I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 5 [= LPGP 147]); Paredesa (2001: 178); Lopes (2002: 61); Paredesb (2010a: 158); Littera (2016: I, 89).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 157); Machado & Machado (1950: II, 331); Paredes (2010b: 122-123); Paredes (2010c: 85); Rios Milhám (2018b: III, 471).
III. Antoloxías: Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 31); Tavares & Miranda (1987: 344).
5 queredes] querredes Lapa, Lopes : quer[r]edes Paredesa, Paredesb, Littera
(I) Don Meendo, vós viñestes falar comigo o outro día e na conversa que fixestes perdín eu algo do que traía: queredes de novo falar comigo e eu non quererei, amigo.
Esquema métrico: 7’a 7’b 7’a 7’b 7’c 7’c (= RM 99:69)
Esta cantiga constitúe un outro exemplo de «intertextualidade parodística», xa que Afonso X reutiliza un refrán de Pero Garcia Burgales (e queredes falar migo, / e non querrei eu, amigo; 665.5-6), con efecto cómico (véxase Gonçalves 2016 [1992]: 225), xunto co esquema métrico e, inclusive, rimantes (véxase Gonzalez 2012e: 225).
Don Meendo de Candarei (véxase tamén a cantiga nº 472) é un personaxe descoñecido.
Nótese como estes dous versos son reprodución exacta do refrán da composición 665, cantiga de amigo de Pero Garcia Burgalés (que confirma a lección queredes de B). Neste sentido, talvez sexa esta a proba de que estamos perante unha cantiga fragmentaria, onde non están marcados nin polo copista nin por Colocci os versos do refrán.
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.