337 [= RM 7,3]
Coitado vivo, á mui gran sazon

Coitado vivo, á mui gran sazon,
que nunca ome tan coitado vi
viver no mundo des quando naci;
e, pero x’as mias coitas muitas son,
non querria deste mundo outro ben
senon poder negar quen quero ben.
Vivo coitado no meu coraçon
e vivo no mundo mui sen prazer,
e as mias coitas non ouso dizer;
e, meus amigos, se Deus mi perdon,
non querria [deste mundo outro ben
senon poder negar quen quero ben].
E de chorar quitar-s’-ian os meus
olhos, e poderia én perder
as coitas que a min Deus faz sofrer;
e, meus amigos, se mi valha Deus,
non querria [deste mundo outro ben
senon poder negar quen quero ben].
E per nega-lo eu cuidaria ben
a perder coitas e mal que mi ven.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscripts


B 375

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 853-854 [= LPGP 93]); Marcenaro (2013: 64); Littera (2016: I, 55).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 137-138); Machado & Machado (1950: II, 161); Rios Milhám (2018b: III, 337).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 247); Torres (1977: 74); Ferreira (1988: 52); Ferreira (1991: 51); Diogo (1998: 253).

Manuscript variants


5 querria] queiria B   7 Vivo] E uyuo B   8 e] om. B   11 querria] queiria B   17 querria] queiria B

Editorial variants


5 mundo] mund(o) Michaëlis   11 mundo] mund(o) Michaëlis   17 mundo] mund(o) Michaëlis   19 -lo] -l(o) Michaëlis

Paraphrase


(I) Coitado vivo, desde hai moito tempo, pois nunca vin un home tan coitado vivir no mundo desde que nacín; e, aínda que as miñas penas son moitas, non querería outro ben deste mundo máis que poder negar a quen amo.

(II) Vivo coitado no meu corazón e vivo no mundo sen ningún pracer, e non me atrevo a contar as miñas coitas; e, meus amigos, así Deus me perdoe, non querería outro ben deste mundo máis que poder negar a quen amo.

(III) E deixarían de chorar os meus ollos, e así podería librarme das coitas que Deus me fai sufrir; e, meus amigos, así Deus me valla, non querería outro ben deste mundo máis que poder negar a quen amo.

(1) E por ocultalo eu ben pensaría perder as coitas e o mal que me vén.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:7)

Encontros vocálicos: 5 mundooutro; 11 mundooutro; 17 mundooutro; 19 -loeu

Notes


Text
  • 4

    A ligazón copulativa nos vv. 10 e 16, simétricos deste, aconsellan a segmentación en dúas conxuncións independentes do que podería constituír unha locución concesiva e pero ‘aínda que’. Cfr. nota a 4.5.

  • 7-8

    Na copia de B produciuse un deslocamento da copulativa inicial do v. 8 para o inicio da estrofa no v. 7, probabelmente favorecido pola presenza de vivo nos dous versos. Véxase unha situación similar en A en 67.19-20.

Search
    No results

    This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
    Click below to accept or to edit your cookie settings.

    SettingsAccept