1038 [= Tav 63,69]
Quer meu amigo de mí un preito

Quer meu amigo de mí un preito
que el ja muitas vezes quisera:
que lhi faça ben, e ja temp’era;
mas, como quer que seja meu feito,
farei-lh’eu ben, par Santa Maria,
mais non tan cedo com’el querria.
E digan-lhi por mí que non tenha
que lho vou eu por mal demorando,
ca el anda-se de mí queixando;
mais, como quer que depois venha,
farei-lh’eu ben, [par Santa Maria,
mais non tan cedo com’el querria].
El é por mí atan namorado
e meu amor o trag’assi louco
que se non pod’atender un pouco;
mais, tanto que eu aja guisado,
farei-lh’eu ben, par Santa Maria,
[mais non tan cedo com’el querria].
E, como quer que fosse, el querria
aver ja ben de min toda via.
E ben sei del que non cataria
o que m’end’a mí depois verria.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 

Manuscritos


B 1034, V 624

En B as fiindas foron numeradas por Colocci (i e ij).

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 283-284); Rodríguez (1980: 232 [= LPGP 404]); Cohen (2003: 568); Littera (2016: I, 458-459).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 222); Braga (1878: 119-120); Machado & Machado (1956: V, 31-32); Fernández Pousa (1959: 257).

Variantes manuscritas


3 que lhi faça] de lhi faza V   5 farei ] earey V   6 querria] queiria B   8 vou eu] non eu B : eu uou V   9 mí] mī V   13 por] pre V   17 farei] ffarrey V; Santa] sauta B; Maria] m̃ V   19 querria] queiria B   22 mí] min V; verria] ueiria B

Variantes editoriais


4 mas] ma[i]s Nunes   5 par] por Nunes   8 vou eu] eu vou Nunes, Cohen   9 mí] min Nunes   10 venha] [a]venha Nunes : [mi] venha Cohen, Littera   19 fosse el] foss’el Nunes   22 mí] min Nunes, Rodríguez, Cohen : mim Littera

Paráfrase


(I) O meu amigo quere de min un asunto, que el xa desexou previamente: que lle conceda o meu ben, pois xa é tempo; mais, como queira que sexa pola miña situación, concedereille o meu ben, por Santa María, mais non tan cedo como el querería.
(II) E díganlle da miña parte, pois anda queixándose, que non pense que llo demoro por mal; mais, como queira que despois aconteza, concedereille o meu ben, por Santa María, mais non tan cedo como el querería.
(III) El está tan namorado de min, e o meu amor o ten tan louco que non pode agardar nin un pouco; mais, en canto teña ocasión, concedereille o meu ben, por Santa María, mais non tan cedo como el querería.
(1) E, como queira que fose, el querería ter o meu favor de calquera maneira.
(2) E ben sei que el non consideraría o que por iso a min despois me viría.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 9’a 9’b 9’b 9’a 9’C 9’C (= Tav 160:304) + 2 x 9’c 9’c

Encontros vocálicos: 10 ma·is; 19 fosse,‿el

Notas


Texto
  • 4

    A aparición da variante reducida da adversativa mais indica que a forma mas, non é exclusiva dos textos copiados no Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 692.10), pois en BV presenta catorce ocorrencias (véxase tamén 733.15, 749.15, 789.6, 1046.10, 1201.10, 1225.4, 1245.6, 1246.22, 1282.10, 1387.13, 1432.21, 1573.5, 1652.29).

  • 9

    Neste verso localízase unha outra anómala posposición do clítico nunha cláusula causal introducida por ca (ca el anda-se de mí queixando), como acontece moi esporadicamente no corpus (véxase nota a 22.10). Neste caso a regulamentaria próclise pronominal provocaría un problema métrico polo encontro (con crase ou sinalefa) de se con anda.

    Na prosa pode acharse moi esporadicamente algún uso similar. et outrosi moy bõos pascos pera os gáándos, que rregauasse toda por pe ante que Deus destroysse aSsodoma et aGomorra por la maldade dos que em ellas morauã (Martínez López 1963: 190); tamén na Crónica Geral de Espanha de 1344: E el ouve dello grande pesar, ca amavaa muyto de coraçon (Cintra 1952-1990: IV, 442).

  • 10

    A partir da posibilidade de contaxe bisilábica de mais (Ferreiro 2016c), son desnecesarias as diversas emendas dos editores neste verso (Nunes, Cohen, Littera), todas inducidas polo aparente problema de hipometría.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado