1252 [= Tav 112,2]
Foi-s’o namorado

Foi-s’o namorado,
madr’, e non o vejo,
e viv’én coitado,
e moiro con desejo:
torto mi ten ora
o meu namorado,
que tant’alhur mora
e sen meu mandado.
Foi-s’el con perfia
por mi fazer guerra;
nembrar-se devia
de que muito m’erra:
torto [mi ten ora
o meu namorado,
que tant’alhur mora
e sen meu mandado].
De pran con mentira
mi andava sen falha,
ca se foi con ira;
mais, se Deus mi valha,
torto [mi ten ora
o meu namorado,
que tant’alhur mora
e sen meu mandado].
Non quis meter guarda
de min, que s’er ia,
e quant’ala tarda
é por seu mal dia:
torto mi ten ora
[o meu namorado,
que tant’alhur mora
e sen meu mandado].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 

Manuscritos


B 1236, V 841

Coa excepción dos vv. 19-20, a cantiga aparece disposta en versos longos en B; en V, só a estrofa I.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 407-408 [= LPGP 707-708]); Cohena (2003: 471); Littera (2016: II, 209); Cohenb (2016b: 22).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 289-290); Braga (1878: 159); Machado & Machado (1956: V, 350-351); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 50-51).

Variantes manuscritas


2 non o] no V   9 perfia] perfio V   10 guerra] gueira B   11 nembrar-se] nen orasse V; devia] denya B   12 erra] eira B   17 pran] prã B   27 quant’ala] ꝙwtalha B : ꝙ̄tela V

Variantes editoriais


Cohen (e Littera), con versos hendecasilábicos, estabelece estrofas de catro versos, dous na cobra e dous para o refrán.

3-4 viv’én coitado, / e moiro] viv’eu coitado, / e moiro Nunes : viv’ én coitado, |e| moiro Cohen : viv’en coitad’, e moiro Littera   26 de min, que s'er ia] de min que seria Nunes, Cohena, Cohenb, Littera

Paráfrase


(I) Foise o namorado, madre, e non o vexo, e (el) vive por iso coitado, e (eu) morro con desexo: inxusto é comigo o meu namorado, que mora tan lonxe sen o meu mandado.
(II) Foise con teimosía por me facer guerra; debíase lembrar do moito que erra: inxusto é comigo o meu namorado, que mora tan lonxe sen o meu mandado.
(III) Abofé que me mentía, sen dúbida, pois foise irado; mais, así me valla Deus, inxusto é comigo o meu namorado, que mora tan lonxe sen o meu mandado.
(IV) Non quixo gardarme, porque se ía, e canto alá tarde é pola súa desgraza: inxusto é comigo o meu namorado, que mora tan lonxe sen o meu mandado.

Métrica


Esquema métrico: 5’a 5’b 5’a 5’b 5’C 5’A 5’C 5’A (I) + 5’a 5’b 5’a 5’b 5’C 5’D 5’C 5’D (II-IV [= Tav 112:8])

Encontros vocálicos: 3-4 coitado/‿e; 18 mi‿andava

Notas


Texto
  • *

    A composición aparece disposta en versos longos nos códices (coa excepción dos vv. 19-20), e Cohen, seguido por Littera, acepta a indicación de Lapa relativa á conformación formal da cantiga en versos de 11 sílabas (Lapa 1982: 189-190). No entanto, e como noutras ocasións, aplicamos o principio da rima como elemento estruturador do texto, de modo que, seguindo Nunes, dispomos a cantiga en versos pentasilábicos graves.

  • 3

    Respectamos estritamente a lección dos manuscritos, aínda que podería pensarse en que, cos erros <n>/<u> e <t>/<d>, o verso podería ter outras posíbeis lecturas: e viv’en coidado (proposta de Montero Santalla 2000: III, 601) ou, mesmo, e viv’eu coitado.

  • 4

    Fronte á emenda de Cohen, que elimina a copulativa (coa disposición en verso longo ben podería pensar na sinalefa coitadoe), mantemos a conxunción, xa que unha episinalefa coitado/e permite recuperar a isometría.

  • 26

    A nosa lectura baséase na segmentación s’er ia (vs. seria), pois o texto na súa versión tradicional (Nunes, Cohen, Littera) conleva un problema de interpretación (*Non quis meter guarda de min que seria...); co verbo irse, o período ten plena coherencia:
              Non quis meter guarda
              de min, que s’er ia,
              e quant’ala tarda
              é por seu mal dia.

  • 27

    Fronte á moi rara grafía <nh> por <n> (véxase nota a 1015.7), o erro gráfico <lh>/<l> aparece con algunha frecuencia ao longo dos dous cancioneiros italianos (con maior incidencia en V), e moi especialmente nun pequeno número de voces: ali <ali> A, <alhi> B (313.10); <alhy> B (466.19); <a(lhy)ly> B, <aly> V (1317.15); <aly> B, <alhy> V (1473.15); <ali> B, <alhi> V (1479.3); o pronome persoal tónico de P3: eles <elhes> B, <elles> V (489.17); ela <elha> B, <ela> V (632.18); elas <elhas> BV (1205.7); elos <elhꝯ> BV (1205.10); o verbo falar, con diversas formas: falar <falar> B, <falhar> V (599.5); <falar> AB, <falhar> V (996.17); <falhar> V (1010.13); <falar> B, <falhar> V (1033.7); fala <fala> B, <falha> V (958.19); fale <fale> B, <falhe> V (722.11); e o substantivo vassalo(s): <uassalos> B, <uassalhos> V (925.13); <vassalo> B, <ua ssalho> V (1503.10). Noutros vocábulos, a aparición de <lh> por <l> é moito máis esporádica: ala <alha> B, <ela> V (1252.27); camela <camelha> V (1449.16); olas <olhas> B, <olas> V (1634.8); velida <uolhi da> BV (676.12) etc.

  • 28

    É de sinalar a construción por meu / seu mal dia ‘pola miña / súa desgraza’, que moi limitadamente se localiza no corpus trobadoresco (só se rexistra en 4.4, 172.18, 179.11 e 24, 1210.2 e 1252.28), onde é moitísimo máis frecuente por meu mal, por seu mal etc.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado