I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 461); Nobiling (2007 [1907]: 79 [= LPGP 448-449]); Littera (2016: I, 516-517).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 137-138); Machado & Machado (1960: VII, 36); Domingues (1992: 33); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 397).
III. Antoloxías: Spina (1972: 306); Pena (1990: 43); Ferreira (1991: 37); Pena (1993: 118); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 97); Arias Freixedo (2003: 473-474).
3 vos] uos A
1 perderán] perderan Michaëlis 3 vos] vus Michaëlis 6 per] por Michaëlis, Nobiling, Littera 7 teen] tẽen Michaëlis, Nobiling : têm Littera 9 minnas] mĩas Nobiling, Littera 10 per] por Nobiling, Littera 12 per] por Michaëlis, Nobiling, Littera 16 morrerán] morreran Michaëlis 18 per] por Michaëlis, Nobiling, Littera
(I) Estes meus ollos nunca perderán, señora, a gran coita mentres eu estiver vivo; e direivos, miña fermosa señora, a coita que estes meus ollos teñen: choran e cegan cando alguén non ven, e agora cegan por alguén que ven.
(II) Disposto está que nunca perdan a coita os meus ollos e o meu corazón, e estas coitas, señora, miñas son; mais os meus ollos, por ver alguén, choran e cegan cando alguén non ven, e agora cegan por alguén que ven.
(III) E nunca xa poderei ter ben, porque Amor non quere nin quere Deus; mais estes infelices ollos meus morrerán sempre por ver alguén: choran e cegan cando alguén non ven, e agora cegan por alguén que ven.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:249)
Estes versos proceden, literalmente, da cantiga 329.13-15 de Rodrig’Eanes de Vasconcelos.
A secuencia <s-l> (e <r-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (artigo ou pronome) no encontro con mais e con outros vocábulos acabados en -s (ou -r) debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga (véxase tamén nota a 83.21 e 139.2). No corpus trobadoresco profano, o pronome identificador sofre asimilación fonética xeral con diversos elementos lingüísticos (pronomes, adverbios, conxuncións, e con algúns nomes e/ou participios), especialmente con mais e pois. Cfr. nota a 5.10.
Obsérvese a aparente substantivación formal de cativos, que eleva o ton enfático: os cativos destes ollos meus ‘estes meus ollos cativos’.
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: