I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 58-59 [= LPGP 512]); Littera (2016: I, 638-639).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 44-45); Carter (2007 [1941]: 18-19); Marques Braga (1945: 58-59); Machado & Machado (1949: I, 172-173); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 93).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 239-240).
1 eu] en B 2 morrerei] moirerey B 4 vos] uus A 5 morrer] moirer B 9 coit’averei] coita au’ey B 11 morrer] moirer B 12 nunc’a] nuca a B 19 perder] bē perder B 20 sol] om. B vos] uos A 22 vos] uus A
4 d’ũa] d’ua Littera; vos] vus Michaëlis 20 vos] vus Michaëlis 22 vos] vus Michaëlis 26 vos] vus Michaëlis
(I) Desexándovos eu a vós, miña señora, seguramente morrerei, e aquilo polo que eu por iso me sinto peor é por unha cousa que vos direi: porque sei, sen dúbida, que despois de morrer terei de sufrir unha gran coita por vós como agora teño.
(II) E por iso e polo voso amor xa eu sempre terei unha gran coita aquí, en canto eu vivo for, pois, desde que eu morra, ben sei que non a hei perder nunca, porque non podo ter o voso ben, pois por outra cousa non a perderei.
(III) Por cantas outras cousas existen que Deus fixo boas no mundo, por eu as ter todas non perdería a coita por iso; e poderíaa perder, miña señora, só por vos ver con tal que a vós iso vos agradase.
(IV) Agora vos digo eu razoadamente como me vai convosco, pois, Deus o sabe, hai moito tempo que eu desexei máis que ningunha outra cousa, señora, dicirvos isto; pero non me atrevín a facelo, agás agora, porque me vou de aquí.
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8b (= RM 101:46)
Encontros vocálicos: 7 mi‿agora
O pronome vós, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.
Resulta sorprendente a aparición da variante apocopada én perante vogal, pois a distribución de ende / én responde, en principio, ao contexto fonético: ende + vogal (en xeral con crase) vs. én + consoante. Porén, é certo que no corpus se detecta a aparición de oito casos de én + vogal, sempre a vogal palatal /e/, cunha única excepción na cantiga 148 de Martin Soarez (por én a desfiar): 148.13, 359.4, 468.27, 576.10, 959.9.
A variante redaccional de B (pode-la-ia ben perder...) suporía a (forzada) sinalefa la‿ia para que o verso non resultase hipermétrico.
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.