1495 [= RM 16,3]
Don Bernaldo, por que non entendedes

Don Bernaldo, por que non entendedes
camanh’escarnho vos fazen aqui?
Ca nunca máis escarnid’ome vi
ca vós andades aqui u vivedes,
ca escarnh’é pera mui bon segrel
a que x’assi van foder a molher
com’a vós foden esta que tragedes.
E, Don Bernaldo, se o non sabedes,
quero-vos eu dizer quant’end’oi:
molher tragedes, com’eu aprendi,
que vos foden e de que ficaredes
con mal escarnho se vos emprenhar
d’algun rapaz e vos depois leixar
filho d’outro que por vosso criedes.
Mais semelha-xe que vos vós queredes
que xi vos fodan a molher assi,
ca, se non, fugiriades d’ali
d’u vo-la foden, Don Bernal; e vedes:
non é maravilha de vos foder
a molher, mais foden-vos do aver,
ca xi vos foden mal de quant’avedes.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscrits


B 1475 (f. 309r, col. a), V 1086 (f. 177v, cols. a-b) [Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edicions


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 127 [= LPGP 132]); Lopes (2002: 122); Littera (2016: I, 135-136); Arias Freixedo (2017: 111).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 378); Braga (1878: 207); Machado & Machado (1958: VI, 182); Callón (2017: II, 138).
III. Antoloxías: Landeira Yrago (1975: 127); Tavares & Miranda (1987: 167); Arias Freixedo (1993: 133); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 42); Neves (2004: 32-33); Marcenaro (2006: 192-194).

Variants manuscrites


6 a] A o B; van] nan V   9 eu ] ē B   10 tragedes] t\r/aides V   15 queredes] nō q̄redes BV   19 maravilha] m̄uylha B; de vos] dexiuꝯ BV   20 vos] uos BV

Variants editorials


15 semelha-xe que vos vós queredes] semelha-xe-nos que vós queredes Lapa, Lopes, Littera   19 de vos foder] de xi vos foder Lapa, Lopes, Littera, Arias Freixedo

Paràfrasi


(I) Don Bernaldo, por que non entendedes o grande escarnio que aquí vos fan? Porque nunca vin home máis escarnecido do que vós andades aquí onde vivides, pois é escarnio para un moi bon segrel que lle vaian foder a muller como a vós vos foden esta que traedes.
(II) E, don Bernaldo, por se o non sabedes, quérovos eu dicir canto ouvín sobre este asunto: traedes unha muller, segundo puiden saber, que vola foden e de quen acabaredes moi escarnecido se vos empreñar dalgún rapaz e vos deixa despois un fillo doutro para que o criedes como voso.
(III) Mais semella que vós queredes que vos fodan a muller así, pois, se non, fuxiriades de alí de onde vola foden, don Bernal; e vede: non é marabilla que vos fodan a muller, mais fódenvos os cartos, pois estanvos fodendo malamente todo canto tendes.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a (= RM 161:126)

Encontros vocálicos: 14 cri·e·des

Notes


Text
  • *

    O tema da infidelidade da muller asociado á crianza dos fillos de outro é compartido tamén por outras cantigas (véxase, por exemplo, UC 1323).

  • 1

    Don Bernaldo (Bernal no v. 18, con apócope típica da posición proclítica) é o trobador Bernal de Bonaval.

  • 2

    A voz camanho, que ten un significado conforme á súa orixe no lat. quam magnum ‘que grande, tan grande’, funciona como un adxectivo cualificativo na lingua medieval, e nunha ocasión forma estrutura correlativa con tamanho (< tam magnum):

    Non creo que tamanho ben
    mi vós podessedes querer
    camanh’a mí ides dizer (594.7-9).

  • 5-6

    Nestes versos aparece a equivalencia /l/:/ɾ/ na rima segrel - molher, en liña con moitas outras ocorrencias desta equivalencia. Véxase 104.34-35 (al : alongar), 144.1-6 (amar : al), 541.2-3 (amor : frol), 971.17-21 (veer : souber : segrel), 975.12-21 (amar : dar : al : val), 1202.9-10 (atal : guaanhar), 1207.1-2 (bailar : brial), 1207.11-12 (brial : pesar), 1207.16-17 (vestir : min)1 , 1292.r1-r3 (Soveral : estar : Soveral), 1356.1-2 (Natal : dar), 1359.2-6 (cantar : mal : brial), 1369.2-8 (Soveral : atal : falar : Corral), 1379.8-10 (mal : Albar- : tal), 1430.12-13 (priol : melhor), 1495.6-7 (segrel : molher), 1507.13-17 (dar : ferrar : lamaçal : ar), 1515.1-7 (rascar : pesar : Juncal), 1519.8-14 (maenfestar : mal : maenfestar), 1519.15-24 (falar : cuidar : falar : val), 1533.15-18 (disser : segrel), 1534.7-12 (segrel : quiser), 1616.2-4 (Elvas : ervas), 1617.8-12 (cervas : Elvas : relvas), 1617.32-36 (ervas : Elvas : relvas), 1664.9-11 (segrel : mester), 1659.12-13 (taful : algur). Cfr. notas a 206.4-6, 383.19-20, 427.5-6, 453.5-6, 698.5-6 e 877.1-7.

  • 6

    O verbo foder (do lat. futuere), voz reiterada nos vv. 7, 11, 16, 18, 19, 20 e 21, tal como outros termos pertencentes ao ámbito sexual (caralho, cono, peer etc.) non parece ter saído do ámbito da oralidade para o texto escrito, agás nas cantigas satíricas, única produción en que o achamos. Non obstante, o verbo foder é a voz deste ámbito máis representada nos escarnios, con máis de 100 rexistros (incluídos os participios e formas substantivadas e excluíndo outras formas derivadas) pertencentes a 17 autores, en 31 cantigas: Afons’Eanes do Coton (UC 1589, 1591, 1598), Afonso X (UC 491), Airas Perez Vuitoron (UC 1495), A. Gomez (UC 877), Estevan da Guarda (UC 1334, 1335), Fernand’Esquio (UC 1614), Joan Garcia de Guilhade (UC 1508, 1509, 1510, 1511), Joan Servando (UC 1440), Joan Soarez Coelho (UC 1419, 1422, 1426, 1427, 1435), Joan Vaasquiz de Talaveira (UC 1567), Martin Moxa (UC 919), Martin Soarez (UC 1376, 1386), Meen Rodriguez de Briteiros (UC 1347), Pero da Ponte (UC 1638, 1651, 1659), Pero Garcia Burgales (UC 1394, 1395), Pero Martiiz (UC 1430), Vaasco Perez Pardal (UC 1525).
    Alén da lírica profana é certamente extraordinaria a aparición do verbo noutro tipo de textos. É significativo que tamén se rexistre nunha composición escarniña do Cancioneiro Geral de Garcia de Resende (Dias 2003: VI, s.v. foder):

    diz que tu,
    quando naceo Barzabu,
    eras ja diabo feito.
    E que jaa entam fodias
    e ias contr’òs inimigos.

    En textos alleos á poesía, só atestamos o verbo nunha pasaxe de Fernão Lopes na Crónica de D. Fernando que debe recoller un proverbio: e diziam-lhe alguus que juras de foder nom eram pera creer (cfr. CdP, s.v.).

  • 15

    O sentido do período, con confirmación métrica, indica claramente que non debe ser produto dun lapso dos copistas, levados pola aparición do mesmo adverbio nos versos seguintes (vv. 17, 19). Ademais, algunhas veces, existe diverxencia na transmisión dos manuscritos a respecto de non, feito que facilita a súa expunción: A vs. B (198.r1, na estrofa I); outras veces, a pesar da coincidencia dos manuscritos BV, é obvio que non debe ser omitido: 801.13, 1144.8, 1229.18, 1261.15, 1492.9.

  • 17

    O verbo fugir é variante da forma, aínda maioritaria, fogir (< fŭgĕre), que sofreu un proceso de asimilación e harmonización vocálica ([o...í] > [u...í]) que afecta tamén as formas conxugadas; un proceso similar verifícase noutros verbos con representación no corpus profano: bulir (vs. bolir), cuspir (vs. cospir), destruir (vs. destroir), nuzir (vs. nozir); o mesmo acontece coas formas avurrido ou fugido. Cfr. nota a 460.2.

  • 19

    A métrica indica o carácter excedente de xi neste verso, talvez de aparición condicionada pola súa presenza nos vv. 16 ou 21, en construcións similares.

  • 20-21

    Nestes versos percíbese un deslocamento do significado do verbo foder, pois de indicar o acto sexual pasa a aludir ao prexuízo causado ao patrimonio do interlocutor, xogando co sentido obsceno e, ao mesmo tempo, co de ‘amolar, facer dano, prexudicar’ ou ‘desposuír’.

  1. ^

    A equivalencia acústica /ɾ/:/n/ é similar a /l/:/ɾ/, todas elas consoantes líquidas.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat