1502 [= RM 16,2]
Correola, sodes adeantado

Correola, sodes adeantado
en cas d’el-rei do ma[l] que s’i fezer,
e caeredes en este mester
se me creverdes, que ést’aguisado:
se algun ome virdes mal fazer,
non lho leixedes, a vosso poder,
ante o vós fazed’a vosso grado.
E, se souberdes u contangen dado,
que quer alguen perder o que trouxer,
sabed’u é de quen vo-lo disser
e log’ide vosso passo calado
e non leixedes i nada perder
senon a vós; e, a vosso poder,
ante vós i ficade desbragado.
E toda via, seed’acordado,
se algun ome pelejar quiser
aqui con outren, seja cujo quer,
aqui punhad’en seer esforçado;
e quen quiser a peleja volver,
log’entrad’i e, a vosso poder,
vós said’én con o rostro britado.
E, pois tod’esto vos ei conselhado,
conselho-vos que tragades molher
destas d’aqui se peior non veer,
a que achardes i máis de mercado;
e, se tal molher poderdes trager,
sera mui ben, e punhad’en poder,
ca per i é vosso preit’acabado.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscrits


B 1482 (ff. 310v, col. b, 311r, col. a), V 1093 (f. 179v, cols. a-b) [Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Éditions


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 139-140 [= LPGP 131-132]); Lopes (2002: 130); Littera (2016: I, 141).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 382); Braga (1878: 209); Machado & Machado (1958: VI, 191-192); Callón (2017: II, 146-147).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 282-283).

Variantes manuscrites


1 Correola] Coyreola B   2 d’el-rei] de Rey B; do ma[l]] doma BV   9 perder] poder B   15 toda via] co dauya B   18 esforçado] esforcado B : esforzado V   21 britado] bricado B   22 ei conselhado] eu ey cōselhado B : eu ey cōsselhado V

Variantes éditoriales


3 en este] en’este Littera   8 contangen] contagen Lapa   10 é] e Lapa   21 vós] vos Lapa, Lopes, Littera

Paraphrase


(I) Correola, sodes o representante da xustiza na corte do rei contra o mal que alí se fixer, e teredes éxito nesa función, se me credes, porque así está disposto: se virdes algún home facer mal, non llo deixedes, con toda a vosa forza, antes ben facédeo vós canto desexedes.
(II) E se souberdes onde xogan os dados, que alguén quere perder o que trouxer, sabede onde é de quen volo puider dicir e ide logo con gran cautela e non deixedes alí que se perda nada agás a vós, e, con toda a vosa forza, procurade antes ficar alí vós sen calzóns.
(III) E sempre, lembrádevos ben, se algún home quixer pelexar aquí con outro, sexa quen for, facede aí canto poidades por ser esforzado; e quen quixer provocar unha pelexa, entrade logo alí e, con toda a vosa forza, saíde vós dela co rostro partido.
(IV) E xa que eu vos aconsellei todo isto, aconséllovos que traiades convosco unha muller destas de aquí, se outra peor non viñer, a que achedes de mellor prezo; e, se tal muller puiderdes traer, estará moi ben, e facede o posíbel por poder, pois con iso o voso cometido está conseguido.

Métrique


Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a (= RM 161:125)

Notes


Texte
  • *

    Nótese a repetición da palabra rimante poder no sexto verso de cada estrofa.

  • 1

    A correola (ou corriola) é unha planta trepadeira, ás veces con hábitos rastreiros, da familia Convolvulaceae, frecuente en Galiza e Portugal; moitas das súas especies son consideradas herbas daniñas. Quizais sexa isto o que está por baixo deste alcume, que encobre un personaxe descoñecido. No entanto, Beltrán (2000: 17, n. 34), na esteira de Lapa, apunta para as semellanzas entre este adeantado e Fernan Diaz, albo doutras dúas sátiras do propio Vuitoron (UC 1499 e 1500).

  • 4

    Nótese a presenza da raíz crev- nos tempos de pretérito (crevestes, tamén no v. 20), sobrevivente perante as formas innovadoras de carácter analóxico que tamén se rexistran no corpus das cantigas profanas, onde aínda son minoritarias as formas creesse (pretérito de subxuntivo) e creer (futuro de subxuntivo). A mesma raíz, nas formas crevesse e crever, pode verse tamén nas seguintes pasaxes: 149.7, 460.18, 470.13, 534.7, 832.2, 1050.14 e 20, 1257.10, 1368.11 e 1666.6. Vexase Mariño Paz (2005: 192-196).

  • 6

    A locución adverbial a vosso poder ‘o máis que for posíbel, con toda a vosa forza’, reiterada nos vv. 13 e 20, constitúe unha variación de a poder. Véxase UC/Glosario, s.v. poder2.

  • 8

    O verbo contanger ten de ser formación derivada de tanger (< con- + tanger ‘tocar, bater, mover’). O seu uso na lingua medieval é moi escaso, pois, conforme os datos fornecidos polo Corpus Galego-Portugués Antigo só existen ocorrencias desta voz nun abano moi limitado de obras:

    Muito per é gran dereito de castigado seer
    quen s’atrev’ao da Virgen per[a] furtar contanger (CSM 329r).

    tornouse pera as outras suas [cõpañas] aArmenja et começou primeyro ontre os seus de Sem a contãgerlos et demãdarlos em rrazõ de rreynado (...) Sobre esto conta Josefo aos dez et oyto capitolos do primeyro libro que foy aquela noyte Jacob [contãgido] de força do [vjño] (Geral Estoria, ed. Martínez López).

    E depois que estever assi XXIIII dias, que nom comerá nem beverá nem contangerá pee nem mão ante lhe semelhará que é em tam bõõ estado como ante que perdesse o lume dos olhos (Demanda do Santo Graal, ed. I. Freire Nunes).

    Tamén se atesta a formación nominal contangimento ‘contacto’ no Orto do Esposo (CGPA, ed. B. Maler): 

    Nõ sento nẽhũa cousa que mais per arte derribe o coraçõ do barom que os afaagos da femea e aquelle contangimento dos corpos sẽ o qual no[m] sse pode auer a molher.

  • 9

    Nótese a confusión en B entre perder e poder, con diversas ocorrencias ao longo dos cancioneiros: 177.26 (A vs. B), 635.19 e 973.4 (B vs. V).

  • 11

    A expresión vosso passo calado mostra un certo proceso de adverbialización coa ausencia de preposición introdutoria (con), ao tempo que lembra a expresión vosso quedo (1476.25).

  • 14

    Desbragado é documentación única na Idade Media, igual que non aparece na lexicografía histórica portuguesa (véxase CLP), aínda que desbragar e mais o correspondente participio está recollido nos dicionarios modernos (véxase, por exemplo, Figueiredo 1978, s.v.). A súa significación vén indicada polo prefixo negativo des- + braga + -ado, isto é, ‘sen bragas ou calzóns’.

  • 17

    A cláusula seja cujo quer equivale a ‘quen quer que sexa’.

  • 19

    Téñase en conta que volver (a) peleja significa ‘armar ou provocar pelexa’: 

    Et leuãtárõse os quatro uentos prinçipaes, et uoluerõ entre sy gerra et peleia (Crónica Troiana; CGPA, ed. R. Lorenzo).

  • 22

    Do punto de vista da métrica regular, é necesaria a expunción do pronome eu neste verso para restaurar a isometría. Téñase en conta que con frecuencia este pronome aparece espuriamente introducido no texto: así se verifica nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 282.10, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7.

  • 25

    Lémbrese que a expresión nominal de (gran) mercado significa ‘(moi) barato/a’:

    e, se [i] chegasse, compraria
    dona fremosa de gran mercado (1372.4).

Rechercher
    Aucun résultat trouvé