1110 [= Tav 64,20]
Os que non aman nen saben d’amor

Os que non aman nen saben d’amor
fazen perder aos que amor an;
vedes por que: quand’ant’as donas van,
juran que morren por elas d’amor,
e elas saben pois que non é assi,
e por esto perç’eu e os que ben
lealmente aman, segundo meu sén.
E aqueles que ja medo non an
que lhis faça coita sofrer Amor,
veen ant’elas e juran melhor
ou tan ben come os que amor an,
e elas non saben quaes creer,
e por [esto perç’eu e os que ben
lealmente aman, segundo meu sén].
E os ben desamparados d’Amor
juran que morren con amor que an,
seend’ant’elas, e menten de pran;
mais, quand’ar veen os que an amor,
ja elas cuidan que veen mentir,
e por esto perç’eu e os que ben
[lealmente aman, segundo meu sén],
ca, se elas soubessen os que an
ben verdadeiramente grand’amor,
d’alguen se doeria sa senhor;
mais, por aqueles que o jurad’an,
cuidan-s’elas que todos taes son,
e por esto perç’eu e os que ben
[lealmente aman, segundo meu sén].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


B 1108, V 699

En BV a estrofa IV aparece colocada como estrofa II.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 488-489); Zilli (1977: 76-77 [= LPGP 420]); Littera (2016: I, 476).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 246-247); Braga (1878: 134); Machado & Machado (1956: V, 157-158).
III. Antoloxías: López-Aydillo (1914); Nemésio (1961 [1949]: 52-53); Torres (1977: 70-71); Gonçalves & Ramos (1983: 236); Alvar & Beltrán (1989: 210); Sansone (1990: 90-92); Ferreira (1991: 44-45); Jensen (1992: 148); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 89); Alvar & Talens (2009: 486); Fidalgo (2009: 72); Souto Cabo (2017: 117).

Variantes manuscritas


4 morren] moirē B   5 saben] sabeu V; é assi] e ssy V   6 perç’eu] perzeu V   9 faça] faca B : faza V   10 juran] uiran V   12 saben] sabeu V   15 desamparados] desenparad V   16 morren] moirā B   17 pran] prā B   23 ben] Be B   25 jurad’an] uiradam V   26 todos] to\d/ V

Variantes editoriais


En Nunes e en Zilli as estrofas presentan unha orde diferente (I-III-IV-II).

5 é assi] é ssy Nunes : é ‘ssy Zilli : é ‘ssi Littera   7 lealmente] lealment(e) Nunes   9 Amor] amor Nunes, Zilli, Littera   10 veen] vẽen Zilli : vêm Littera   14 lealmente] lealment(e) Nunes   15 desamparados] desenparados Nunes : desanparadus Zilli; Amor] amor Nunes, Zilli, Littera   18 veen] vẽen Nunes, Zilli : vêm Littera   19 veen] vẽen Nunes, Zilli : vêm Littera   21 lealmente] lealment(e) Nunes   26 todos] todus Zilli   28 lealmente] lealment(e) Nunes

Paráfrase


(I) Os que non aman nin saben de amor fanlles perder aos que están namorados; vede por que: cando van ante as mulleres xuran que morren de amor por elas, e elas saben despois que non é así, e por isto perdo eu e os que ben lealmente aman, segundo o que eu penso.

(II) E aqueles que xa non teñen medo de que Amor lles faga sufrir coita, veñen ante elas e xuran mellor ou tan ben como os que están namorados, e elas non saben a cales crer, e por isto perdo eu e os que ben lealmente aman, segundo o que eu penso.

(III) E os abandonados de Amor xuran, estando ante elas, que morren do amor que senten, e menten claramente; mais cando veñen tamén os que están namorados, elas pensan que veñen mentir, e por isto perdo eu e os que ben lealmente aman, segundo o que eu penso, (IV) porque se elas coñecesen os que verdadeiramente senten grande amor, de alguén se apiadaría a súa señora; mais por causa daqueles que o xuraron (falsamente), pensan elas que son todos iguais, e por isto perdo eu e os que ben lealmente aman, segundo o que eu penso.
 

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10D 10D (= Tav 176:1)

Encontros vocálicos: 5 é‿assi; 6 lealmente‿aman; 12 lealmente‿aman; 18 lealmente‿aman; 24 lealmente‿aman

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga trata un tema inhabitual: o do amor verdadeiro, ou, máis concretamente, a dificultade de distinguir os embaucadores que falsamente xuran estar namorados, dos que aman real e lealmente. O texto argumenta sobre o prexuízo que a actitude dos primeiros causa aos últimos, pois as damas, por se precaveren daqueles non aceptan o amor verdadeiro destes.

    O desenvolvemento conceptual da cantiga pide que a estrofa que ocupa o segundo lugar, de teor conclusivo, sexa colocada como estrofa IV: ao longo dos cancioneiros achamos algunhas mudanzas no relativo á ordenación das estrofas, tal como demostra a variación entre testemuños, nuns casos, ou, noutros casos, a evidente necesidade de reordenación polo leixa-pren.

  • 5

    O encontro é assi resólvese sempre coa aférese de ‘ssi (179.30, 218.8, 246.15, 258.22, 284.16, 374.5, 511.5, 893.23), ou, alternativamente, coa sinalefa é‿assi (509.7, 808.9, 1110.5, 1224.14, 1569.32). A única pasaxe en que existe dialefa en é assi achámola en 754.4. É por isto, pois, que non é admisíbel a aférese introducida por Nunes, Zilli e Littera.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado