1492 [= RM 16,4 (= 101,2)]
Don Estevã[o] achei noutro dia

Don Estevã[o] achei noutro dia
mui sanhudo depos un seu om’ir,
e sol non lhi pôd’un passo fogir
aquel seu ome (depos que el ia);
e filhó-o i pelo cabeçon
e ferio-o mui mal d’un gran baston
que na outra mão destra tragia.
E Don Estevã[o] assi dizia
a nós, que lho leixassemos ferir
máis: «Quero-vos eu ora descobrir
com’este vilão migo vivia:
máis era eu seu ca era el meu,
e muit’andava máis empos el eu
ca el pos mí, pero xi m’el queria».
E o vilão enton respondia
com[o] agora podedes oir:
«Mui gran mal fazedes en consentir
a est’ome tort’o que mi fazia,
ca, de-lo dia en que o eu sei,
sempre a gran coita deante lh’andei,
e el sempre deante me metia.
E veed’ora, por Santa Maria,
se ei poder de co[n] el máis guarir,
ca me non poss’un dia del partir
de mi dar golpe, de que morreria,
d’un gran pao que achou non sei u;
e, pois s’assanha, non cata per u
feira con el, sol que lh’ome desvia».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manoscritti


B 1472 (f. 308r, col. b, 308v, col. a), V 1083 (f. 177r, col. a) [Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edizioni


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 123-124 [= LPGP 666-667]); Lopes (2002: 324-325); Littera (2016: II, 157-158); Arias Freixedo (2017: 273); Correia (2021: 88).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 377); Braga (1878: 206-207); Machado & Machado (1958: VI, 178-179); Callón (2017: II, 131-132).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 42-43); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 40-41); Neves (2004: 130-131).

Varianti manoscritte


1 Estevã[o]] st(a)\e/uam V; noutro] noutre B   2 depos] de p ꝯ B : depꝯ V   3 pôd’un] poduu B   4 depos] depꝯ B : de pus V   5 cabeçon] cabecon B   6 feri-o] ferioo BV   7 mão] mao B : maa(o) V   8 Don Estevã[o]] don estenā B : donne stauā V   9 nós] uos V; leixassemos] nō leixassemꝯ B : non leixassemos V   10 Quero] q̅to B   11 vilão] vilano B   13 empos] enpꝯ B : en pus V   14 pos] pꝯ BV   18 tort'o] corto B   20 a] aa BV   22 Santa] sancta B : scā V   27 om. B

Varianti editoriali


1 Estevã[o]] Estêvam Littera : Estevan Correia   5 filhó-o] filhou-o Lopes, Littera, Arias Freixedo   6 ferio-o] feriu-o Lopes, Littera, Arias Freixedo, Correia   8 Estevã[o]] Estêvam Littera, Correia   9-10 que lho leixassemos ferir / máis: ...] que lho non leixámos ferir / mais: ... Lapa, Lopes, Littera, Arias Freixedo : que lho non leixássemos ferir: –... mais Correia   16 com[o] agora podedes] com’agora pode[re]des Lopes, Littera, Arias Freixedo : com’agora podedes Correia   18 ome tort’o que mi fazia] om’o torto que me fazia Lapa : hom’o torto que me fazia Lopes, Littera, Arias Freixedo   19 eu sei] eu [u]sei Lapa : jurei Correia   20 sempre] sempr’ Lapa, Lopes, Littera   23 co[n] el] co el Lapa, Correia   28 el] ele Lapa

Parafrasi


(I) Encontrei o outro día Don Estevão indo moi irado detrás dun dos seus homes; e nin sequera un paso lle puido fuxir aquel seu home detrás de quen ía; e alí o agarrou polo colo do traxe e feriuno moi mal ferido cun gran pau que traía na man dereita.
(II) E Don Estevão dicíanos así a nós, para que llo deixásemos ferir máis: «Quérovos explicar agora de que maneira este vilán vivía comigo: era eu máis del ca el era meu, e andaba moito máis eu detrás del ca el detrás de min, aínda que el me quería (andar detrás)».
(III) E o vilán respondía entón como agora podedes ouvir: «Facedes moi mal en consentir a este home torto o que me facía, pois desde o día que eu o coñezo sempre lle andei diante con gran sufrimento, e el sempre me metía diante.
(IV) E vede agora, por Santa María, se hei poder vivir máis con el, pois non podo nin un só día evitar que el me dea un gran golpe, de que morrería, cun gran pau que encontrou non sei onde; e cando se asaña, non repara por onde fira con el, con só que un se desvíe um pouco».

Metrica


Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a (= RM 161:160)

Encontros vocálicos: 6 fe·ri͜o-o; 20 sempre‿a

Note


Testo
  • *

    Don Estevan, ou Don Estevão, é o personaxe escarnecido por catro trobadores1 : Roi Queimado (UC 1405, 1407), Joan Soarez Coelho (UC 1424, 1425), Meen Rodriguiz Tenoiro (UC 1492, 1493) e Airas Perez Vuitoron (1494, 1498). Foi Ângela Correia quen propuxo en 2021 a hipótese de que este nome encobre a figura do arcediago Joan Viegas de Portocarreiro, elixido arcebispo de Braga en 1244 por influencia de Sancho II, para conseguir fidelidades que precisaba pola situación problemática do final do seu reinado, mais que acabará atraizoándoo2 . Véxase tamén Marcenaro & González 2024: s.v. Estevan, Don.
    Probabelmente a orixe do ciclo das oito cantigas compostas arredor de Don Estevan se deba a Soarez Coelho, que coa cantiga Atal vej’eu aqui ama chamada xa experimentara unha substitución antroponímica similar, co nome ama para designar Urraca Goterrez Moucha, da familia dos Meneses (véxase UC 274), segundo a hipótese de Correia (1996, 2012). No relativo ao ciclo de D. Estevan, esta ‘máscara’ procedería, conforme a investigadora lisboeta (Correia 2021), do nome de D. Estevan Soarezo antigo e prestixiado arcebispo de Braga, cuxas altas virtudes como diplomático e figura principal do reino contrastaban grandemente coas de Joan Viegas. Deste modo, a sátira contra este alcanza tamén a figura do monarca portugués, Sancho II, axiña substituído por D. Afonso III (en 1247).
    Por outra parte, a composición presenta unha dupla atribución, pois B presenta o texto baixo o nome de Meen Rodriguiz Tenoiro, en face de V que o atribúe a Airas Perez Vuitoron. Efectivamente, precedida pola rúbrica atributiva Meen Rodriguiz Tenoyro, que foi escrita polo copista, a cantiga numerada como 1472 está copiada en B nos ff. 308r, final da col. b, e 308v, col. a. Concluída esta peza, Colocci anotou a rúbrica atributiva Ayras perez vuytoꝝ, que lle outorga a paternidade de B 1473 (UC 1493) ao trobador que dirixiu as súas sátiras contra os traidores a Sancho II de Portugal. 
    No Cancioneiro da Vaticana, precedendo a cantiga V 1083, que se copia no f. 177r, figura unha rúbrica, que foi escrita e riscada por Colocci, Ayras perez vuytoꝝ, en todo similar á presente en B para o segundo dos poemas en causa. A seguir, lese, sempre en letra de Colocci, Meen Rodriguiz Tenoyro, tamén idéntica á que o copista estampou antes de B 1472, e que englobaría a cantiga seguinte, V 1084, copiada na col. b do mesmo folio. Só concluída esta, Colocci anotou de novo a didascalia Ayras perez vuytoꝝ, aproveitando o espazo que o copista deixou en branco para separar as cantigas, atribuíndose a este trobador os poemas que seguen. 
    Considerando estes datos, habería concordancia na atribución a Meen Rodriguiz Tenoiro de B 1472 / V 1083 (UC 1492), verificándose unha diverxencia na paternidade de B 1473 / V 1084 (UC 1493), da autoría de Vuitoron segundo B e de Tenoiro segundo V, ao englobarse esta baixo a autoría da rúbrica escrita por Colocci e que corrixe a precedente de Vuitoron. Esta diverxencia podería deberse a un erro de Colocci, que a) puido desprazar a atributiva a V 1085, movido pola identidade das primeiras palabras do verso que inaugura a cantiga que en ambos os casos se inicia co apóstrofo ao satirizado Don Estevan, en lugar de a colocar, se este era o seu lugar, antes de V 1084; ou b) á inversa, e como suxire Correia, o humanista puido cometer ese erro en B, ao escribir Colocci as rúbricas e anticipar a rúbrica atributiva a Vuitoron ao texto 1473, hipótese que, considerando a atención que o humanista outorga a V, onde corrixe a rúbrica inicial, podería ser máis consistente, sen que poida, porén, afirmarse como definitiva. 
    A única seguridade, cos datos que temos, é que B 1492 debe ser atribuída, segundo BV, a Tenoiro, que só rexistra na tradición cantigas de amor, de amigo e unha tenzón con Juião Bolseiro, ficando hipotética a atribución de B 1493 a un ou a outro dos trobadores. Véxase Marcenaro (2015b: 90) para un resumo das solucións adoptadas pola crítica precedente, e Correia (2021: 23-26).
    A cantiga inscríbese no ciclo estudado por Ângela Correia (2021), que recoñece “vários ângulos” na situación descrita: a “dependência de dependentes” que xa fora apuntada en UC 1425 de Joan Soarez Coelho: «“Don Estevan” depende daqueles que o servem e esta dependência obriga-o ao uso da força para os obrigar a não se afastarem um só dia (...) nem se afastarem um centímetro (...). O vilão justifica a dependência e as agressões com a mesma palavra, que, ao mesmo tempo, identifica o agressor: “torto” (...). “Don Estevan” depende do vilão, porque, sendo incapaz de bom entendimento (...), precisa de quem o ajude; ao enfurecer-se e agredir aquando do mais pequeno afastamento do vilão, é injusto (torto) e, sendo Torto alcunha do arcebispo Estêvão Soares, é também outra forma de identificar Joam Viegas a quem, por ironia, os trovadores, neste conjunto de cantigas, chamam “Don Estevan” (...) A sátira, neste texto, orienta-se portanto não só, e talvez não tanto, para as agressões de “Don Estevan”, mas para a inabilidade político-diplomática que o leva a, querendo salvar a face quando é surpreendido em flagrante delito de agressão, usar um argumento que o mostra humilhado aos que o servem, dependente de dependentes e incapaz de os reter a não ser pela força» (2021: 104-105).

  • 1

    Con certa frecuencia os manuscritos presentan a forma reducida e proclítica Estevan (tamén no v. 8) cando a métrica solicita a forma cuadrisilábica Estevão (véxase tamén 1405.1, 1493.1, 1494.1 e 15, 1498.1), nome descendente de Stephănu. Tal vacilación tamén se percibe entre Foão e Foan (do ár. fulān) e, mesmo, entre vilan e vilão (do lat. vīllānum)3 . Cfr. nota a 1332.5 e 115.12.

  • 1-2

    A construción verbal de achar + infinitivo equivale a ‘achar + xerundio’ (achei ... ir), e así aparece noutras cantigas profanas (592.13, 744.7, 1233.9 e 17, 1529.8, 1588.20); porén, é construción de escaso uso na lingua medieval. Véxase unha ocorrencia no Livro de José de Arimateia:

    e iam em oste a terra de Sorea sobr’el rei Samuel, que naquele ano matara um irmão d’el rei de Perçia por que o achara jazer com sua molheer (Miranda 2016: 177).

  • 5

    O encontro da P3 de pretérito da primeira conxugación (cfr. tamén nota a 1578.23) cun clítico o(s), a(s) provoca a aparición dunha secuencia trivocálica anómala do punto de vista fonotáctico ([‘owa], [‘owo]). É por isto que, a semellanza do acontecido cos duplos resultados de bases latinas como audire, laudare etc., estes encontros resólvense con relativa frecuencia (por razóns morfolóxicas) cunha monotongación e/ou crase (guardó-o, 484.11; mandó-o, 700.15; leixó-o, 1509.17; desseinó-o, 1578.r1; enlinhó-o, 1579.r2). A teor das rimas no corpus trobadoresco profano (negó-o : doo) e relixioso (filló-os : lançó-os : avoos, CSM 214.40-42) o resultado da redución vocálica é –sorprendentemente– aberto (véxase Ferreiro 1999: §§23b, 27c). 
    O cabeçon (tamén en 1670.14) é a parte da vestimenta que está onda o pescozo. Véxanse contextos moi similares na Crónica Geral de Espanha de 1344 (CGPA, ed. Cintra):

    E ella filhouo cõ ambas as mããos per o cabeçõ (...) E foi mui sanhudo contra Pedro Vermuiz e tomouho pello cabeçõ e pediolhe a espada (...) E, como chegou a elle, travoulhe per o cabeçõ e tirou a espada. 

    Véxase, tamén, no Cancioneiro Geral de Garcia de Resende (Dias 1990: I, 167):

    Pardilho deve mantam
    sobr’ele trazer cuberto,
    polas ilhargas aberto
    ventaes polo cabeçam.

  • 6

    O termo baston só comparece nas Cantigas de Santa Maria, en xeral ligado a un instrumento agresivo (véxase CSM 31.67, 47.39, 49.58, 85.14). Nótese, porén, o galicismo baton en UC 1669.3, utilizado neste caso cun valor metafórico (‘pene’).

  • 9-10

    A métrica indica a presenza dunha sílaba excedente, que ben pode ser non, adverbio que por veces aparece adventiciamente nos manuscritos, tal como mostra algunha diverxencia entre eles (A vs. B, en 198.r1, na estrofa I), ou, noutras ocasións, a pesar da coincidencia dos manuscritos BV, parece obvio que non debe ser expunxido: 183.11, 801.13, 1144.8, 1229.18, 1261.15, 1495.15.
    Por outra parte, o sentido permite, sen dificultades, a expunción do adverbio, por máis que a súa presenza sexa tamén defendíbel do punto de vista semántico, tal como estabeleceron todas as edicións, incluída a de Correia, que, sen considerar os problemas de hipermetría, articula dun modo diferente os dous versos, estabelecendo unha lacuna inicial no v. 10.

  • 11

    A presenza de -n- na forma manuscrita <vilano> de B (cfr. <uilão> V) é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /ã/, o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <bona> bõa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.

  • 18

    O duplo valor de torto (s.m. ‘inxustiza, ofensa’; adx. ‘cego dun ollo’) permite unha dupla fixación do texto. A consideración tradicional considerou o substantivo e mesmo practicou unha emenda en <ome> para facer presente un artigo no texto (a est’om’o torto que mi fazia). Na realidade, mesmo con este sentido non era necesaria a emenda (véxase Ferreiro 2014c: 95), mais Correia mostrou como debemos considerar o adxectivo, de modo que se reafirma a ligazón do texto coas restantes cantigas contra D. Estevan, en que é sempre burlado por non ver ou de ver mal. Deste modo, convén a segmentación do artigo en tort’o, explicitando o valor adxectival: a est’ome tort’o que mi fazia.
    A editora dos textos do ciclo de D. Estevan explica e xustifica coherentemente a opción editorial: «A alcunha Torto foi usada por Soeiro Pires Torto, pai de duas figuras importantes na vida de Sancho II: a ama, Estevainha Soares, e o muito poderoso arcebispo de Braga, Estêvão Soares. As alcunhas dos pais eram herdades pelos filhos, pelo que, embora os Livros de Linhagens não o registem, ambos os mencionados filhos de Soeiro Pires (...) terão também sido conhecidos pela alcunha do pai. Ou seja, ao usarem o nome “Don Estevan” (do arcebispo Estêvão Soares) para ironicamente, e cifradamente, referirem o arcebispo Joam Viegas de Portocarreiro, os trovadores poderiam trocá-lo pela alcunha herdada do pai: Torto» (2021: 99). 
    No corpus profano, torto é, en xeral, substantivo, mais existen algúns contextos ambiguos en UC 1497, en que o termo pode encubrir tamén o alcume Torto (cfr. por én diz que non é torto/Torto quen faz traiçon e mente, 1497.10).
    Alén da poesía, torto como adxectivo rexístrase algunha vez na produción medieval, conforme o Corpus do Galego-Portugués Antigo: 

    Et ouue en ella a dona Eluira, que foy moller do conde dõ Ramõ de Sam Gil de P(e)roença, que era torto de hũu ollo (Crónica Geral Galega).

    E foi molher do conde dõ Reymõ de Sam Gil de Proença, que era torto de hũũ olho (Crónica Geral d’Espanha de 1344).

    Tamén é relativamente frecuente como alcume en fórmulas antroponímicas, pois comparecen en diversos documentos antigos personaxes como Diego Torto, Fernan Gomes Torto, Gonçalvo Fernandes Torto, Gonçalvo Torto, Rodrigo ~ Ruy ~ Roi Torto, Ruy Gomes Torto etc. (cfr. CGPA, s.v.). En todo o caso, na presente cantiga o autor xoga ao equívoco co duplo valor de torto: ‘inxustiza, ofensa’ e ‘cego dun ollo’.

  • 19

    A fórmula de-lo dia en que + verbo parece esixir o pretérito, tal como afirma Correia (2021: 92), feito confirmado polas múltiplas pasaxes nas cantigas e na produción medieval en xeral. A partir desta constatación, habería dúas posibilidades editoriais: Lapa, seguramente consciente da necesidade de tempo pretérito, a confirmar as acusacións de homosexualidade contra D. Estevan, tamén suxeridas pola reiteración de depos (vv. 2, 4), empos (v. 13), pos (v. 14) e deante (vv. 20, 21), estabelece eu [u]sei. Non obstante, Correia (ib.: 104-105) prefire situar estas indicacións espaciais en relación coa orde da marcha, directamente vinculada á cuestión do servizo e do xuramento, que a editora lisboeta, a partir dunha secuencia de erros paleográficos máis ou menos habituais, reafirma coa lectura eu jurei para indicar a ligazón formal de servidume entre D. Estevan e o seu ome vilão (ib.: 92-93). Con todo, e a pesar de a proposta de Correia ser moi suxestiva, optamos por aternos ao texto dos manuscritos, baseándonos en que a rima en -ei do verso seguinte xustificaría unha leve alteración da estrutura gramatical habitual.

    Por outra parte, a pesar de todo, pódese rastrexar algún uso da expresión con tempo verbal diferente do pretérito, tal como o futuro de subxuntivo, nunha pasaxe da Primeira Partida:

    E o t(ẽ)po en q(ue) a deuẽ ffaz(er) he dêlo dia en q(ue) morrer o p(re)lado ataa tres meses o mays tardar (CGPA, ed. J. Azevedo Ferreira).

    E con presente (con valor de pasado), nun documento de 1393:

    E aforámosuos a dita herdade segundo dito hé para que a poñades de viña d’oje este día en que este instromento hé feito, ata tres anos cunpridos etcétera. (CGPA, ed. Cabana Outeiro).

  • 20

    Nótese o erro dos manuscritos, coa lección <aa> da contracción entre preposición e artigo en lugar da preposición.

  • 23

    Consideramos a lección <co> como un erro banal por <cō>, do mesmo xeito que aparece noutras pasaxes nos apógrafos italianos (647.2, 1337.17 etc.) e igual que <no> aparece frecuentemente, por erro de copia, por <nō>, por máis que na secuencia con el se rexistre en diversas ocasións (véxase tamén 714.4, 745.4, 1026.3, 1214.13). Unha crase do tipo co’el (actualmente dialectal en galego) sería anacrónica por canto ese proceso de desaparición de -n- secundario por fonética sintáctica é un fenómeno que só se produciu moi tardiamente. Cfr. nota a 338.3.

  • 25

    Nesta cantiga aparece a única documentación da forma moderna golpe, pois no corpus convive coas formas colpe e colbe. Véxase UC/Glosario, s.v. colpe.

  • 28

    Feira é P3 de presente de subxuntivo de ferir (< fĕrĭat), anterior á vaga de nivelación analóxica que afectou ao paradigma de numerosos verbos irregulares na lingua medieval.

  1. ^

    As cantigas UC 1492 e 1493 tamén foron atribuídas a Airas Perez Vuitoron.

  2. ^

    Esta identificación é considerada como “demasiado especulativa” no Projeto Littera (consult.: 21-1-2026), que propón outras cinco posibilidades alternativas na nota ao v. 1 da cantiga.
    Por súa vez, fronte á proposta de Correia, que considera D. Estevan como unha máscara antroponímica de Joan Viegas de Portocarreiro, Marcenaro & González (2024: 105–106, s.v. Estevan, Don₁) rexeitan esta equivalencia e recuperan as dificultades que a documentación e a cronoloxía opoñen ás distintas identificacións propostas. O ciclo permite recoñecer unha mesma figura satírica, mais non asegurar sen reservas a súa correspondencia cunha persoa histórica. A interpretación política das alusións ao rei e ao Conde debe explicitar, por tanto, a hipótese de identificación da que parte. E aínda Marcenaro (2025: 222–223) retoma o problema e cuestiona a coherencia cronolóxica e contextual da identificación con Joan Viegas. O desacordo afecta tanto ao lugar de composición coma á relación entre as distintas fases do ciclo.

  3. ^

    Estas formas lembran outras vacilacións, como capelan / capelão (nas cantigas só se rexistra a primera, talvez a través do prov.; cfr. lat. cappellanum) ou ermitan / ermitão (só a segunda; cfr. a primeira nas CSM).

Cerca
    Nessun risultato trovato