1381 [= RM 97,8]
Foi a citola temperar

Outrossi fez estes cantares aposto a un jograr que dizian Lopo, e citolava mal e cantava peior; e son estes:

Foi a citola temperar
Lopo que citolasse,
e mandaron-lh’algo dar
en tal que a leixasse,
e el cantou log’enton,
e ar deron-lh’outro don
en tal que se calasse.
U a citola temperou,
logo lh’o don foi dado
que a leixasse; el cantou,
e diss’un seu malado:
«[........................... -ar],
ar dé-lh’alg’a quen pesar:
non se cal’endoado.
E conselhava eu [mui] ben
a quen el don pedisse:
desse-lho log’e, per ren,
seu cantar non ois[s]e,
ca est’é, ai meu senhor,
o jograr braadador
que nunca bon son disse».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 1363 (f. 291v, col. a), V 971 (f. 154v, cols. a-b)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edições


I. Edicións críticas: Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 137); Lapa (1970 [1965]: 440 [= LPGP 644]); Lagares (2000: 162 [rúbrica]); Lopes (2002: 314); Littera (2016: II, 140-141).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 332); Braga (1878: 182-183); Machado & Machado (1958: VI, 98-99).
III. Antoloxías: Torres (1977: 483); Tavares & Miranda (1987: 185); Marcenaro (2006: 134-136); Magalhães (2007: 131); Gutiérrez (2023: 27, 345).

Variantes manuscritas


3 algo] ago B   9 don] doo V   11 seu] sen B   17 desse] disse BV   18 ois[s]e] oy sol BV

Variantes editoriais


Rúbrica: aposto] aposto[s] Lopes, Littera; jograr] jogral Lopes, Littera; e son estes] om. Lapa, Lopes

Texto:
Na edición de Bertolucci Pizzorusso a lacuna textual está situada entre os vv. 13 e 14.
1 temperar] tenprar Bertolucci Pizzorusso   3 [e] om. Bertolucci Pizzorusso, Lapa, Lopes, Littera   8 temperou] tenprou Bertolucci Pizzorusso   10 leixasse; el cantou] leixass’e cantou Bertolucci Pizzorusso : leixass’, e el cantou Lapa, Lopes, Littera   12 [–Pera leixar de cantar] Lapa, Lopes, Littera   13 dé] dê Lopes, Littera   14 endoado] endõado Bertolucci Pizzorusso   15 eu] en Bertolucci Pizzorusso   20 jograr] jogral Lopes, Littera

Paráfrase


Outrosí (Martín Soárez) fixo apropiadamente estes cantares a un xograr chamado Lopo e que tocaba mal a cítola e cantaba peor; e son estes:

(I) Foi Lopo afinar a cítola para a tocar e mandáronlle dar algo con tal de que a deixase, e entón el cantou logo, e déronlle tamén outro presente con tal de que calase.
(II) Cando afinou a cítola logo o presente lle foi dado para que a deixase; el cantou, e díxolle un seu criado: «[...], déalle algo tamén aquel a quen lle pese: non cale de balde.
(III) Daba eu un moi bo consello a quen el lle pedise pagamento: que llo dese logo e, de maneira ningunha, ouvise o seu cantar, porque este é, ai meu señor, o xograr bradador que nunca unha boa melodía entoou».

Métrica


Esquema métrico: 8a 6’b 7a 6’b 7c 7c 6’b (cfr. RM 101:67)

Encontros vocálicos: 10 leixasse;el

Notas


Rubrica
  • A rúbrica di respecto tamén ás cantigas UC 1382, 1383 e 1384, todas elas a escarnecer o xograr Lopo.
    Sobre a hipotética e fantasmal categoría das cantigas de “maldizer aposto”, defendida por Lopes (2004: 137-160), véxase nota a UC 1367.

Texto
  • *

    A estrutura métrica desta composición mostra unha combinación de medidas en que o verso inicial de cada estrofa conta con unha sílaba métrica máis, a semellanza doutras cantigas do corpus profano (UC 1324, 1426, 1613...). Cfr. nota ao v. 15.

  • 3

    A copulativa inicial é necesaria para completar a medida do verso, heptasilábico agudo (como os vv. 5-6), tendo en conta, ademais, a súa frecuente omisión por erro de copia, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.).

  • 10

    A imposibilidade de sinalefa coa copulativa e (Cunha 1982: 32-47, 99-128) fai con que non se deba segmentar a conxunción neste verso, para permitir a sinalefa leixasse‿el.

  • 11

    A voz malado ‘criado, servente’ só volve aparecer nunha cantiga de Joan Soarez Coelho: 

    nen fiar’o senhor [e]no malado
    nen o malado [e]no senhor ren (1423.15-16).

    Non é voz común na Idade Media, e só achamos malado nos Foros de Garvão, do século XIII: 

    salueselj na cruz cõ do(us) hom(e)s q(ue) nõ seiã malados Alẽos nẽ falsos nẽ destestados (...) Et se o Cauall(e)i(r)o ou peom ou hom(e) solteyro ferir a malado allẽo aía con el meyo ioyzio (...) e se o malado AllẼo A Cauallo Aía Juyzo d(e) peõ p(or)que e mallado allẽo (cfr. CIPM, s.v.).

  • 15

    Os vv. 1 e 8, iniciais das estrofas I e II, indican que esta cantiga está construída de modo que o verso inicial de cada estrofa presenta máis unha sílaba a respecto dos restantes versos da composición. Neste sentido, a edición de Bertolucci Pizzorusso, na procura da isometría, reduciu temperar a un inexistente temprar (e considerou unha sinalefa no v. 8). No entanto, resulta ecdoticamente  máis fundada a reintegración de mui, adverbio presente en conselhar mui ben, que se rexistra con relativa frecuencia no corpus (7.30, 487.1, 791.1...) e manter a anisometría que os manuscritos indican; para alén disto, os cancioneiros achegan pasaxes en que os testemuños son diverxentes verbo da presenza / ausencia do adverbio mui (A vs. BV: 400.13, 421.19; B vs. A: 194.4; BV vs. A: 421.13; B vs. V: 1184.3).

  • 16

    As edicións precedentes coinciden na emenda de <disse>, lección talvez condicionada polo pedisse do verso anterior, en prol de desse, de modo que se estabelece a correlación dar - pedir: nesta estrofa o trobador aconsella a aquel a quen o xogral pedise don, que llo dese, mais non para escoitalo, senón para non o ouvir cantar.

  • 20

    A familia lexical de braadar (braado, braador) está ben representada en toda a produción textual medieval (véxase CGPA, s.v.). Braadar 'bradar, berrar' procede de *balatrāre, derivada de balatro,-onis (cfr. Corominas & Pascual 1980-1991: s.v. baladrar).

Procurar
    Não foram encontrados resultados