I. Edicións críticas: Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 143); Lapa (1970 [1965]: 443 [= LPGP 644-645]); Lopes (2002: 317); Littera (2016: II, 142).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 333); Braga (1878: 183); Machado & Machado (1958: VI, 101).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 392); Oliveira & Machado (1959: 132); Fonseca (1971: 118); Álvarez Blázquez (1975: 85); Torres (1977: 485); Gonçalves & Ramos (1983: 146); Tavares & Miranda (1987: 186); Alvar & Beltrán (1989: 122); Pena (1990: 232); Sansone (1990: 100); Jensen (1992: 232); Alonso Girgado (1992: 79); Pena (1993: 138); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 168); Arias Freixedo (2003: 636); Alvar & Talens (2009: 358); Souto Cabo (2017: 171).
1 un] \h/un V; jograr] iogral V 2 d’un] duū V; infançon] infancon B : infanzon V 3 mandou] mandeu V 4 tres couces na garganta] tres (tr) couces naguargāca B 7 infançon] infancon B 8 en don] entō BV 10 garganta] guargāta B
4 garganta] guarganta Bertolucci Pizzorusso 8 en don] enton Bertolucci Pizzorusso 10 garganta] guarganta Bertolucci Pizzorusso
(I) Un día o xograr Lopo foi cantar á casa dun infanzón e el mandoulle dar como pagamento tres couces na garganta, e foi mesquiño, ao meu parecer, segundo como el canta.
(II) Mesquiño foi o infanzón ao repartir os seus couces como recompensa, pois non lle deu a Lopo entón máis de tres na garganta, e máis merece o xograrón, segundo como el canta.
Esquema métrico: 2 x 8a 8a 8a 6’b 8a 6’B (= RM 13:57)
Encontros vocálicos: 11 merece‿o
A variación gráfica un / ũu rexístrase nun número limitado de contextos, en xeral coa forma un en B fronte a ũu en V: algun <algū> A, <algūu> B (130.15); un <hun> B, <huū> V (938.14, 1324.1 e 2, 1332.4, 1333.1, 1336.1, 1384.2, 1387.18, 1450.2 e 11, 1497.32) e <hū> B, <huū> V (1119.3 e 6)1 , xunto con ũu <huū> B, <hū> V (1641.11); <huū> B, <hun> V (1649.8); <uū> B, <un> V (1663.6).
A forma fui é tamén P3 de pretérito de seer (e de ir): a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).
Debe terse en conta que escasso (tamén no v. 8) na lingua antiga equivale a ‘avarento, mesquiño’, do mesmo modo que escassidade e escasseza ten a acepción de ‘avareza, mesquiñez’.
Para alén dunha anómala repetición da palabra rimante (enton), o sentido aconsella a emenda de <entō> para en don, a partir dun banal erro <t>/<d> que se rexistra nos dous cancioneiros italianos, ás veces conxuntamente por un probábel erro no antecedente. Véxase, por exemplo, dano <tano> BV (1322.1).
No v. 3: <hū> B, <hauī> V.