488 [= Tav 18,7]
Com’eu en dia de Pascoa queria ben comer

Com’eu en dia de Pascoa queria ben comer,
assi queria bõo son [e] ligeiro de dizer,
pera meestre Joan.
Assi como eu queria comer de bon salmon,
assi queria Avangelh’e mui pequena paixon
pera meestre Joan.
Assi como queria comer que me soubesse ben,
assi queria bon son e seculorum amen
pera meestre Joan.
Assi com’eu beveria [do] bon vinho d’Ourens,
assi queria bon son de Cunctipotens
pera meestre Joan.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscrits


B 490, V 73

Éditions


I. Edicións críticas: Pellegrini (1959 [1928]: 113); Lapa (1970 [1965]: 35-36 [= LPGP 142-143]); Paredesa (2001: 275); Lopes (2002: 80); Paredesb (2010a: 249); Littera (2016: I, 99-100).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 34); Braga (1878: 15); Machado & Machado (1950: II, 364-365); Paredes (2010b: 178-179); Paredes (2010c: 124-125); Rios Milhám (2018b: III, 488).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: III, 20-21); López-Aydillo (1914: 32-33); De las Casas (1928: 24-25); Seoane (1941: 61-62); Álvarez Blázquez (1975: 172); Landeira Yrago (1975: 240); Filgueira Valverde (1980: 78); Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 49); Tavares & Miranda (1987: 335-336); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 61); Magalhães (2007: 124).

Variantes manuscrites


2 ligeiro] legeyro   4 como eu] comeu B : como V; queria] q̄ra B : q̄rra V   5 Avangelh’e] a uanagelhe B : anauagelhe V   7 queria] q̄ra V; me] mo V   8 queria] q̄ra V   10 vinho] uino V   11 bon] bem B; cunctipotens] cū typo teus B : cum ty potens V

Variantes éditoriales


2 bõo] bon Pellegrini, Paredesa, Paredesb : bom Littera; [e]] om. Pellegrini, Paredesa, Paredesb   4 como eu] com'eu Pellegrini, Lapa, Paredesa, Paredesb; comer] comer [i] Lapa; bon] bõo Lapa, Lopes   5 queria Avangelh’e] queria_a_avangelhe Pellegrini : queria ao Avangelho Lapa, Lopes : queria Avangelho Paredesa, Paredesb : queria n’Avangelhe Littera   7 Assi como] Com’[eu] Pellegrini, Paredesa, Paredesb, Littera   8 bon] bõo Lapa, Lopes; e] [d]e Pellegrini, Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera   10 [do]] om. Pellegrini Paredesa, Paredesb, Littera; bon] bõo Lapa, Lopes; d’Ourens] d[e] Ourens Pellegrini, Paredesa, Paredesb, Littera   11 assi queria bon] assi [eu] queria bõo Lapa, Lopes; de Cunctipotens] de [O]Cunctipotens] Pellegrini, Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb

Paraphrase


(I) Tal como eu querería comer ben en día de Pascua, así quería unha boa música e fácil de cantar, para o mestre Joán.

(II) Así como eu querería comer bo salmón, así quería o Evanxeo e unha breve Paixón para o mestre Joán.

(III) Así como querería comer o que me soubese ben, así quería un bo canto e seculorum amen para o mestre Joán.

(IV) Así como eu bebería bo viño de Ourense, así querería o bo son do Cunctipotens para o mestre Joán.

Métrique


Esquema métrico: 4 x 14a 14a 7B (cfr. Tav 26:30)

Encontros vocálicos: 1 Pas·co͜a; 2 bõ͜o; 5 queria‿Avangelh’

