501 [= Tav 25,23]
Como me Deus aguisou que vivesse

Como me Deus aguisou que vivesse
en gran coita, senhor, des que vos vi!
Ca logo m’El guisou que vos oi
falar; des i, quis que er conhocesse
o vosso ben, a que El non fez par;
e tod’aquesto m’El foi aguisar
en tal que eu nunca coita perdesse.
E tod’est’El quis que eu padecesse
por muito mal que me lh’eu mereci,
e de tal guisa se vingou de min,
e con tod’esto non quis que morresse
porque era meu ben de non durar
en tan gran coita nen tan gran pesar,
mais quis que tod’este mal eu sofresse.
Assi non er quis que m’eu percebesse
de tan gran meu mal nen o entendi,
ante quis El que, por viver assi
e que gran coita non mi falecesse,
que vos viss’eu, u m’El fez desejar
des enton morte, que mi non quer dar,
mais que, vivend’, o peior atendesse.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 503, V 86

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 17-18 [= LPGP 186-187]); Nunes (1972 [1932]: 72-73); Eirín (2015: 76); Littera (2016: I, 168-169).
II. Outras edicións: Moura (1847: 11-12); Monaci (1875: 40); Braga (1878: 18); Machado & Machado (1952: III, 11-12); Júdice (1997: 83); Montero Santalha (2004);  Rios Milhám (2018b: III, 501).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 366).

Variantes manuscritas


2 en] om. B   3 guisou] guisō B   4 er] et B   6 tod’] cod V   7 coita] om. B   9 mereci] mẽti V   11 morresse] moiresse B : monesse V   12 porque] Pre q̄ B   13 tan gran pesar] entā grā pesar B : entā gm̄ pesar V   21 atendesse] attendesse V

Variantes editoriais


10 min] mi Lang, Nunes, Littera   13 tan] en tan Nunes   21 vivend’, o] vivendo Lang, Nunes; atendesse] attendesse Lang, Nunes

Paráfrase


(I) De que xeito Deus o dispuxo todo para que eu vivise en gran coita, señora, desde que vos vin! Porque logo El o dispuxo de forma que eu vos ouvín falar; alén diso, quixo tamén que eu coñecese o voso ben, que El fixo sen par; e todo isto me foi El dispoñendo de xeito que eu nunca me librase da coita.

(II) E El quixo que eu padecese todo isto polo moito castigo que eu lle merecín, e de tal xeito se vingou de min; e con todo isto non quixo que morrese, porque sería bo para min non durar moito con tan gran coita e tan gran pesar, senón que quixo que eu sufrise todo este mal.

(III) Así, tampouco quixo que eu me decatase de tan gran dano para min, nin o entendín; antes quixo El que, para que eu vivise así e non me faltase unha gran coita, que eu vos vise, no momento en que El me fixo desexar a morte, que non me quere dar, senón que quere que, vivindo, esperase algo aínda peor.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a (= Tav 161:130)

Notas


Texto
  • 3

    A lección <guisō> para guisou mostra o erro <o͂>~<on>/<ou> (derivado de <n>/<u>) que é moi frecuente ao longo dos cancioneiros, especialmente en B: <cōsimento> cousimento (116.22), <con simēt> cousiment’ (117.15), <ōsara> ousará (589.3), <pōco> pouco (591.9), <baratō> baratou (729.5), <em car nō> encarnou (877.21), <ōui> ouvi (1233.12), <ōny> ouvi (1458.7), <sōbe> soube (1505.1, 1509.7), <buscō> buscou (1507.7), <nōtro> noutro (1509.1), <sōba> soub’a (1509.16), <cōsa> cousa (1510.1). E en V tamén se encontra o mesmo erro: <tornō> tornou (603.15), <morō> morou (865.12), <nō> vou (1012.20), <cōtre> voutre (1015.17).

  • 13

    Agás Nunes, xa todos os editores omitiron a preposición en na segunda parte do verso por razóns de contaxe silábica.

  • 17-19

    Nótese a repetición do que completivo, após a frase parentética (quis El que, ..., que vos viss’eu). Véxase nota a 53.17-18.

  • 21

    A segmentación do artigo, xa realizada en Nunes, é necesaria para unha correcta interpretación do texto (‘mais que, vivindo, esperase o peor’). De non realizar a segmentación, a interpretación é outra: ‘mais que, vivindo peor, esperase’.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado