1330 [= RM 30,9]
Dis[s]’oj’el-rei: «Pois Don Foan máis val

Dis[s]’oj’el-rei: «Pois Don Foan máis val
seendo povr’e o gran ben-fazer
que lh’eu fiz sempre o faz ensandecer,
se m’el ben quer, meus amigos, en tal
que me queira ja mal, ma[l] lhi farei
padecer e desensandece-l’-ei.
Pois en pobreza non sal de seu sén
e o ben-fazer o torna sandeu
por padecer o que non padeceu,
pero, amigos, diz que me quer ben,
que me queira [ja mal, mal lhi farei
padecer e desensandece-l’-ei].
[E], pois lhi Deus atal ventur[a] deu
que en pobreza todo seu sén á
e con ben-fazer sandice lhi dá,
pero m’el quer ben e se ten por meu,
que me queira ja [mal, mal lhi farei
padecer e desensandece-l’-ei]».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Esta cantiga foi feita a ũu que fora privado d’el-rei; e quando estava mui ben do amor d’el-rei apoinhan-lhe que era mui levantado como ome de mal recado; e, aas veze[s], quando el-rei non fazia sa voontade, tornava mui manso e mui cordo e mui misurado.

Manuscritos


B 1313, V 918

No Cancioneiro da Biblioteca Nacional a rúbrica foi copiada por Angelo Colocci.

Ediciones


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 182 [= LPGP 250]); Pagani (1971: 128); Lagares (2000: 138 [rúbrica]); Lopes (2002: 508); Littera (2016: I, 268-269).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 312-313); Braga (1878: 172); Machado & Machado (1958: VI, 38-39).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 239).

Variantes manuscritas


Rúbrica: cantiga] .ca. B; ũu] hun̄u B; que] p̄ V; quando] q̄n B;  ben] ten V; apoinhan] apoynha B : aꝑōynh V; mui levantado] (mal recado)\mui leuātado/ V; veze[s]] uaz e B : uez e V; sa voontade] saucōtade B : sanuco tode V; manso] man sse V; e] et B; e] et B : ꝯ V
Texto:
1 Foan] foāo BV   2 povr’e] pobre V   3 faz] foz V   5 ja mal] om. V   6 padecer e] podeçer et V; desensandece-l’-ei ] desen sande(**) ley B : desen sandera ley V   7 pobreza] rob̃za B : robzā V   8 torna] dorna B : dorma V   9 padecer] podec’ B   10 pero] po V   14 todo] dodo B   15-16 -fazer ... / ... quer] om. V   16 e] et V; ten] cem BV

Variantes editoriales


Rúbrica: ũu] hun Pagani : um Lopes, Littera; como] com[e] Pagani; ome] omen Lapa : homem Littera; voontade] vontade Lopes, Littera; e ... e] et ... et Pagani

Texto:
1 Foan] Foão Lapa, Pagani, Lopes, Littera   2 povr’e] pobre Lapa, Pagani, Lopes, Littera; ben-fazer] ben fazer Lapa : bem fazer Pagani, Lopes, Littera   8 ben-fazer] ben fazer Lapa : bem ffazer Pagani : bem fazer Lopes, Littera   10 amigos] meus amigos Lopes, Littera   13 [E]] om. Lapa, Pagani, Lopes, Littera   14 todo seu sén] tod’o seu sem Lopes, Littera   15 ben-fazer] bem fazer Lapa, Lopes, Littera : bem ffazer Pagani

Paráfrasis


(I) Dixo hoxe o rei: «Pois Don Fulano vale máis sendo pobre e o beneficio con que sempre o recompensei o fai ensandecer, se el me quere ben, meus amigos, con tal de que me queira xa mal, fareille padecer mal, e así o desensandecerei.
(II) Xa que na pobreza non perde a razón e o meu favor o volve tolo por padecer o que non padeceu, aínda que, amigos, di que me quere ben, para que me queira xa mal, fareille padecer mal, e así o desensandecerei.
(III) E xa que Deus lle deu tal ventura que na pobreza goza de todo o seu xuízo e cando é favorecido lle entra a loucura, aínda que el me quere ben e se considera meu, para que me queira xa mal, fareille padecer mal, e así o desensandecerei».

Esta cantiga foi feita a un que fora privado do rei, e que cando tiña o favor do rei dicían del que era moi altivo (e obraba) como persoa de pouco xuízo; e, ás veces, cando o rei non cumpría os seus desexos, tornávase moi manso e moi cordo e moi mesurado.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:38)

Encontros vocálicos: 3 sempreo

Notas


Rúbrica
  • Nótese como misurado mostra o proceso de harmonización vocálica inducida por /i/ tónico, tal como se rexistra en múltiplas ocasións en mesura (> misura) e derivados (véxase CGPA, s.v.).

Texto
  • *

    Nesta cantiga Estevan da Guarda segue o refrán da cantiga 1093 de Estevan Fernandiz d’Elvas, un caso de intertextualidade paródica (véxase Gonçalves 2016 [1992]: 225-226). Podemos incluír esta composición nos seguires por canto “segue a métrica, as rimas, algunhas das palabras en rima e toma e recontextualiza o refrán da cantiga de amigo O meu amigo que por min o sén” (González 2012e: 225). Eis a segunda estrofa de Estevan Fernandiz d’Elvas e nótense as reiteracións rimáticas da primeira estrofa de Estevan da Guarda:

    O meu amigo, que por min o sén
    perdeu, ai madre, tornad’é sandeu,
    e, pois Deus quis que inda non morreu
    e a vós pesa de lh’eu querer ben,
    que me quera ja mal, mal me farei
    parecer e desensandece-l’-ei.

  • 1

    A lección dos manuscritos aparentemente levaria para unha interpretación Foão, trisilábica, mais o decasílabo mostra que a forma correcta debe ser Foan (do ár. fulān): de feito, a confusión entre ambas as formas é relativamente frecuente nos apógrafos italianos, dun modo similar ao que acontece con Estevan ~ Estevão (de Stephanum, coa primeira forma por posición proclítica) ou vilan ~ vilão (do lat. villanum), todas elas con diferente contaxe métrica1 . De todos os modos, a mesma situación se produce en 484.1 e 1338.1, ao tempo que noutras pasaxes comparece Foan en vez de Foão (1332.5 e 12, 1464.1 e 4, 1633.2).

  • 2

    En face das anteriores edicións, acollemos a prioritaria lección de B (povre) fronte a pobre de V: a variación probe / povre xustamente se rexistra na Idade Media a partir de mediados do século XIII (cfr. CGPA, s.v. prove ~ proue, povre), para alén da presenza de proveza e emprovecer en variantes de copia da cantiga 879, onde é prioritaria a segunda copia do Cancioneiro da Vaticana (V’): emprobecer (vs. <ē ꝓuecer> BV), v. 11; pobreza (vs. <ꝓueza> BV), v. 12.
    Canto á anomalía evolutiva -p- > -v- (do LC paupĕrem, LV popĕre), é este un proceso fonético que se produciu nun reducido número de voces (cfr., por exemplo, pŏpŭlum > povoo).
    Por outra banda, coidamos que a sintaxe do verso aconsella a segmentación da copulativa, para manter ligado sintacticamente todo o período, tal como acontece nas seguintes estrofas. A ausencia de copulativa leva consigo ou unha ruptura sintáctica no final do v. 3 (Pagani), ou a consideración dunha paréntese explicativa (Lapa, Lopes, Littera).
    Finalmente, a formación nominal ben-fazer ‘beneficio, auxilio, favor’ (tamén nos vv. 8 e 15), derivada do correspondente sintagma tan frecuente na cantiga de amor, constitúe unha formación nominal (similar a ben-querer), frecuente no corpus das cantigas. De calquera maneira, o mesmo substantivo pode verse, en formulación singular e plural, noutras obras da última Idade Media:

    Ca o escudeiro que anda con algun senhor e o senhor lhe non dá encarrego de seus feitos, como encomendando-lhe ofiçio ou mandando recadar algũas cousas, sempre seu bemfazer está en ventura (Livro de Monteria; cfr. CGPA, ed. A. de Almeida Calado).

    e as rrendas eram postas em seu poder, afora muitos herdamentos moviis e de rraiz e muito bem-fazer da rrainha sua irmãa (Fernão Lopes, Crónica de D. Fernando; Macchi 2004: 355-356).

    Milhor cousa he padecer por uerdade tormẽto que per louuaminha e per adulaçom gaanharem bemfazer (Orto do Esposo; cfr. CGPA, ed. B. Maler).

    ca veemos que alguũs synaaes dan largamente aos que lhe pormeten en grandes bem fazeres (Livro das Confissões; Martín Pérez 2012-2013: 367).

  • 4

    Nótese a expresión querer ben repetida simetricamente nas tres estrofas (vv. 4, 10 e 16); probabelmente ten un duplo sentido: ‘amar, ter aprecio’ vs. ‘desexar algún ben (do rei)’.

  • 5

    A conxunción que do refrán cumpre diferente función nos sucesivos refráns, pois nesta estrofa I forma parte da locución conxuntiva en tal que, mentres que nas estrofas II-III funciona como conxunción final. Véxase nota a 208.4. Cfr. nota a 27.4.

  • 7

    A forma verbal sal é P3 do presente de indicativo de sair (< salit), con evolución fonética regular (cfr. outras formas verbais como dol, fer, quer etc.; véxase Ferreiro 1999: §180a). Modernamente foi regularizada (sae ~ sai) conforme o paradigma xeral do verbo. Cfr. nota a 104.6, 1540.3.

  • 13

    É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de fiinda ou de verso) nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal. Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.

  1. ^

    Estas formas lembran outras vacilacións, como capelan / capelão (nas cantigas só se rexistra a primeira, talvez a través do prov.; cfr. lat. cappellanum) ou ermitan / ermitão (só a segunda; cfr. a primeira nas CSM).

Buscar
    Sin resultados