas cantigas profanas só aparece o verbo decer, fronte ás Cantigas de Santa Maria, onde conviven decer e decender (e mais descender). 

  • 24

    Coteife ‘soldado inferior, cabaleiro vilán’ é unha voz de orixe árabe que con frecuencia se liga a nojoso e a vilão ou vilan (véxase 115.13-16); é case exclusivamente utilizado por Afonso X en composicións escarniñas (459.4, 460.28 e, sobre todo, 477, vv. 1, 5, 6, 11 e 489, vv. 6, 7, 13, 19, 25, 31), para alén de Roi Queimado, Juião Bolseiro (371.24) e Joan Soarez Coelho (1434.19).
    Non achamos documentación ningunha de peideiro/a fóra da lírica profana, con todas as súas ocorrencias nas cantigas de escarnio, xeralmente en feminino. Véxanse as outras atestacións do adxectivo: 

                          ...«Per este sinal
    nom’ei de Negra, e muit’outro mal
    ei [e ei] per i preço de peideira» (1428.28, Pero Garcia Burgales).

    e Lopo Gato, esse filho da freira,
    que non á antre nós melhor lança per-peideira (1489.58, Afonso Lopez de Baian).

    e punhade sempr’en [a] guarecer,
    ca [vós] en talho sodes de peideira (1518.14, Joan Garcia de Guilhade).

    e, ante luz, acharon-no peideiro (1585.7, Pero d’Ambroa).

    des que fui nado, quig’eu sempre mal
    a velha fududancua peideira (1597.24, Afons’Eanes do Coton).

    Este cualificativo, aparentemente só utilizado na poesía satírica, foi dicionarizado por Bento Pereira, cunha escuálida definición: Peideiro, ou peidorro. Crepitans, tis (cfr. CLP, s.v. peideiro).

  1. ^

    Na versión electrónica de Littera couçar xa é substituída por touçar, seguindo a proposta de Ferreiro (2012d).

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat