[last revised: 23/02/2024]Print

594 [= Tav 25,34]
Dizede, por Deus, amigo

– Dizede, por Deus, amigo:
tamanho ben me queredes
como vós a mí dizedes?
– Si, senhor, e máis vos digo:
non cuido que oj’ome quer
tan gran ben no mund’a molher.
– Non creo que tamanho ben
mi vós podessedes querer
camanh’a mí ides dizer.
– Si, senhor, e máis direi én:
non cuido que oj’ome quer
[tan gran ben no mund’a molher].
– Amig’, eu non vos creerei,
fe que dev’a Nostro Senhor,
que m’avedes tan grand’amor.
– Si, senhor, e máis vos direi:
non cuido que oj’ome quer
[tan gran ben no mund’a molher].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscripts


B 577, V 180

Editions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 82-83 [= LPGP 192]); Nunes (1973 [1928]: 29-30); Cohen (2003: 612); Littera (2016: I, 226-227).
II. Outras edicións: Moura (1847: 155-156); Monaci (1875: 72); Braga (1878: 36); Machado & Machado (1952: III, 209-210); Cohen (1987: 70-71); Júdice (1997: 37); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pimpão (1942: 67); Bernárdez (1952: 46); Torres (1977: 256).

Manuscript variants


1 Deus] meꝯ B   3 como vós] como(s) uos B   8 podessedes] Possededes B   13 creerei] creerer V   14 fe] se V   15 grand’amor] g̃m amor V

Editorial variants


14 fe] s’é Lang

Paraphrase


(I) –Dicídeme, por Deus, amigo: tanto me amades como me dicides? –Si, senhor, e dígovos máis: coido que ninguén no mundo ama tanto a unha muller.

(II) –Non creo que vós tan ben me puidésedes querer como me ides dicir. –Si, senhor, e aínda direi máis: coido que ninguén no mundo ama tanto a unha muller.

(III) –Amigo, eu non vos crerei, pola fe que debo a Noso Señor, que me tendes un amor tan grande. –Si, senhor, e direivos máis: coido que ninguén no mundo ama tanto a unha muller.

Metrics


Esquema métrico: 7’a 7’b 7’b 7’a 8C 8C (I [= Tav 160:432]) + 8a 8b 8b 8a 8C 8C (II, III [= Tav 160:328])

Notes


Text
  • 7-9

    A voz camanho, que ten un significado conforme á súa orixe no lat. quam magnum ‘que grande, tan grande’ estabelece neste contexto unha estrutura correlativa  con tamanho (< tam magnum ‘tan grande’): Non creo que tamanho ben / mi vós podessedes querer / camanh’a mí ides dizer.

  • 14

    O verso está constituído integramente pola expresión aseverativa (nótese a incomprensión de Lang) que presenta unha adaptación á P1 e amplificación da forma máis xeral fe que (vós) devedes (véxase nota a 506.13).

Search
    No results