1482 [= RM 63,23]
Dizen que ora chegou Don Beeito

Dizen que ora chegou Don Beeito
muit[o] alegre pera sa molher
con sas merchandias de Mompiler;
mais dizer-vos quer’ora un preito:
ja Deus no’me leixe entrar sobre mar
se, polo custo, queria filhar
o mercado que [e]l [á] algur feito.
E por ũu destes nossos miradoiros
veo aqui ben guisado esta vez
con sas merchandias que ala fez;
mais dizen que ouve maos agoiros
e ar dizen que mercou atan mal
que nunca end’avera seu cadal,
ca se lhi danarán mui mal os coiros.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 

Manuscrits


B 1463 (f. 306r, col. b, 306v, col. a), V 1073 (f. 175r, col. a)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edicions


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 281); Rodríguez (1980: 299 [= LPGP 383]); Lopes (2002: 186); Littera (2016: I, 469).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 373); Braga (1878: 204); Machado & Machado (1958: VI, 165-166); Fernández Pousa (1959: 280).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 314); Brea López & Fernández Guiadanes (2014: 106); Gutiérrez (2023: 49).

Variants manuscrites


4 vos] (nez) ues B : uos V   6 custo] tusto B   7 O mercado que / + B : o merçado quel algū feito V   8 nossos miradoiros] nosses / Miradores B   9 esta] estel B   12 mercou] marcou B   13 end’avera] anda\ue/ram B : endaueram V   14 coiros] coyres B

Variants editorials


5 no’me] non me Lapa, Lopes, Littera : no[n] me Rodríguez   7 [á] algur] algur [á] Lapa : algur [há] Lopes   8 ũu] un Lapa, Rodríguez : um Lopes, Littera   14 danarán] danaron Lapa : danarom Lopes, Littera

Paràfrasi


(I) Din que Don Beeito chegou agora e foi encontrarse coa súa muller moi contento polos seus tratos comerciais de Montpellier; mais quérovos agora dicir unha cousa: que Deus non me deixe xa volver navegar se, polo custo, quixese adquirir as mercadorías que el nalgures mercou.
(II) E por un deses nosos camiños de montaña veu aquí ben abastecido esta vez coas súas mercadorías que alá fixo; mais din que tivo maos agoiros e tamén din que mercou tan mal que nunca recuperará o seu capital, porque se lle estragarán de vez os coiros.

Mètrica


Esquema métrico: 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a (= RM 161:140)

Encontros vocálicos: 4 ma·is; 5 leixeentrar; 8 ũ͜u; 9 guisadoesta

Notes


Text
  • *

    No cancioneiro de Joan Airas de Santiago existe un breve ciclo poético en torno da figura de Don Beeito, que é albo da sátira do trobador compostelán (cantigas UC 1482, 1483 e 1484). Véxase Marcenaro & González 2024: s.v. Beito, Don.

  • 3

    O galicismo merchandia (tamén no v. 10), de que existe unha decena de atestacións no Corpus Galego-Portugués Antigo, desaparece por volta de 1350, xeneralizándose o uso de mercadoria. En calquera caso, merchandia aparece case exclusivamente na lírica trobadoresca, profana ou relixiosa, así como na Primeyra Partida afonsina:

    Ley XLVIa quaes m(er)chandias ssom defessas aos cl(er)igos q(ue) nõ podẽ ffaz(er) Merchandias de muytas man(ey)ras ha hy [e] algũas dellas hy ha q(ue) nõ pode nẽ hũũ homẽ vsar sen pecado mortal p(or) q(ue) som maas en ssy assy como as vsuras e as simonias. E estas ssom vedadas tã bẽ aos cl(er)igos come aos leigos. Outras m(er)chandias ha hy q(ue) som vedadas a todos e mayorm(ẽ)t(e) aos cl(er)igos, assy como vender ou (con)prar as cousas en uoontade de gaanhar enellas, por q(ue) adur pode s(ee)r q(ue) o homẽ faça m(er)chandia q(ue) nõ acaesca hy pecado de p(ar)te do conprador ou do uendedor (CGPA, ed. J. de Azevedo Ferreira).

    A cidade francesa de Montpellier aparece atestada nas cantigas como Mompiler nesta composición (e tamén en 1587.8), xunto coas variantes Mompirler (1673.15 e 26), Mompilier (1475.5) e Mompisler (1594.5).

  • 4

    Existen indicios suficientes para considerar que a contaxe bisilábica de mais ~ máis era un feito na lingua trobadoresca, nomeadamente a partir da análise das leccións manuscritas de decenas de pasaxes que apoian tal consideración métrica (Ferreiro 2016c)1 .

  • 5

    Nos textos transmitidos por A é frecuente a asimilación no’me ~ no’mi, face a BV que, en xeral, presenta a lección non me ~ non mi (90.9, 223.r2, 239.7, 243.14, 258.9, 283.10, 285.13, 304.7, 421.5, 423.20, 430.8)2 . Na realidade, nos apógrafos italianos só se rexistra en tres ocasións (véxase tamén 104.21, 906.12).

  • 7

    A forma adverbial algur (talvez formación sobre algún coa influencia de alhur, que tamén debeu condicionar as formas nenlhur ~ nelhur, é verdadeiramente minoritaria en relación ao préstamo provenzal (alhur).

  • 8

    O indefinido ũu (e tamén algũu e neũu) debería, aparentemente, computar como bisilábico, e así acontece con certa frecuencia ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.

  • 13

    A forma cadal é variante concorrente con cabedal, cabdal e caudal na produción medieval. Eis dúas ocorrencias (véxase CGPA, s.v.): 

    Et, se as nõ quitase ata este plazo, que as abrissem et que se entregassem do cadal et da gaãça, et o al que o guardassẽ para o Çide (Crónica Geral Galega, ed. R. Lorenzo); 

    que nõ fuy y tal que a seu cadal chegase se meos nõ fose (Crónica Troiana, ed. R. Lorenzo).

  1. ^

    Unha argumentación contra o esporádico valor bisilábico de mais pode verse en Fernández Guiadanes (2023: 2.627-2.655), aínda recoñecendo que “non se pode desbotar por completo a posibilidade de que o resultado galegoportugués de MAGIS mantivese o seu carácter bisílabo ocasionalmente” (ib.: 2.655).

  2. ^

    Aínda hai que acrecentar a aparición desta asimilación no primeiro verso do refrán das estrofas II e III da cantiga 271.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat