174 [= Tav 125,7]
Cuidava-m’eu que amigos avia

Cuidava-m’eu que amigos avia
muitos no mundo, mais, mao pecado,
non ei amigos, ca, pois tan coitado
jaço morrend’, alguen se doeria
de min, que moir’e non ouso dizer
o de que moir’, e que me faz morrer
non o dig’eu, nen por min ome nado.
E os amigos en que m’atrevia,
de que me tenn’en al por ajudado,
non llo dizen; mais, se tan acordado
foss’algun deles, ben mi ajudaria
se llo dissesse, e nunca i perder
podia ren e poderia aver
mí por esto tolleito d’un coidado.
Mais aquest’é cousa mui desguisada,
ca non sei eu quen tal poder ouvesse,
pois mia sennor visse, que lle soubesse
dizer qual coita, pois-la vi, mi á dada,
ca, pois que viss’o seu bon parecer,
aver-ll’-ia log’eu d’escaecer
e dizer-x’ante por sí se podesse.
E ben coid’, aquant’é meu connocer,
que, pois fosse u a podesse veer,
que ren do meu nen do seu non dissesse.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


A 84, B 188a

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 179-180); Blasco (1984: 73 [= LPGP 813-814]); Marcenaro (2012b: 140); Littera (2016: II, 340-341).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 80); Carter (2007 [1941]: 50-51); Machado & Machado (1949: I, 304-305); Fernández Pousa (1953: 5-6); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: 174).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 100-101); Torres (1977: 106-107); Diogo (1998: 83); Arias Freixedo (2003: 741-742); Fidalgo (2009a: 50).

Variantes manuscritas


2 no] uo B   4 jaço morrend’] iasco moirend B   5 de min] demj B   6 e que me faz morrer] e quen me faz moirer B   7 non o dig’eu] non lho digueu B; por min] por mj B; ome] homen B   9 tenn’en] tenhe en B   10 non] no A   11 mi ajudaria] manj daria B   12 dissessse, e nunca] dissesse nūca B   13 aver] ueer B   14 por esto] ꝑresto A : p’sto B; tolleito d’un coidado] tolhei tū cuydado B   15 Mais] Miais A   17 lle soubesse] lhi sobesse B   18 pois-la vi, mi á dada] poila uj fadada B   21 x’] om. B   22 coid’, aquant’é] cuydo quante B   23 fosse u a] fossua B

Variantes editoriales


6 que me] quen me Michaëlis, Blasco : quem me Littera   12 dissesse] dissess(e) Michaëlis   13 poderia] poderi(a) Michaëlis   14 por ... coidado] per ... coidado Blasco : per ... cuidado Littera   22 coid’] coido Marcenaro : cuid’ Littera; aquant’é] a quant’é Blasco

Paráfrasis


(I) Pensaba eu que tiña moitos amigos no mundo, mais, infelizmente, non teño amigos, pois, tan coitado como estou morrendo, alguén se debería apiadar de min, que morro e non ouso dicir de que morro, e quen me fai morrer non o digo eu nin ninguén máis (o di) por min.

(II) E os amigos en que confiaba, de quen considero que fun axudado noutros asuntos, non llo din; mais, se algún deles resolvese obrar asisadamente, moito me axudaría se llo dixese, e con iso nunca podería perder nada e a min poderíame ter librado dun pesar.

(III) Mais isto é cousa moi despropositada, porque non coñezo ninguén con tal poder que, logo que vise a miña señora, fose quen de lle saber dicir a coita que me provocou após a (eu) ter visto, pois, unha vez que contemplase a súa fermosura, eu logo lle había de esquecer e falaría antes por si, se puidese.

(1) E realmente penso, conforme o meu saber, que, despois que fose a onde a puidese ver, que nada dos meus asuntos nin dos seus lle diría.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10’a 10’b 10’b 10’a 10c 10c 10’b + 10c 10c 10’b (= Tav 163:25)

Encontros vocálicos: 11 mi‿ajudaria; 12 dissesse,‿e; 13 poderia‿aver; 18 mi‿á; 23 fosse‿u

Notas


Texto
  • 1-2

    Nótese o deslocamento de muitos (amigos avia / muitos) e o conseguinte hipérbato (‘avia muitos amigos’).

  • 2

    O xeral resultado mao do lat. malum é sistemático cando vai posposto ao nome, mais convive coa forma con perda de vogal final por posición proclítica (mal) en certos sintagmas. No que a pecado di respecto, mao pecado é solución minoritaria verbo de mal pecado, do mesmo xeito que se rexistra mao dia (vs. mal dia) e mao preço ou mao prez (vs. mal preço, mal prez).

  • 4

    As formas regulares jaço, jaça, presente de indicativo e de subxuntivo de jazer (< iacēre) son as ofrecidas polo Cancioneiro da Ajuda (80.10, 130.1 –<iazco> B–, 174.4 –<iasco> B–, 346.7), fronte ás formas jasco e jasca e demais formas do presente subxuntivo –anómalas a partir do lat. iacĕo e iacĕam, respectivamente–, propias dos apógrafos italianos (14.32, 1605.10 e 13, 1606.21)1 .

  • 6

    Michaëlis, Blasco e Littera optaron polo quen de B, mais o relativo que de Ajuda condí mellor co contexto, porque as causas da morte do trobador poden ser diversas e non unicamente a senhor.

  • 7

    O cancioneiro da Ajuda mostra unha clara preferencia pola forma ome face á variante omen, máis frecuente nos apógrafos italianos (mais véxase nota a 129.14). Deste xeito, nos textos transmitidos por A e por B, achamos con frecuencia a oposición ome / omen (66.19, 68.1, 74.28, 85.5, 121.11, 129.27, 131.11, 132.24, 139.8, 164.2, 174.7). Véxase tamén nota a 559.9.

  • 8

    Téñase en conta que atrever-se, á parte da preposición a e de, rexe tamén a preposición en noutra ocorrencia co valor de ‘atreverse, ousar’ (135.10), e, especialmente, sempre que significa ‘confiar en, fiarse de’ (174.8, 978.9, 134.4, 1599.11).

  • 13

    Nótese a duplicidade aver / veer; en calquera caso, véxase a mesma ou similar variación entre códices: veer A vs. aver BV (66.3183.6312.1417.8), aver A vs. veer B (92.8), aver A vs. a veer B (188.28, 318.2 e 11), a veer V vs. aver B (754.6). Véxase tamén 61.21, onde é necesaria a emenda de aver en prol de veer.

  • 14

    O pronome , como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 18

    A secuencia <s-l> (e <r-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (artigo ou pronome) no encontro con pois e con outros vocábulos acabados en -s (ou -r) debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga (véxase tamén nota a 83.21 e 139.2). No corpus trobadoresco profano, o pronome identificador sofre asimilación fonética xeral con diversos elementos lingüísticos (pronomes, adverbios, conxuncións, e con algúns nomes e/ou participios), especialmente con pois. Cfr. nota a 5.10.

  • 22

    Aquanto é variante de quanto (cfr. atal ~ tal, atan ~ tan, atanto ~ tanto) e aparece con frecuencia na frase de carácter formulario como aquant’é meu coidar ou aquant’é meu ciente. Non se debe, pois, segmentar o reforzo inicial como se se tratase da preposición a (véxase nota a 14.49), tal como neste caso fixo Blasco.

  • 23-24

    Obsérvese a repetición da completiva que tras frase parentética: E ben coid’, ..., / que, pois fosse u a podesse veer, / que ren do meu nen do seu non dissesse. Véxase nota a 53.17-18.

  1. ^

    Se cadra son produto da analoxía cos verbos incoativos e similares (cfr., por exemplo, conhosco vs. conhoces).

Buscar
    Sin resultados