1371 [= RM 87,11]
Escudeiro, pois armas queredes

Esta cantiga fez como respondeu un escudeiro que non era ben fidalgo e queria seer cavaleiro, e el non o tiinha por dereito; e diss’assi.

– Escudeiro, pois armas queredes,
dized’ora con quen comedes.
– Don Fernand’, e comer-mi-ei sol,
ca assi fez sempre meu avol.
– Pois armas tanto desejades,
buscad’ante con quen comiádes.
– Don Fernand’, e comer-mi-[ei sol,
ca assi fez sempre meu avol].
 
 
 
 
5
 
 
 

Manuscripts


B 1353, V 961

Editions


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 403); Pellegrini (1969: 33 [= LPGP 594]); Lagares (2000: 153 [rúbrica]); Lopes (2002: 281); Littera (2016: II, 58-59).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 328-329); Braga (1878: 180-181); Machado & Machado (1958: VI, 88); Lapa (1964: 14); Souto Cabo (2012c: 131).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 285); Alvar & Beltrán (1989: 145); Alvar & Talens (2009: 384).

Manuscript variants


3 Don fer nande comer mj eu sol B : don fernande comer mi eu sol V

Editorial variants


Rúbrica: fez como respondeu un escudeiro] fez como [que] respondeu [a] un escudeiro Lapa; non o] nõn’o Lopes

Texto:
1 Escudeiro] ‘Scudeyro Pellegrini   3 Fernand’, e] Fernando Lapa, Pellegrini, Lopes, Littera   7 Fernand’, e] Fernando Lapa, Pellegrini, Lopes, Littera

Paraphrase


Fixo esta cantiga sobre como respondeu un escudeiro que non era fidalgo abondo e quería ser cabaleiro, e el non o consideraba conforme á lei; e dixo así:

(I) −Escudeiro, xa que queredes ser armado cabaleiro, dicide agora con quen comedes.
Don Fernando, e comerei só, que así o fixo sempre meu avó.
(II) −Xa que tanto desexades ser armado cabaleiro, buscade antes con quen comades. 
Don Fernando, e comerei só, que así o fixo sempre meu avó.

Metrics


Esquema métrico: 2 x 8’a 8’a 9B 9B (RM 37:52)
Encontros vocálicos: 6 co·mi͜á·des

Notes


Text
  • 3

    O personaxe nomeado como Don Fernando por Lopo Lias talvez podería ser unha alusión ao trobador Fernan Paez de Tamalancos, pola “interseção biográfico-poética entre os dous trovadores” (Souto Cabo 2012c: 119). A partir deste e doutros indicios dalgunhas composicións de Lopo Lias, nomeadamente a localización mariña, no Morrazo, e a ausencia dos motivos recorrentes típicos, o erudito compostelán apunta á hipótese de cinco textos atribuídos a Lopo Lias seren da autoría de Tamalancos: se asociarmos as cantigas UC 1367 e 1371 coas cantigas UC 1368, 1369 e 1370, «deparamos com uma ilha de quatro textos rodeada por cantigas relacionadas pela presença dos Zevrões e/ou da terra de Orzelhão» (Souto Cabo 2012c: 120). Con todo, son só indicios, sen datos obxectivos e definitivos que permitan asegurar tal hipótese, embora o hipotético deslocamento dos textos de Tamalancos explicarían anomalías na tradición manuscrita na zona próxima dos cancioneiros.
    Canto á fixación do verso, todas as edicións coinciden nas emendas das leccións <fernande> e <eu> en prol de Fernando e ei, na procura dun sentido coherente para a pasaxe.
    Nótese, por outra parte, que a grafía <mj>~<mi>  (vs. <mh>) do pronome aconsella a consideración dun hiato en -mi-ei, que favorece o isosilabismo do refrán. No entanto, a primeira emenda semella desnecesaria, pois a copulativa segmentada en <fernande> é relativamente frecuente nese uso redundante en frases de teor enfático (e moi especialmente en frases interrogativas).

  • 3-4

    A partir do lat. sōlum e auiŏlum (→ LV auŏlum), o resultado medieval soo e avoo, respectivamente, foi a norma evolutiva, con desaparecemento de -l- intervocálico; non obstante, nótese como nesta cantiga o poeta escolle como palabras rimantes dúas evolucións diverxentes, con apócope da vogal final (avol vs. avoo, sol vs. soo). Cfr. nota a 1260.3.

Search
    No results