1122 [= Tav 122,2]
Deu-lo sabe, coitada vivo máis ca soia

Deu-lo sabe, coitada vivo máis ca soia,
ca se foi meu amigo e ben vi, quando s’ia,
ca se perderia migo.
E dissera-lh’eu, ante que se de min quitasse,
que se veesse cedo, e, se ala tardasse,
ca se [perderia migo].
E dissera-lh’eu, ante que se de min partisse,
que, se muito quisesse viver u me non visse,
ca se [perderia migo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 

Manuscritos


B 1120, V 711

B non recolle a esperada copia (abreviada) do refrán na segunda estrofa, de modo que a apostila colocciana tornel foi colocada erroneamente no inicio do segundo hemistiquio do v. 5.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 319-320 [= LPGP 803]); Cohen (2003: 351); Littera (2016: II, 330).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 251); Braga (1878: 136); Machado & Machado (1956: V, 180);  Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 299); Álvarez Blázquez (1975: 183).

Variantes manuscritas


5 veesse] (h) veesse B; ala] ela V   6 om. B   7 min] mi V

Variantes editoriais


En Nunes todos os versos da cantiga son divididos en dous versos curtos hexasilábicos graves.

Paráfrase


(I) Sabe Deus que vivo máis coitada do que adoitaba, porque se foi o meu amigo e ben vin, cando se ía, que se inimizaría comigo.

(II) E dixéralle eu, antes de me abandonar, que viñese axiña e que, se alá tardase, que se inimizaría comigo.

(III) E dixéralle eu, antes de que partise, que, se quixese vivir moito tempo alí onde non me vise, que se inimizaría comigo.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 13’a 13’a 7’B (= Tav 26:35)

Notas


Texto
  • 8-9

    Obsérvese como se repite a conxunción completiva que tras unha frase parentética, coa particularidade de que se reitera coa forma ca, variante concorrente ao longo do corpus: E dissera-lh’eu, ..., / que, se muito quisesse viver u me non visse, / ca se [perderia migo].

Buscar
    Non se atopou ningún resultado