Notes


Texte
  • *

    Esta cantiga é un contrafactum (musical) do coñecido Kyrie latino Cunctipotens genitor, onde o refrán se corresponde co «kyrie eleison» do texto latino. Manuel Pedro Ferreira propón que a cantiga se articule en versos de 14 sílabas (algo irregulares tal como nos foi transmitida en BV), fronte ás 13 sílabas de Pellegrini, Tavani e Paredes, ou as 15 de Lapa e Lopes: o texto subxacente á cantiga, a primeira sección do Kyrie Cunctipotens, mostra versos equivalentes, pois os orixinais hexámetros dactílicos contan 14 sílabas latinas até que, con eleison, é retomado o texto grego:
    Cunctipotens genitor Deus omnicreator, eleison, Kyrie eleison.
              Fons et origo boni pie luxque perennis, eleison, Kyrie eleison.
              Salvificet pietas tua nos bone rector, eleison, Kyrie eleison.
              Christe Dei forma virtus patrisque sophia, eleison, Kyrie eleison.
              Plasmatis humani factor lapsi reparator, eleison, Kyrie eleison.
              Ne tua damnetur jhesu factura benigne, eleison, Kyrie eleison.
              Amborum sacrum spiramen nexus amorque, eleison, Kyrie eleison.
              Procedens fomes vitae fons purificans vis, eleison, Kyrie eleison.
              Purgator culpe veni largitor opimae, offensas dele sancto nos munere reple spiritus alme.
    En palabras de Manuel Pedro Ferreira, «Esta canção denuncia um clérigo João que é tão impaciente e tão apreciador dos prazeres corporais que não aguenta o jejum durante a Quaresma; não aguenta as intermináveis Paixões cantadas, segundo cada um dos quatro Evangelistas, que fazem parte da liturgia da Semana Santa a partir de Domingo de Ramos; e anseia pelo saeculorum amen que marca o final das peças de cantochão, cantadas com particular lentidão e monotonia durante o período penitencial que precede a Ressurreição. O dia de Páscoa é a festa que porá um fim a todo este sofrimento, permitindo não só comer e beber bem (salmão, por oposição ao peixe miúdo dos pobres, e branco de Orense, por oposição a vinho carrascão ou adulterado), como também, acabar com a dieta musical» (Ferreira 2014: 39).
    Este Kyrie era cantado na igrexa só en días de festa, mais tamén por Pascua e Pentecostes, como prolongación temporal do sentimento festivo.
    En xeral, a composición presenta versos de 14 sílabas, con dous hemistiquios, aínda que existe un verso hipermétrico (v. 7) e un verso hipométrico (v. 11). Véxase nota a eses versos.

  • 2

    O cómputo bisilábico de bõo (véxase nota a 241.10), como esixe a métrica do primeiro hemistiquio, obriga ao acrecentamento da copulativa, que encaixa ben na sintaxe versal e completa a medida do hemistiquio segundo.

  • 5

    Fronte ás diversas emendas editoriais presentes nas edicións anteriores, respectamos o texto dos manuscritos, que, a noso ver, indican que o meestre Joan desexaba unha lectura breve do Evanxello e tamén da narración da Paixón de Xesús Cristo, que tamén se inclúe nas lecturas litúrxicas da Semana Santa. Canto á vogal inicial de Avangelho, no período medieval é moito frecuente a presenza de a- nas formas Avangelho, Avangeo etc. (véxase CGPA s.v.).

  • 7

    Quizais na copia deste verso se produciu un cruzamento na estrutura da estrofa, que debería ser paralela á estrofa seguinte. Con base nesta hipótese, talvez o texto orixinal fose o seguinte:
              Assi como comeria que me soubesse ben,
              assi queria bon son e
    seculorum amen
              pera meestre Joan.
    Deste modo, sería paralelo (tal como o son as estrofas I e II na formulación queria comer) á estrofa IV (na formulación comeria / beveria):
              Assi com’eu beveria [do] bon vinho d’Ourens,
              assi queria bon son de
    Cunctipotens
              pera meestre Joan.
    Para alén desta hipótese, o verso podería reducirse a 14 sílabas coa omisión do pronome me.

  • 10-11

    Canto ao v. 10, a ausencia de unha sílaba métrica no segundo hemistiquio foi resolvida tradicionalmente coa tranformación de bon en bõo (bisilábico) ou, alternativamente, coa reintegración da vogal da preposición de (d[e] Ourens). Contrariamente a estas edicións, propomos, en liña co v. 4 (comer de bon salmon), introducir o partitivo, de maneira que se respecta a medida unisilábica de bõo (v. 2) e a crase da preposición de, que é de regra na lingua trobadoresca. Cfr., ademais, e foron tirando e bevendo do vinho (1584.19).
    No segundo hemistiquio do v. 11 percíbese a ausencia de dúas sílabas métricas, que non restauramos por non termos certeza na súa reconstrución.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé