I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 748-749 [= LPGP 511-512]); Littera (2016: I, 643-644).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 47); Machado & Machado (1949: I, 180-181); Rios Milhám (2017: I, 99).
2 começar] comecar B 9 dé-mi a morte] damha morte B 18 no] eno B
7 dé] dê Michaëlis, Littera 9 dé-mi a morte] dê mi-a morte Michaëlis : dê-mi a morte Littera 17 nunca [vos] Deus] nunca Deus [vos] Michaëlis, Littera 18 no mundo quiso] eno mundo quis Michaëlis, Littera 19 outrossi] outrosi Michaëlis
(I) Con medo de vós, miña señora, quero eu agora atreverme a unha cousa tal que, se Deus quixer, non poderei levar a cabo, porque probarei a vivir noutro lugar: e Deus non me dea poder para iso desde que eu me afastar de vós, (II) antes me dea a morte Deus, miña señora, e nunca me deixe estar así no mundo, contra a miña vontade, como xa sen vós estarei –seino– desde que non puider vivir convosco nin ver a vosa gran fermosura, (III) pois nunca quixo Deus, miña señora, facer no mundo outra igual a vós, nin tampouco quixo facer nada igual a esta coita que teño, e terei, desde que non puider vivir convosco, e Deus me deixe morrer cando eu me afastar de vós!
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8c 4c 4d 8d 8b (cfr. RM 205:1)
Encontros vocálicos: 9 -mi‿a
O quinto e o sexto verso de cada estrofa forman en Michaëlis e Littera un único verso octosilábico, sacrificando a estrutura rimática á regularidade métrica (con rima interna nestes versos) (véxase Montero Santalla 2000: 270-271). Nótese, por outra parte, a aparición de mia senhor como palavra perduda no primeiro verso de cada estrofa.
Por outra parte, esta composición, coas súas estrofas ligadas sintáctica e discursivamente, é unha verdadeira cantiga ateúda (véxase nota á cantiga 15).
A fórmula inicial con vosso medo ‘con temor de vós’, construída polo modelo exhortativo de con vossa graça (véxase 47.1), tamén aparece nalgunha cantiga de amigo suxerindo o temor reverencial que a amiga ten da nai (1188.2, 1200.2 e 11).
A manutención mecánica do texto de B levaría a unha incongruencia semántica, pois dificilmente o trobador no final da cantiga (véxanse os vv. 23-24) pode implorar a Deus que lle dea a morte cando se afaste da senhor e non a poida ver se esa morte xa está previamente concedida. É por isto que, tal como Michaëlis (e Littera), emendamos a lección de B (<da>) no que atinxe ao tempo verbal de dar a partir dunha doada confusión <a>/<e>, para alén da frecuencia do sintagma da mia morte, que puido influír no erro de transmisión.
A partir da lección de B para a partícula inicial da estrofa (<C>), xa Michaëlis reconstruíu a conxunción causal c[a], a continuar a exposición da estrofa anterior, culminando o carácter de ateúda desta cantiga após a ligazón entre as estrofa s I-II que propomos.
Por outra banda, a colocación do necesario pronome CI (solicitado polo sentido e pola hipometría versal) vai sempre antecedendo o suxeito Deus: nunca me Deus leixe i máis viver! (20.12), nunca me Deus dé ben dela nen d’al! (78.7), nunca vos Deus mostr’o que vós queredes (986.3) etc.
A métrica obriga á emenda da lección manuscrita de B, onde só é posíbel realizala en eno ou en quiso. Fronte a Michaëlis e Littera, preferimos emendar eno para manter o acento fixo na cuarta sílaba. De todos os xeitos, non é o único exemplo de <eno> ou <e͂no> en B cando a lección correcta é no (véxanse, por exemplo, 813.11, 1588.20).
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: