1190 [= RM 85,9]
Fez ũa cantiga d’amor

Fez ũa cantiga d’amor
ora meu amigo por ,
que nunca melhor feita vi;
mais, como x’é mui trobador,
fez ũas lirias no son
que mi sacan o coraçon.
Muito ben se soube buscar
por ali, quando a fez,
en loar muit’e meu prez;
mais, de pran, por xe mi matar,
fez ũas lirias [no son
que mi sacan o coraçon].
Per bõa fe, ben baratou
de a por bõa fazer,
e muito lho sei gradecer;
mais vedes de que me matou:
fez ũas lirias [no son
que mi sacan o coraçon].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscripts


B 1173, V 779

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 364-365 [= LPGP 579]); Reali (1964: 43); Cohen (2003: 408); Littera (2016: II, 38).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 268); Braga (1878: 146-147); Machado & Machado (1956: V, 270-271); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 86).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 97-98); Gonçalves & Ramos (1983: 180); Alvar & Beltrán (1989: 319); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 146); Alvar & Talens (2009: 548); Fidalgo (2009: 122); Souto Cabo (2017: 157).

Manuscript variants


1 Fez ũa] Fex \h/unha V   4 trobador] torbador V   6 coraçon] coracon V   10 pran] prã B

Editorial variants


1 Fez] Fex Nunes   7 se] xe Cohen   9 loar mí] loar-mi Nunes, Reali, Cohen, Littera   16 me] mi Reali

Paraphrase


(I) Fixo unha cantiga de amor agora o meu amigo por min que nunca a vin mellor feita, e, como é moi bo trobador, fixo uns adornos no son que me rompen o corazón.

(II) Moi ben se soubo significar para min alí, cando a (cantiga) fixo, en loarme moito a min e o meu valor, mais, na verdade, para me matar, fixo uns adornos no son que me rompen o corazón.

(III) Abofé, ben procedeu cando a (cantiga) fixo boa por min, e moito llo sei agradecer, mais vede de que me matou: fixo uns adornos no son que me rompen o corazón.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:359)

Encontros vocálicos: 5 li·ri·as; 11 li·ri·as; 17 li·ri·as

Notes


Text
  • 1

    V presenta a lección <fex> para fez, probabelmente por un erro <x>/<z> (véxanse tamén leccións como <uox> voz, 487.30, ou <pax> paz, 1598.25, para alén do mesmo erro en 484.5 e 567.4), máis do que unha eventual palatalización desta forma verbal. Téñase en conta que as formas verbais do tipo quix (véxase nota a 74.13) presentan consoante palatal final sobre formas acabadas en -s coa excepción de trax (véxase nota a 429.24).

  • 5

    A voz liria (‘son harmonioso como o da harpa, adorno musical’) semella un verdadeiro hapax na lingua medieval e moderna, pois non achamos ningunha outra aparición deste termo. Porén, ten de ser a mesma voz que rexistra en castelán na General Estoria de Afonso X:

    Este otro nombre lirico quiere dezir tanto como allegre. & llamaron lirico de comienço a los Maestros & a los sabios que componien libros de razones de solaz. & e de las cosas que pertenecen a los mancebos en su mancebia. & porque dizen en latin. Liria por el estrumento a que llaman farpa. & porque es la ffarpa estrumento de dulce son. & da allegria de liria que es en el latin nombre de la farpa. llamaron Liricos a los que componien libros de tales maneras como auemos dicho (cfr. CORDE, s.v.).

    No século XV a mesma voz reaparece nun verso de Frei Diego de Valencia: non es todo lirias nin pan rrepintado1 .

  • 9

    A estrutura copulativa aconsella a fixación do pronome tónico como complemento directo sen preposición, tal como é relativamente frecuente na lingua trobadoresca.

  1. ^

    Cfr. Isaac Vázquez Janeiro, Tratados castellanos sobre la Predestinación y sobre la Trinidad y la Encarnación, del maestro Fray Diego de Valencia OFM (siglo XV). Identificación de su autoría y edición crítica. Madrid: CSIC - Instituto ‘Francisco Suárez’, 1984, p. 86.

Search
    No results

    This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
    Click below to accept or to edit your cookie settings.

    SettingsAccept