875 [= Tav 14,7]
Falei noutro dia con mia senhor

Falei noutro dia con mia senhor
e dixe-lh’o mui grand’amor que lh’ei
e quantas coitas por ela levei
e quant’afan sofro por seu amor:
foi sanhuda e nunc’a tanto vi,
e foi-se e sol non quis catar por mí,
e nunca máis pois con ela falei.
Mentr’eu con ela falava en al,
eu nunca molher tan ben vi falar;
e, pois lh’eu dixe a coita e o pesar
que por ela sofro, e o mui gran mal,
foi sanhuda e catou-me en desden;
e des ali non lh’ousei dizer ren
nen ar quis nunca pois por mí catar.
E muitas vezes oi eu dizer:
«quisque, se c[oi]ta á, costas lhe dá»;
e eu receei esto, grand’er’á;
mais, porque me vejo en coitas viver,
dixe-lh’o ben que lhe quer’, e enton
[e]stranhou-mi-o de guisa que sol non
me quis falar: e de mí que sera?
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 884, V 467

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 292-293); Tavani (1993 [1963]: 131 [= LPGP 123]); Littera (2016: I, 130-131).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 171); Braga (1878: 88); Machado & Machado (1953: IV, 216-217); Fernández Pousa (1954: 29-30).
III. Antoloxías: Pena (1990: 63-64); Jensen (1992: 28).

Variantes manuscritas


2 e] et B; lh’ei] lheu B   3 e] et V   4 e] et B; quant’] et qwuc B : q̄n/t V   6 e] et V   7 e] et V   9 molher] molhꝯ V; tan] cā BV   10 e] et V   11 por] poy V   12 e catou] et(*) atrou B   15 vezes] uehes B   16 se coita á] <...>a B : ssecta a V   17 receei] ireceey B; grand’er’á] <...> B   19 lh’o] lha B; enton] encō V   21 e] et V

Variantes editoriales


4 afan] afã Littera   10 dixe] dix(e) Nunes   11 sofro] soffr(o) Nunes   12 me] m(e) Nunes   16 quisque, se coita á] quis que ssé contr’alguen Nunes : quisque[m] se coita há Littera   17 grand’er’á] gran temp’á Nunes   18 vejo] vej(o) Nunes

Paráfrasis


(I) Falei o outro día coa miña señora e díxenlle o moi grande amor que lle teño e cantas coitas levei por ela e canto afán sufro polo seu amor: ficou sañuda, nunca tanto a vin, e foise e nin sequera quixo ollar para min, e despois nunca máis falei con ela.

(II) Mentres falaba con ela doutras cousas, eu nunca vin unha muller falar tan ben coma ela, e despois de lle dicir a coita e o pesar que por ela sufro, e o moi gran mal, ficou sañuda e olloume con desdén; e desde entón non ousei dicirlle nada nin ela quixo nunca ollar para min.

(III) E moitas veces eu ouvín dicir: «calquera, se ten coita, dálle as costas»; e eu dubidei disto xa hai moito tempo; mais, porque me vexo vivir con coitas, díxenlle o ben que lle quero, e entón censuroume por iso de xeito que nin sequera me quixo falar: e que vai ser de min?
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10b (= Tav 163:1)

Encontros vocálicos: 6 -se‿e; 10 dixe‿a coita‿e; 11 sofro,‿e; 12 -me‿en; 18 vejo‿en; 20 -mi͜-o

Notas


Texto
  • 16

    O pronome cuantificador quisque (‘cada un’) é forma única no corpus das cantigas profanas e, mesmo, da lingua medieval. Porén, tamén minoritaria, a forma quis, sinónima de quisque, presenta dúas ocorrencias nas cantigas (692.13, 1676.19).

    En calquera caso, a aparición de quisque é moi probabelmente inducida polos usos latinos; neste sentido, resulta significativa unha pasaxe do Sacramental (século XV): A segũda pera euitar o pecado da carne segũdo diz o apostollo: Unus quisque habeat suã prouter fornicacionẽ euitãdan. Cada huũ tenha sua molher e cada huũa seu marido por escusar ha fornicaçõ (cfr. CGPA, s.v.).

  • 17

    Nótese a reiterada ausencia de texto na copia de B, que afecta ao substantivo era (‘era, época’), vocábulo escasamente presente na linguaxe poética.

Buscar
    Sin resultados