1037 [= Tav 63,45]
O meu amigo forçado d’amor

O meu amigo forçado d’amor,
pois agora comigo quer viver
ũa sazon, se o poder fazer,
non dórmia ja mentre comigo for,
ca daquel tempo que migo guarir
atanto perderá quanto dormir.
E quen ben qu[is]er seu tempo passar,
u é con sa senhor, non dorme ren,
e meu amigo, pois pera min ven,
non dórmia ja mentre migo morar,
ca daquel tempo que migo guarir
[atanto perderá quanto dormir].
E, se lh’aprouguer de dormir ala
u el é, prazer-mi-á, per bõa fe,
pero dormir tempo perdud[o] é;
mais per meu grad’aqui non dormirá,
ca daquel [tempo que migo guarir
atanto perderá quanto dormir].
E, depois que s’el[e] de min partir,
tanto dórmia quanto quiser dormir.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1033, V 623

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 282-283); Rodríguez (1980: 229 [= LPGP 393]); Cohen (2003: 567); Littera (2016: I, 457-458).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 221-222); Braga (1878: 119); Machado & Machado (1956: V, 30); Fernández Pousa (1959: 256).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 294-295); Arias Freixedo (2003: 439-440); Magalhães (2007: 100).

Variantes manuscritas


9 min] mi V   10 dórmia] dorma V   14 prazer-mi-á] pezermha V   16 dormirá] dormital B

Variantes editoriais


1 forçado] forçad’é Nunes, Rodríguez   3 poder] puder Littera   7 E quen ben qu[is]er seu tempo passar] E quen [mui] ben quer seu tempo passar Nunes : E quen ben quer [o] seu tempo passar Rodríguez, Littera   9 min] mi Cohen, Littera   18 atanto] atando Rodríguez   19 s’el[e]] s[e] el Nunes, Littera

Paráfrase


(I) O meu amigo forzado de amor, xa que agora quere vivir comigo unha tempada, se o puider facer, non durma xa mentres estea comigo, pois dese tempo que viva comigo tanto perderá canto durma.
(II) E quen ben queira pasar o seu tempo, cando está coa súa señora non dorme nada, e o meu amigo, xa que vén para (xunto de) min, non durma xa mentres more comigo, pois dese tempo que viva comigo tanto perderá canto durma.
(III) E se lle prouguer de dormir alá onde el está, parecerame ben, abofé, aínda que durmir é tempo perdido; mais aquí non durmirá co meu consentimento, pois dese tempo que viva comigo tanto perderá canto durma.
(1) E despois que el se vaia de xunto de min, durma tanto canto queira dormir.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:86) + 10c 10c

Encontros vocálicos: 4 dór·mi͜a; 14 -mi͜; 10 dór·mi͜a; 20 dór·mi͜a

Notas


Texto
  • 1

    O verso non precisa emenda, pois é suxeito de dórmia: O meu amigo forçado d’amor, ... / ..., non dórmia ja mentre comigo for.

  • 7

    Para alén da correcta e usual concordancia temporal (quiser ... dórmia) nunha cláusula de relativo con valor condicional, a emenda quer > quiser xa está atestada con seguranza nun refrán de Joan Airas de Santiago (1034.18). Aliás, o sintagma meu / teu tempo, relativamente frecuente no corpus, nunca presenta o artigo. Véxanse algunhas mostras, entre outras posíbeis:

              ca melhor m’é ca tal vida viver
              e ca meu tempo tod’assi passar (424.14).

     

              E assi pode seu tempo passar,
              quando con prazer, quando con pesar (576.19-20).

     

              [e] oj’aquel que o rogar quiser
              por sí o rog’e leix’a min pas[s]ar
              as[s]i meu tempo, ... (625.5).

  • 10

    Nótese a variación de teor analóxico na forma dorma en V, fronte á variante máis común dórmia en B. Véxase nota a 652.9.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado