I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 335-336 [= LPGP 527-528]); Correia (2001: 365); Littera (2016: I, 601-602).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 117); Carter (2007 [1941]: 101); Marques Braga (1945: 314-315); Machado & Machado (1950: II, 65-66); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: II, 275 bis).
4 morrer] Moirer B 5 ca] {C} (c)a A; lle] lhi B 7 ca] ca dize-lo cuidei ou a morrer] {C} (c)a dizelo cuidei o a morrer A : Ca diz’lho cuydei oia moirer B 8 pois-la] poila B; ren dizer] {ren} dizer (ren) A 9 ca máis mia prol tenno de morrer] Ca pe mha ꝓl mais tenho demoirer B
Esta cantiga está incorporada á cantiga anterior en Michaëlis e Littera, como se fosen cinco fiindas.
3 Desta] D(e) esta Michaëlis
(I) En tan funesto día tomei señora a quen nunca ousei chamar «señora».
(II) Outra coita maior que esta eu nunca vin: morrer, e non lle ousar dicir «señora», (III) porque, certamente, morro amándoa, mais non ouso dicirlle nada diso, (IV) pois pensei en llo dicir ou en morrer, e, despois que a vin, non ousei dicirlle nada, (1) porque considero que morrer sería máis proveitoso para min!
Esquema métrico: 4 x 10a 10a + 10a
A disposición como texto propio da cantiga é clara en A, que inicia a primeira estrofa cunha maiúscula de módulo maior que as que preceden as estrofas sucesivas da composición. Pola contra, B non establece diferenzas gráficas entre o inicio deste texto e o precedente, que comeza cunha capital notablemente adornada. Aínda que na transmisión da cantiga (anómala na súa estrutura) se puido verificar algún tipo de erro, parece obvio que, contrariamente a canto sinala B, esta peza non pode formar parte da precedente, coa que non comparte tema nin esquema métrico-rítmico. Cfr. nota á cantiga 275.
A preposición da perífrase cuidar + a + infinitivo só aparece explícita co segundo verbo (cuidei a morrer), mais hai que a supor (talvez absorbida por ca, véxase nota a 205.13) tamén co primeiro (cuidei a dize-lo).
Na grafía das asimilacións nos encontros <s-l> en que intervén o pronome identificador obsérvese a preferencia de A (e N) por unha representación arcaizante, coa manutención dos elementos consonánticos iniciais do encontro en face dunha representación gráfico-fonética -l-: pois-la vir A vs. poi-la vir B (136.19), pois-la vi A vs. poi-la vi B (174.18, 275bis.8), Deus-lo sabe A vs. Deu-lo sabe B (177.3), Deus-la fezo A vs. Deu-la fez B (277.17), mais-lo poder A vs. mai-lo poder BB’V (901.10), bẽeiga Deus-la sennor A vs. beenga Deus a senhor B’V (901.26), Depois-lo tiv’eu guisado B vs. Depoi-lo tiv’eu guisado V (1123.17), miraremos-las ondas N vs. miraremo-las ondas BV (1297.r). Mais tamén se rexistra variación inversa ou diverxencias dentro do mesmo cancioneiro: poi-la cinta achei B’V vs. pois-la cint’achei B (48.14), Deu-los leix(e) A vs. Deus-los leixe B (199.33), sode-la mellor / dona A vs. sodes a melhor / dona B (217.10), Mai-la mesura A vs. Mais a mesura B (217.15). Cfr. nota a 965.11.
Fem servir cookies de tercers amb finalitats analítiques per poder conèixer els hàbits de navegació (per exemple, les pàgines visitades). Tingueu en compte que, si accepteu les cookies de tercers, haureu d'eliminar-les de les opcions del navegador o del sistema ofert per tercers.
Feu clic al botó corresponent per acceptar o rebutjar les cookies: