1135 [= Tav 123,3]
Assanhei-me-vos, amigo, per bõa fe, con sandece

Assanhei-me-vos, amigo, per bõa fe, con sandece,
como se molher assanha a quen lho nunca merece;
mais, se mi vos assanhei,
desassanhar-mi-vos-ei.
 
 
 
 

Manuscritos


B 1133, V 724

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 325 [= LPGP 806]); Cohen (2003: 359); Littera (2016: II, 337).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 254); Braga (1878: 138); Machado & Machado (1956: V, 197).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 54).

Variantes manuscritas


1 bõa] boa V; sandece] sādice BV   2 molher] moher B   4 desassanhar] de sanssanha r V

Variantes editoriais


En Nunes os vv. 1-2 divíndense en versos heptasilábicos graves.

1 bõa] boa Nunes

Paráfrase


(I) Asañeime contra vós, amigo, en verdade, por tolaría, como se asaña muller con quen llo nunca merece; mais, se me asañei contra vós, héimevos desasañar.

Métrica


Esquema métrico: 15’a 15’a 7B 7B (= Tav 37:11)

Notas


Texto
  • *

    Cantiga fragmentaria.

  • 1

    Repárese na aparición de <sādice> en BV como palabra rimante con merece, que evidencia o erro de copia nos apógrafos italianos, onde nesta voz é xeral a variante do sufixo -ice, fronte a -ece, máis común no Cancioneiro da Ajuda. Véxase nota a 3.11.

  • 2

    A rima con sandece indica que a P3 do presente de indicativo de merecer aínda se pronunciaba con /e/, pronuncia que na lingua moderna mudou para /ɛ/, como corresponde a un verbo semirregular de segunda conxugación, por máis que nalgunha rexión galega se manteña aínda a pronuncia fechada. 

Buscar
    Non se atopou ningún resultado