1287 [= Tav 93,3]
Como vivo coitada, madre, por meu amigo

Como vivo coitada, madre, por meu amigo,
ca m’enviou mandado que se vai no ferido,
e por el vivo coitada!
Como vivo coitada, madre, por meu amado,
ca m’enviou mandado que se vai no fossado,
e por el [vivo coitada!]
Ca m’enviou mandado que se vai no ferido,
eu a Santa Cecilia de coraçon o digo,
e por el vivo [coitada!]
Ca m’enviou mandado que se vai no fossado,
eu a Santa Cecilia de coraçon o falo,
e por el vivo [coitada!]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1270, V 876

A estrofa IV falta no Cancioneiro da Biblioteca Nacional por salto de igual a igual (de digo, v. 8, a falo, v. 11).

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 435 [= LPGP 616-617]); Lopes (1963: 56); Cohen (2003: 505); Littera (2016: II, 87).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 300); Braga (1878: 164); Machado & Machado (1956: V, 384); Monteagudo (1998b: 135); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 36-37); Nemésio (1961 [1949]: 168); Piccolo (1951: 81); Nunes (1959: 352); Álvarez Blázquez (1975: 115); Landeira Yrago (1975: 74); Torres (1977: 294); Pena (1990: 90); Ferreira (1991: 95); Jensen (1992: 216); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 162).

Variantes manuscritas


1 Como] EComo V   4 por meu amado] pre meu amigo B   8 digo] falo B

Variantes editoriais


8 Santa] Sancta Lopes   11 Santa] Sancta Lopes

Paráfrase


(I) Como vivo coitada, madre, polo meu amigo, que me enviou noticias de que vai á guerra, e por el vivo coitada!
(II) Como vivo coitada, madre, polo meu amado, que me enviou noticias de que vai á batalla, e por el vivo coitada!
(III) Porque me enviou novas de que vai á guerra, eu a Santa Cecilia llo digo de corazón, e por el vivo coitada!
(IV) Porque me enviou novas de que vai á batalla, eu a Santa Cecilia lle falo de corazón, e por el vivo coitada!

Métrica


Esquema métrico: 4 x 13’a 13’a 7’a (= Tav 26:34)

Encontros vocálicos: 2 en·vi·ou; 5 en·vi·ou; 7 en·vi·ou; 8 Ce·ci·li͜a; 10 en·vi·ou; 11 Ce·ci·li͜a

Notas


Texto
  • *

    Nesta cantiga de Martin de Giinzo, o dístico inicial presenta rima asoante ou toante, que se rexistra nun grupo significativo de cantigas de amigo (ou similares), todas elas de teor tradicionalizante. Véxanse diversas composicións de Don Denis (583584585586606609), Fernan Rodriguez de Calheiros (647), Nuno Fernandez Torneol (656), Joan Soarez Coelho (704), Afonso Sanchez (781), Paai Gomez Charinho (813839), Meendinho (848), Airas Nunez (864870), Roi Fernandiz de Santiago (903), Pero Gonçalvez de Portocarreiro (920922), Nuno Porco (1130), Joan Zorro (11611163116511661167116811691170), Pero Meogo (1204120512061208), Martin Codax (12951296129712981300) ou Fernand’Esquio (1314).

  • 2-5

    Os substantivos ferido e fossado (‘expedición guerreira’) aparecen tamén na cantiga 813, de Paai Gomez Charinho, en correlación sinonímica: ca m’enviou mandado que se vai no ferido (vv. 2, 7), ca m’enviou mandado que se vai no fossado (vv. 5, 10).
    Para alén destes rexistros, achamos fossado en pleno período trobadoresco nun documento de 1262: Que as duas partes dos caualeiros uaã en ffossado. τ a terça parte remaesca no Castello. τ hũa uez façã fossado no Ano. E quẽ nõ for no fossado peite por foro .v. soldos. por fossadeira [...] E todolos Caualeiros que forẽ ĩ fossado ou ĩ guarda todolos Caualeiros que se perderẽ en algara ou en Lide. primeiramente seiã cobrados sen quinta τ depoes seia dada a quinta ao senor da terra. derectamente (cfr. CGPA). Tamén se rexistra na chancelaría portuguesa de D. Afonso IV (1341): E tenho por bem e mando que a aiam por firme e por stauil saluo en aquel agrauo en que dizem que o dicto. Meestre. os Costrenge que uaam com ele en hoste e ou fossado en que mando que nom vãao ala sem veendo sobr esto meu spiçial mandado ... Primeiramente dizia o dicto Conçelho. que o dicto meestre e Conuento os constrengia que ffossem com o dicto Meestre e Conuento en hoste e en fossado e fazer guerra sen mandado del Rey. dizendo o dicto Concelho que o nom deuyam fazer (cfr. CGPA). Finalmente, e nos límites cronolóxicos da Idade Media, fossado aparece tamén en documentos foraleiros da Chancelaria de D. Dinis-Bragança (1500?): E mando que as molheres uíuuas nen os orffãos nõ uaã en fossado n en hoste ata que os orffãos chegu a quĩze Anos (cfr. CdP, s.v. fossado).

  • 8

    Neste verso, como noutras pasaxes de Martin de Giinzo, aparece a referencia a Santa Cecilia, unha ermida dedicada a esta santa, aínda sen identificar, probabelmente ligada tamén a Soveral (act. Sobral), lugar da parroquia de Xeve, no concello de Pontevedra (Galiza), moi próximo a Bagüín, no concello de Marín (véxase cantiga 1292). Por outra parte, Souto Cabo (2018: 88) relaciona o xograr coa parroquia de Xinzo (concello de Ponteareas), onde hai un lugar actualmente denominado Sobral (nome de diversos lugares no sudoeste galego).

    Santa Cecilia, forma presente en todas as cantigas de Martin de Giinzo, agás na última (talvez incompleta), mostra unha forma antroponímica discutida por Montero Santalha (2004), que apunta a posibilidade de Cecilia contituír unha corrección latinizante nos cancioneiros, razón por que propón a emenda Cecia: «É uma modificação que, embora insegura, me parece mais provável que a opção de manter a lição dos manuscritos [...]. Por diversos motivos considero que Cecia devia de ser a forma empregada originariamente pelo trovador, e que a forma Cecília reflectirá uma correcção de influxo culto realizada no processo de transmissão textual. Com efeito, Santa Cecia é forma usada em documentos medievais e que ainda pervive hoje».
    No entanto, é sistemático o uso desta forma nas cantigas de Martin de Giinzo, e varias veces en rima: dia : Cecilia  (1288.1-3, 1290.1-2, 1291.1-2), romaria : Cecilia (1289.1-2), Cecilia : queria (1289.11-12).
    No que di respecto á documentación medieval, só achamos Cezia nun documento de 1289 (véxase TMILG, s.v.): Item aa ygregaa de Santa Cezia et da uila I doezema que (...) XV soldos de leoneses. As restantes atestacións levan á forma Cecilia (en dia de Santa Cecilia en pã e uino; doc. de mediados do s. XIII) e a Cezilia (Cezilia Afonso; doc. de 1453), forma que tamén aparece nun texto da Chancelaría de Dom Duarte, xunto coa variante Cezilha (cfr. CdP, s.v.). Canto ás Cantigas de Santa Maria, rexístrase só a forma Cezilla:
              E trouxe dous menynnos
              sig’, aquel fill’e hũa filla;
              e macar pequenỹos
              eran, por los de peccadilla
              tirar, en Santa Cezilla,
              na pia sagrada,
              os fez dessa vegada
              A Madre de Deus onrrada ... (CSM 89.74).

    De calquera forma, é sistemática a presenza desta forma nas cantigas de Martin de Giinzo, e varias veces en rima: dia : Cecilia  (1288.1-3, 1290.1-2, 1291.1-2), romaria : Cecilia (1289.1-2), Cecilia : queria (1289.11-12).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado